Blogia

vgomez

COMEZA O OUTONO

Outono no monte Fitz Roy na Patagonia, Arxentina / Getty Images/elpais.com

Hoxe, 23 de setembro, ás 9:50 horas, comeza o aoutono de 2019. Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 22 de decembro co comezo do inverno. 

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra atópase nunhas determinadas posicións na súa órbita ao redor do Sol. No caso do outono, esta posición dáse cando o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. O día en que isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia chámaselle tamén equinoccio de outono. No momento en que no hemisferio norte empeza o outono, no hemisferio sur comeza a primavera.

BILLETES DO MUNDO XLV (FIN PRIMEIRA PARTE)

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Georgia / საქართველო, un país situado no límite entre Asia e Europa, localizado na costa do mar Negro. A súa moeda de curso legal é a lari / ლარი (GEL). Está dividida en 100 tetri (თეთრი). Existen moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 tetri e 1, 2 lari. En canto aos billetes hainos 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 lari. 1 lari georgiano = 0,3049 €. O banco emisor é o Banco Nacional de Georgia / საქართველოს ეროვნული ბანკი.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 50 laris georgianos.

Aquí remato a primeira parte desta serie adicada aos billetes do mundo. Proximamente haberá unha segunda parte. Ata entón!

FONTE: lamaisonducollectionneur.fr/es e wikipedia

COÑECES ESTA ÁRBORE? VII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Aciñeira. (Quercus ilex). É unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos. Acada unha altura de 20–27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes. Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Foi considerado antiguamente unha árbore sagrada.

7. Identifica:

- Loureiro

- Abeleira

- Xenebreiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

HUMOR REAL: FESTA DA DEMOCRACIA

Viñeta de Santy Gutierrez (Vigo, 1971) no xornal El Progreso de Lugo

A bos entendedores, poucas palabras!

PRIMEIRO RETRATO ROBOT DUN DENISOVANO

PRIMEIRO RETRATO ROBOT DUN DENISOVANO

 Reconstrución artística do rostro da rapariga denisovana / Maayan Harel

Unha vangardista técnica de análise xenética permitiu obter o primeiro retrato robot dos denisovanos, unha misteriosa liñaxe co que os humanos modernos tivemos sexo e fillos hai decenas de miles de anos e cuxo aspecto físico foi un misterio ata o de agora.

Case todo o que se sabe deste grupo de humanos provén dun óso ridículamente pequeno: a falanxe da punta do dedo maimiño dunha nena que viviu hai máis de 50.000 anos na cova de Denisova (Rusia). As baixas temperaturas conservárano tan ben que desa pequena esquirla ósea púidose extraer o xenoma completo da nena, que mostrou que pertencía a unha liñaxe diferente, irmán dos neandertais. Estudos posteriores demostraron que os humanos modernos tivemos sexo e fillos cos denisovanos, o que explica por que persoas actuais de Oceanía teñen unha pequena porcentaxe de ADN denisovano. Entre os xenes transmitidos están os que permiten adaptarse á vida con pouco osíxeno a grandes alturas. Lamentablemente toda a información xenética do óso non puido dicir nin unha palabra de que aspecto tiñan os denisovanos, ou se de non extinguirse veriámolos diferentes a nós.

Nun traballo detectivesco digno da mellor ciencia forense, un equipo de científicos de España e Israel reanalizaron o ADN da nena denisovana para estudar non a súa secuencia xenética, senón marcas moleculares que quedaron  fosilizadas sobre esta e que se chaman metilaciones. Estas reacciones bioquímicas inflúen nos xenes, por exemplo facendo que se apaguen, o que á súa vez ten un impacto directo no aspecto físico dun individuo.

Para identificar o efecto concreto deses cambios químicos na anatomía os investigadores analizaron o xenoma de humanos actuais que por enfermidades hereditarias teñen eses mesmos xenes desactivados e sofren os seus efectos nun órgano concreto. Unha vez identificados cales impactan no esqueleto, os científicos comprobaron a validez da súa técnica para predicir a fisonomía de dúas especies de xenoma ben coñecido: os neandertais e os chimpancés. A capacidade de acerto foi do 85%.

Os científicos acharon 56 trazos anatómicos que diferencian aos denisovanos dos  neandertais e do Homo sapiens, a nosa propia especie. 34 deles están no cranio. Como era de esperar polo seu próximo parentesco, a reconstrución, publicada na revista científica Cell, mostra que os denisovanos parecíanse máis aos neandertais, cos que comparten a cara alongada e as cadeiras anchas. Tamén desvela trazos únicos, como unha boca e dentes máis grandes e unha cara moi ancha. En conxunto, o traballo permite mirar aos ollos aos denisovanos por primeira vez.

Os científicos aplicaron este primeiro retrato robot a un anaco de mandíbula achada na meseta tibetana de China e mostran que, como suxeriron os seus descubridores este mesmo ano, é dun denisovano.

FONTE: Nuño Domínguez/elpaís.com/ciencia

BILLETES DO MUNDO XLIV

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Ucrania / Україна, Ukrainaé, unha nación eslava situada no leste europeo. A súa moeda de curso legal é a grivna / гривня, hryvnia (UAH). Está dividida en 100 kópeks (копійка). Existen moedas de 1, 2, 5, 10, 25 e 50 kópeks e 1, 2, 5 grivnas. En canto aos billetes hainos 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 grivnas. 1 grivna ucraniano = 0,0367 €. O banco emisor é o Banco Nacional de Ucrania / Національний банк України.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 200 grivnas ucranianas.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: lamaisonducollectionneur.fr/es e wikipedia

COÑECES ESTA ÁRBORE? VI

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Faia. (Fagus sylvatica). É unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcada os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. É planta monoica e médranlle as flores masculinas agrupadas en inflorescencias globosas ao final dun longo pedúnculo. As femininas saen en grupos dunha a tres, de cando en cando catro, sobre un pedúnculo curto e erecto, en principio de cor amarelada e despois pardo-agrisado. Carecen ambas de corola. O froito contén dunha a tres, xeralmente dúas sementes, con forma de tetraedro, alongados e lustrosos, comestibles (con sabor a pipa de xirasol) encerrados nunha cúpula cuberta de porcas bastante separadas. As súas follas empréganse no tratamento dos síntomas gripais, arrefriados, bronquites, farinxites, odontalgias, diarreas e para "rebaixar o sangue".

6. Identifica:

- Cerquiño

- Alaterno

- Aciñeira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

O ESFORZO TEN A SÚA RECOMPENSA

O ESFORZO TEN A SÚA RECOMPENSA

Christian e os seus pais / Imaxe: clarin.com

Todo esforzo ten a súa recompensa e Christian Amarela, un mozo arxentino (Ingeniero White, localidade ubicada ao sur de Bahía Blanca) de 26 anos, teno claro. A carta que escribiu agradecendo aos seus pais os sacrificios realizados para que puidese  graduarse viralizouse nas redes sociais.

O agora enxeñeiro químico asegura que antes de converterse en profesional tivo que ser moitas outras cousas, recoñece cada pequena achega de quen se cruzou no seu camiño. Coñecidos, compañeiros, amigos, familiares..., unha suma de esforzos grazas aos que el logrou conseguir cada un dos seus retos.

Esta é a súa carta:

Christian manifestou que o seu maior anhelo era devolverlle aos seus pais todo o esforzo investido. Tardou 8 anos en cursar a carreira e dedicouse a moito máis que simplemente estudar, involucrándose na xestión da universidade a través do centro de estudantes e en causas sociais.

Agora, Christian á espera dunha bolsa doutoral, Soña con seguirse perfeccionando e poder dedicarse á investigación.

Un soño conseguido por el e polos seus pais!

FONTE: clarin.com/viste