Blogia

vgomez

J0740+6620: A ESTRELA DE NEUTRÓNS MÁIS MASIVA LOCALIZADA ATA AGORA

Recreación artística do efecto Shapiro: a presenza dunha estrela anana branca entre a estrela de neutróns e a Terra atrasa a chegada do sinal procedente da estrela de neutróns / BSaxton, NRAO/ AUI/ NSF

Imaxina unha esfera duns 30 quilómetros de diámetro e doutra banda, pensa no Sol. Agora tenta meter dentro desa esfera dous soles. Así de masiva é unha estrela de neutróns detectada por un equipo de astrónomos a 4.600 anos luz da Terra.

Chámase J0740+6620, e tal e como detallan os seus descubridores nun artigo publicado na revista Nature Astronomy, é a estrela de neutróns máis masiva que se localizou ata o de agora.

Unha estrela de neutróns é o que queda cando un astro superxigante chega ao final da súa vida. Ao esgotar o combustible do seu núcleo, explota como unha supernova. Chámase así porque está composta principalmente por neutróns.

En concreto, as medicións realizadas con datos do Telescopio Green Bank apuntan a que a súa masa sería equivalente a 2,17 soles (a masa do Sol é 333.000 veces a da Terra) e estaría concentrada nunha esfera de entre 20 e 30 quilómetros de diámetro. Para poder facernos unha idea do masiva que é, os seus descubridores poñen este exemplo: un cubo (do tamaño dun  terrón de azucre) cheo do material que a compón pesaría na Terra 100 millóns de toneladas.

Estas cifras, din os seus autores, achéganse moito ao límite de como de masivo e compacto pode chegar a ser un obxecto sen converterse nun buraco negro, segundo as estimacións baseadas nas observacións realizadas co interferómetro LIGO, que busca ondas  gravitacionais (perturbacións no espazo tempo producidas por eventos moi violentos e afastados no cosmos, como a fusión de dous buracos negros ou de dúas estrelas de neutróns).

"Co Green  Bank estamos a tentar detectar ondas gravitacionales a partir de púlsares (que son estrella de neutróns que emiten radiación en intervalos curtos e regulares)", explica un dos autores do estudo.

Como os púlsares son regulares, os astrónomos poden usalos coma se fosen unha especie de reloxo atómico cósmico que axúdalles a estudar a natureza do espazo tempo, medir as masas de obxectos estelares e aumentar o seu coñecemento sobre a relatividade xeral.

"As estrelas de neutróns son tan misteriosas como fascinantes", sinala o autor principal deste estudo, que calculou a masa da estrela de neutróns a través dun fenómeno resultante da relatividade xeral denominado o efecto Shapiro.

Segundo este efecto (descuberto en 1964 polo físico Stuart Louis Shapiro), o tempo de chegada dun sinal que se está propagando polo espazo vese afectado pola presenza de materia ao seu redor. Se a hai, o sinal xa non viaxa en liña recta e ten que percorrer un camiño máis longo que se non atopase ningún obstáculo no seu camiño. Do mesmo xeito, un  púlsar ten que percorrer unha distancia maior debido á presenza da estrela anana branca que acompaña a esa estrela de neutróns. Baseándose nese atraso, os astrónomos calculan a masa da anana branca e a partir desta, a da estrela de neutróns

Precisamente os astrofísicos están á espera de poder confirmar se dous sinais detectados este ano nos interferómetros LIGO (de EEUU) e Virgo (Italia) corresponden a ondas gravitacionais procedentes dunha fusión dun buraco negro e dunha estrela de neutróns. Os sinais foron recollidas o 26 de abril e o 14 agosto respectivamente e se se confirma a súa natureza, será a primeira vez que se observa este fenómeno cósmico.

FONTE: Teresa Guerrero/elmundo.es/ciencia

BILLETES DO MUNDO XL

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Costa de Marfil  (República de Costa de Marfil / République de Côte d’Ivoire ), é un país situado na África Occidental. A súa moeda de curso legal é o franco CFA da África Occidental (XOF). Tamén é a moneda de curso legal de sete países independientes máis: Benín, Burkina Faso, Guinea-Bissau, Malí, Níger, Senegal e Togo. Está dividido en 100 céntimos. Existen moedas de 1, 5, 10, 25, 100, 200 e 500 francos. En canto aos billetes hainos 500, 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 francos. 1 franco CFA da África Occidental = 0,0015 €. O banco emisor é o Banco Central dos Estados da África Occidental / Banque centrale des États de l’Afrique de l’Ouest (BCEAO).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 2.000 francos CFA da África da África Occidental.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: wikipedia.org

COÑECES ESTA ÁRBORE? II

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Piñeiro. Son árbores coníferas, perennes, pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae e da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio Norte.

2. Identifica:

- Abeto pinsapo

- Estripeiro

- Teixo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

EDUCACIÓN CIENTÍFICA

 

Un científico nace ou faise? Contan as bioquímicas Margarita Salgas e María Blasco que a súa vocación xurdiu a partir de mestres inspiradores que cambiaron as súas vidas. Margarita Salgas orientou a súa carreira á investigación despois de coñecer e formarse con Severo Ochoa en Estados Unidos. Cando regresou a España fundou o primeiro grupo de investigación en xenética molecular no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade Autónoma de Madrid, onde hoxe segue traballando. Membro da Real Academia Española e da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos, Margarita Salgas é unha das primeiras mulleres que impulsou a presenza feminina na investigación científica española e a primeira en recibir a Medalla Echegaray, que entrega a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. A súa traxectoria e descubrimentos foron recoñecidos con galardóns como o Premio Nacional de Investigación Santiago Ramón e Cajal, Premio Severo Ochoa de investigación da Fundación Ferrer, a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio e o Premio ao Inventor Europeo 2019. María Blasco obtivo o seu doutoramento no Centro de Bioloxía Molecular baixo a supervisión de Margarita Salgas, e despois continuou a súa formación xunto a relevantes científicas como Carol Greider e Elizabeth Blackburn, que comparten Premio Nobel de Medicina con Jack Szostak. Hoxe María Blasco é directora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), onde lidera a investigación española especializada nos telómeros e a telomerasa. Durante os últimos anos dedicou o seu estudo ao envellecemento molecular e a loita científica contra o cancro, co obxectivo de curar enfermidades que aínda hoxe son incurables. O seu traballo foi galardoado con premios como o Premio ao Mérito Científico, o Premio de Investigación do Cancro Josef Steiner e o Premio Nacional de Bioloxía Santiago Ramón e Cajal, entre outros. Anos despois de compartir laboratorio, as dúas grandes referentes españolas en bioloxía molecular, Margarita Salgas e María Blasco, reencóntranse nesta conversación para debater sobre ciencia, humanismo, igualdade e educación.

COÑECES ESTA ÁRBORE?

En España hai uns 7.000 millóns de árbores, segundo o último Inventario Forestal Nacional. Seguro que coñeces moitos da túa contorna, pero serías diferencialos a través de fotografías?

No seguinte test podes poñer a proba a túa capacidade para recoñecelos. Empezamos a serie: COÑECES ESTA ÁRBORE?

1. Identifica:

- Amieiro

- Piñeiro

- Olmo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

BILLETES DO MUNDO XXXIX

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Cabo Verde  (República de Cabo Verde), é un país insular de África, situado no océano Atlántico, máis concretamente no arquipélago volcánico macaronésico de Cabo Verde, fronte ás costas senegalesas. A súa moeda de curso legal é o escudo caboverdiano (CVE). Está dividido en 100 centavos. Existen moedas de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 escudos. En canto aos billetes hainos de 200, 500, 1.000, 2.000, 2.500 e 5.000 escudos. 1 escudo caboverciano = 0,0090 €. O banco emisor é o Banco de Cabo Verde (BCV).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 5.000 escudos caboverdianos.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: numismaticodigital.com e wikipedia

EMPATÍA

 

É unha das maiores expertas mundiais en empatía. Esta educadora canadense é a fundadora e presidenta de ‘Roots of Empathy’ e ‘Seeds of Empathy’, dous revolucionarios programas educativos baseados no desenvolvemento da empatía e en promover a alfabetización emocional dende a infancia. Para Mary Gordon, “moitos dos problemas que arrastra a sociedade, como a violencia e a pobreza, son consecuencia da falta de empatía”. E engade: “Se a empatía é a solución ás situacións inxustas do mundo, por que non facemos nada?”.

Mary Gordon colaborou con numerosas institucións educativas e organismos internacionais, como a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), a Organización Mundial da Saúde (OMS), o goberno de Estados Unidos e a Fundación Nelson Mandela. Tamén se reuniu en dúas ocasións co Dalai Lama, quen chegou a asegurar que programas como ‘Roots of empathy’ serven para construír a paz mundial. En 2009, a Federación Canadense de Mestres outorgoulle o ‘Premio de Defensa da Educación Pública’. Na actualidade, Gordon forma parte da xunta directiva da ‘Fundación Ashoka’, unha organización internacional que apoia a emprendedores sociais de todo o mundo.

BILLETES DO MUNDO XXXVIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Madagascar (República de Madagascar / Repoblikan’i Madagasikara), é un país insular situado no océano Índico, fronte á costa sueste do continente africano. A súa moeda de curso legal é o ariary malgache (MGA). Cada unidade divídese en cinco iraimbilanja. Existen moedas de 1, 2, 5, 10 e 20 iraimbilanja e 1, 2, 5, 10, 20  e 50 ariarys. En canto aos billetes hainos de 100, 200, 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 ariarys. 1 chelín keniato = 0,0002 €. O banco emisor é o Banco Central de Madagascar / Banky Foiben’i Madagasikara).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 50 chelíns kenianos.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: conmochila.com e wikipedia