Blogia

vgomez

BILLETES DO MUNDO XXVIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Xapón (Estado de Xapón / 日本国), un país insular do leste de Asia, situado no océano Pacífico. A súa moeda de curso legal é o ien (JPY), sendo a terceira moeda máis valorada no mercado de divisas despois do dólar estadounidense e o euro. O ien tiña unhas subdivisións, o sen e o rin (1/1000 de ien), pero ambas deixaron de utilizarse dende 1954. Existen moedas de 1, 5, 10, 50, 100 e 500 ien. En canto aos billetes hainos de 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 ien. 1 ien = 0,0086 €. O banco emisor é o Banco de Xapón / (日本銀行 Nippon Ginko)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10.000 ien.

Mañá outro billete e outro país!

FONTE: conocedores.com e wikipedia

HISTORIA DOS NÚMEROS II

 

Continúo coa serie historia dos números, vídeos da canle matemática de Jaime Madrid Gómez.

2. O PRIMEIRO NÚMERO DA HISTORIA É MÁIS RARO DO QUE CRES: Sabías que o primeiro número da historia apareceu moito antes que a escritura? Non só é interesante o primeiro número que deixaron os nosos antepasados por escrito, tamén deberiamos preguntarnos se hai números que o cerebro non necesita aprender, porque xa os coñece de maneira natural. Resulta que si, e houbo que experimentar con bebés para pescudalo.

Que o disfrutedes!

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XVI

Unha de equipos galegos de fútbol!

BILLETES DO MUNDO XXVII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Dinamarca (Reino de Dinamarca / Kongeriget Danmar), un país membro da Unión Europea situado no norte de Europa, sendo o máis meridional dos países nórdicos e tamén o de menor extensión. Aínda que está na UE non utiliza o euro (€), sendo a súa moeda de curso legal é a coroa danesa (DKK), séndoo tamén nos territorios dependentes de Groenlandia e as Illas Feroe. Está dividida en 100 øre. Existen moedas de 50 øre e 1, 2, 5, 10 e 20 coroas. En canto aos billetes hainos de 50, 100, 200, 500 e 1.000 coroas. 1 coroa danesa = 0,1341 €. O banco emisor é o Banco Nacional de Dinamarca / Danmarks Nationalbank)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 200 coroas danesas.

Mañá outro billete e outro país!

FONTE: cambiator.es e wikipedia

TREME A TERRA DE GALICIA

Epìcentro do terremoto de hoxe / Imaxe: www.ign.es

A terra tremeu de novo en Galicia por sexta vez en catro días. Esta vez o epicentro de situou mar dentro, a uns 60 quilómetros da costa de Vigo e a súa magnitude acadou os 3,4 graos na escala de Richter, a maior cifra alcanzada durante un verán no que os sismos foron de novo frecuentes na comunidade.

O luns tres movementos afectaron á Cartelle, producíndose todos a un tempo profundidade de 11 quilómetros e rexistrando unhas magnitudes de 1,7, 1,8 e 1,9 graos, respectivamente. Ademais, na Merca rexistrouse outro de 2,1 e o sábado os movementos tamén sacudiron a terra en Cartelle. A súa magnitude foi de 1,8 graos, segundo os datos dispoñibles do Instituto Xeográfico Nacional.

"Estes movementos atópanse dentro da normalidade. Adoitan producirse en Galicia, non só na costa sur, senón tamén na norte, aínda que é certo que as zonas habituais son as de Sarria, Triacastela e Becerreá, na provincia de Lugo", apuntan fontes do Instituto Xeográfico Nacional.

FONTE: farodevigo.es

HISTORIA DOS NÚMEROS I

 

Jaime Madrid Gómez estudou matemáticas e física, e agora está a dalo todo cun máster de Astrofísica e Cosmoloxía. Ten unha canle de matemáticas moi interesante da que son seguidor.

Iste vídeo inicia unha pequena serie sobre a historia dos números.

1. A TÚA MENTE É LOGARITMICA: Había matemáticas no noso cerebro antes de que inventásemos as matemáticas? Resulta que si, aínda que eran moi caprichosas. E hoxe aínda nos queda algún rastro deste pasado escuro.

Que o disfrutedes!

SOPA DE LETRAS XVI

COMPOSTELA          DEPOR         CELTA          FABRIL

OURENSE                 LUGO           CHOCO        ALONDRAS

CORUXO                   GUARDÉS    VERÍN         TYDE

BILLETES DO MUNDO XXVI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Australia (Comunidade de Australia / Commonwealth of Australia), un país de Oceanía que ocupa a principal masa continental da plataforma chamada Sahul, ademais dalgunhas illas nos océanos Pacífico, Índico e Antártico. A súa moeda de curso legal é o dólar australiano (AUD), séndoo tamén no Territorio Antártico Australiano, a Illa de Nadal, as Illas Cocos, as Illas Heard e illas McDonald e a Illa de Norfolk, así como dos estados independentes do Pacífico de Kiribati (xunto co dólar de Kiribati), Nauru e Tuvalu (xunto co dólar tuvalés). Está dividida en 100 cents. Existen moedas de 5, 10, 20 e 50 cents e  1 e 2 dólares. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. 1 dólar australiano = 0,612981 €. O banco emisor é o Banco da Reserva de Australia / Reserve Bank of Australia)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 5 dólares australianos.

Mañá outro billete e outr país!

FONTE: northernstar.com.au e wikipedia