Blogia
vgomez

CINE: A ODISEA

Esta fin de semana chega aos cines A ODISEA, película épica de acción basada no poema épico atribuído ao poeta grego Homero. Esta é a súa ficha técnica: 

Título orixinal: The Odyssey  

Ano: 2026  

Duración: 172 min.

País: Reino Unido

Xénero: Cine épico

Compañías: Syncopy Production, Universal Pictures, Wildside

Distribuidora: Universal Pictures

Dirección: Christopher Nolan

Produción: Christopher Nolan, Emma Thomas

Guión: Christopher Nolan. Obra: Homero

Música: Ludwig Göransson

Fotografía: Hoyte van Hoytema

Reparto: Matt Damon, Tom Holland, Anne Hathaway, Zendaya, Lupita Nyong’o, Robert Pattinson, Charlize Theron, Jon Bernthal, John Leguizamo, Benny Safdie

Sinopse:  A trama da Odisea mantén a esencia da obra orixinal. A historia parte de Odiseo, un heroe de batalla que, despois da Guerra de Troia, decide regresar a casa para reunirse con Penélope, o amor da súa vida. No camiño, os anos pasan e enfróntase a deuses e criaturas mitolóxicas que deberá vencer para seguir. Á vez, o camiño a casa vén acompañado de introspección e unha mensaxe sobre o que pasa cando o caos se apodera da calma e o tempo continúa pasando. Así, a película apela ao sentido humano da existencia, rendendo unha homenaxe a un dos textos máis salientables da literatura.

A ter moi en conta!

0 comentarios