SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XVIII

Unha de marca de coches!

Unha de marca de coches!

HONDA OPEL FIAT LEXUS
AUDI SEAT ALPINE CITROËN
KIA RENAULT DACIA BMW
FERRARI HYUNDAI INFINITI PEUGEOT
Beatriz Luengo é unha compositora, cantante e actriz española recoñecida internacionalmente como gañadora do premio Grammy Americano por escribir o disco ‘A quen queira escoitar’ de Ricky Martin. Destacan tamén os seus nomeamentos ao Grammy Latino en 2012 e 2018 como "Mellor Álbum Pop Contemporáneo”. A artista recoñece que en ocasións tivo que ocultar a súa autoría como compositora tras a firma do seu marido, Yotuel, compoñente do grupo Orishas: “Cada vez hai máis mulleres liderando, pero a industria non cambiou. As miñas primeiras composicións asinábaas só Yotuel”.
Ao longo da súa carreira, Beatriz sempre defendeu a importancia do ensino e da aprendizaxe constante. Entre os seus proxectos actuais, destacan a creación da súa propia escola de danza en Madrid e a incursión no mundo da literatura a través do seu libro ‘O Espertar das Musas’. Nesta obra descóbrenos a parte máis íntima de doce mulleres creadoras que durante moito tempo permaneceron na sombra. Un relato que aúna historia, ficción e poesía, e reivindica unha visión do feminismo como un movemento que loita polos dereitos humanos. “Necesitariamos rodearnos, enaltecer e axudar ás persoas que están dispostas a pensar que poden conseguir cousas baixo as súas capacidades, esas persoas que son capaces de crer que hai un primeiro chanzo dispoñible para todos”, reclama Luengo.
A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Nogueira. (Juglans regia). A nogueira común é unha árbore caducifolia que chega a medir ata 25 ou 35 metros, con troncos grosos de ata 2 metros de diámetro e cilíndricos. A casca é suave de cor gris prateado, espallada con amplas gretas máis ásperas. As follas ordénanse en espirais de entre 25 e 40 cm son imparipinnadas, con de 5 a 9 follas por grupo. As follas máis longas son as tres de cada ápice. 10–18 cm ó longo e 6–8 cm ó ancho. O par de follas basais é moito máis pequeno: 5–8 cm de lonxitude. As flores masculinas son amentos colgantes de 5 a 10 cm de lonxitude, as femininas son terminais, agrúpanse en acios de dúas a cinco flores que, no outono, maduran en forma dun froito de casca verde e semiflexible que cobre unha carabuña engurrada de cor marrón: a noz. O froito enteiro, incluída a casca, cae no outono. A semente é grande, cuberta dunha pel fina e comestible.
9. Identifica:

- Chopo
- Guindeira
- Lentisco
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp
A activista sueca de 16 anos Greta Thunberg roubou os titulares aos 91 xefes de Estado e de Goberno que acudiron esta semana a Nova York aos cumes da ONU sobre Cambio Climático e Sanidade Universal e á Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Fíxoo cun discurso de apenas dous minutos no Cume sobre o Cambio Climático no que recorreu a unha retórica moi dura contra os líderes dos Gobernos e da sociedade civil, incluíndo ás empresas, que estaban presentes.
Sóbrache razón, pero nin caso che fan!
Parte da fotografía publicada pola ESA na que se pode apreciar o polo norte de Marte / ESA
O pasado mes de xuño, a cámara de alta resolución da sonda Mars Express capturou varias imaxes dun polo a outro de Marte. Agora, tres meses despois, a Axencia Espacial Internacional (ESA) e o Centro Aerospacial Alemán (DLR) fixeron públicos os resultados: unha impresionante imaxe que mostra cunha resolución poucas veces vista o planeta vermello.
De polo a polo, Marte ten un diámetro de 6.752 quilómetros.
Se queres ver todas as imaxes preme AQUÍ.
FONTE: abc.es/ciencia

Evolución das temperaturas en España de 1901 a 2018 / Imaxe: showyourstripes.info
Cada liña representa a temperatura media dun ano entre 1901 e 2018 en España. As liñas azuis son os anos nos que a temperatura media foi menor que a media do período 1901-2018. As vermellas, nos que a temperatura media dese ano foi maior. Canto máis intenso é a cor, maior variación respecto a a temperatura media. As cores máis intensas indican unha variación de 1,2 graos respecto a a temperatura media.
A imaxe foi creada coa web Show your stripes (Mostra as túas barras), un proxecto do científico Ed Hawkins, profesor de Ciencias Climáticas na Universidade de Reading, Reino Unido.
Premendo AQUÍ podes consultar a evolución da temperatura media en calquera parte do mundo desde finais do século XIX ou principios do XX. O vermello que representa o aumento de temperaturas predomina nos últimos anos de cada imaxe.
Por que será? A bos entendedores poucas palabras!
FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elapaís.com
A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Xenebreiro. (Juniperus communis). É unha árbore ou un arbusto dioico da familia das cupresáceas. Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, a miúdo sendo un arbusto, mais ás veces pode superar os 10 metros. Ten un tronco con moitas pólas, copa espesa, follas lineais, verdes, ríxidas, punzantes, con unha única banda de estomas branca na cara (polo inverso e pola marxe é verde) e insírense verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, en forma de escama, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de dispersar o pole entre marzo e abril. Por froitos ten gálbulos con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negras purpúreas cando están maduras e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se chama simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e recendente.
8. Identifica:

- Maceira
- Moreira
- Nogueira
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp