Blogia

vgomez

BILLETES DO MUNDO XLIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Tailandia  (Reino de Tailandia / ราชอาณาจักรไทย, Ratcha-anachak Thai  ), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. A súa moeda de curso legal é a baht / บาท (THB). Está dividida en 100 satang (สตางค์). Existen moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 satang e 1, 2, 5 e 10 baht. En canto aos billetes hainos 20, 50, 100, 500 e 1.000 baht. 1 baht tailandés = 0,0296 €. O banco emisor é o Banco de Tailandia / ธนาคารแห่งประเทศไทย.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1.000 baht.

Mañá un nvo billete e outro país!

FONTE: wikipedia e ebay.com

CINE: "AD ASTRA"

CINE: "AD ASTRA"

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Ad Astra". Misterio, tensión, suspense e algunha sorpresa nunha viaxe espacial. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Ad Astra

Ano: 2019

Duración: 122 min

País: Estados Unidos

Xénero: Ciencia ficción

Produtora: Coprodución Estados Unidos-Brasil-China; Plan B Entertainment / Regency Enterprises / Keep Your Head Productions / MadRiver Pictures / 20th Century Fox Film Corporation / New Regency Pictures / RT Features / Bona Film Group.

Distribuidora: 20th Century Fox

Dirección: James Gray

Guión: James Gray, Ethan Gross

Música: Max Richter, Lorne Balfe

Fotografía: Hoyte van Hoytema

Reparto: Brad Pitt, Liv Tyler, Ruth Negga, Tommy Lee Jones, Donald Sutherland, John Finn, Kayla Adams, Kimmy Shields, Bayardo De Murguia, Lorell Bird Dorfman, Sasha Compère, Afsheen Olyaie, Bobby Nish, John Ortiz, Greg Bryk, Kimberly Elise, Loren Dean, Anne McDaniels, Ravi Kapoor, Lisa Gay Hamilton, Halszka Kuza, Alyson Reed

Sinopse: Roy McBride é un enxeñeiro que perdeu ao seu pai nunha misión sen retorno a Neptuno para atopar signos de intelixencia extraterrestre. 20 anos despois, emprenderá a súa propia viaxe a través do sistema solar para tratar de atopalo de novo e resolver os misterios do porqué esa primeira misión fracasou. Esta viaxe desvelará secredos que desafían a natureza da existencia humana e o noso lugar no cosmos.

Odisea espacial asombrosa!

COÑECES ESTA ÁRBORE? V

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Pradairo. (Acer pseudoplatanus) Árbore da familia das aceráceas, de copa ampla, casca lisa e agrisada, follas caducas lobuladas e dentadas, flores en acios colgantes e froitos miúdos en sámara. A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados, sendo salientable para a fabricación de instrumentos musicais.

5. Identifica:

- Freixo

- Faia

- Queiroga

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? IV

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Bidueiro. (Betula pubescens) Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado. Mediante a destilación da súa casca obtense unha brea que se emprega para a elaboración de pomadas para as doenzas da pel. Coas súas follas elabóranse infusións con propiedades diuréticas

4. Identifica:

- Acacia

- Pradairo

- Érbedo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

BILLETES DO MUNDO XLII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Siria  (República Árabe de Siria / الجمهوريّة العربيّة السّوريّة Al-Ŷumhūriyya Al-`Arabiyya As-Sūriyya ), é un país do Oriente Próximo  na costa oriental mediterránea. A súa moeda de curso legal é a libra siria / الليرة السورية al-līra as-sūriyya (SYP). Está dividida en 100 qirsh (قرش). Existen moedas de 1, 2, 5, 10, 25 e 50 libras. En canto aos billetes hainos 1, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 2.000 libras. 1 libra siria = 0,0018 €. O banco emisor é o Banco Central de Siria / CENTRAL BANK OF SYRIA.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1.000 libras sirias.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: cambioeuro.es e wikipedia

O ANFIBIO MÁIS GRANDE DO MUNDO

 

As píntegas xigantes chinesas, agora en perigo crítico de extinción, estendéronse por todo o centro, sur e leste do país asiático. Ata a data críase que se trataba dunha soa especie, a Andrias davidianus. Con todo, un novo estudo do ADN de 17 especímenes de principios do século XX colleitados dalgúns museos de Historia Natural evidencian un erro que se mantivo durante décadas: polo menos son tres especies distintas, e unha delas, con dous metros de lonxitude, pode ostentar non só o posto da píntega máis grande do mundo, senón tamén o anfibio máis xigantesco de todos.

Trátase dun estudo recentemente publicado na revista Ecology and Evolution, no que investigadores da ZSL (Sociedade Zoolóxica de Londres) e o Museo de Historia Natural de Londres identificaron tres liñaxes xenéticas distintas. Isto quere dicir que trátase de especies separadas: Andrias davidianus, Andrias sligoi e unha terceira especie que aínda non se nomeou. 

En realidade, a idea de que estas píntegas poderían pertencer a familias separadas xa expúxose na década de 1920, cando unha píntega xigante do sur de China (agora bautizada como A. sligoi) viviu no zoolóxico de Londres. O novo equipo de investigadores conseguiu demostrar o que levaba sospeitando durante décadas grazas a este espécime de dous metros de longo que viviu durante vinte anos en catividade e que agora se preserva como fósil no Museo de Historia Natural de Londres.

En canto á especie nova que aínda non ten nome, e que é oriúnda das Montañas Amarelas de Huangshan, aínda só se coñece a partir de mostras de tecido e de momento non se describiu formalmente.

O autor principal do estudo, afirma: "A nosa análise revela que as especies de píntegas xigantes de China diverxeron hai entre 3,1 e 2,4 millóns de anos. Estas datas corresponden a un período de formación de montañas en China, cando a Meseta Tibetana elevouse rapidamente, o que podería illar poboacións de píntegas xigantes e levado á evolución de especies distintas en diferentes paisaxes".

A diminución no número de píntegas xigantes chinesas salvaxes "foi catastrófica nos últimos anos", alerta o investigador. O problema é que estes especímenes en serio perigo de extinción trasládanse dunha parte a outra do país sen control ata granxas creadas para responder á demanda do mercado de alimentos de luxo de China, xa que son consideradas un manxar da comida asiática. "Os plans de conservación agora deben actualizarse para recoñecer a existencia de múltiples especies de píntegas xigantes, e débese prohibir o movemento destes animais para reducir o risco de transferencia de enfermidades, competencia e  hibridación xenética", afirma.

 Pola súa banda, a ZSL traballa en China para protexer ás píntegas xigantes na natureza, así como desde Londres, onde os coidadores do  zoolóxico deron a benvida a catro pequenas píntegas en setembro de 2016. Con todo, o mercado negro ha confiscado algúns espécimenes ilegais en aduanas que están a ser repartidos por diferentes  zoológicos para preservar a súa liñaxe.

FONTE: abc.es/ciencia

COÑECES ESTA ÁRBORE? III

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Teixo.  (Taxus baccata). É unha árbore conífera do xénero Taxus, que correntemente acada entre 12 a 15 metros de altura, da familia das taxáceas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que preséntase ben para entalladura. Ten partes tóxicas. É unha especie moi escasa e ameazada no noso territorio.

3. Identifica:

- Bidueiro

- Faia

- Buxo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

BILLETES DO MUNDO XLI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Honduras  (República de Honduras), é un país situado no centro-norte de Ámerica Central. A súa moeda de curso legal é o lempira (HNL). Está dividido en 100 centavos. Existen moedas de 1, 5, 10, 20 e 50 centavos. En canto aos billetes hainos 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 e 500 lempiras. 1 lempira = 0,037 €. O banco emisor é o Banco Central de Honduras.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 500 lempiras hondureños.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: cgbfr.es e wikipedia