Blogia

vgomez

BILLETES DO MUNDO X

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a China (República Popular China), situada na Asia Oriental, é o país máis poboado do mundo. A súa moeda de curso legal é o Renminbi (CNY). O yuan é a unidade básica do renminbi, nome polo que tamén se coñece á moeda. Cada yuan fracciónase en dez jiao ou mao e cada jiao divídese en dez fen. Para que o valor do  renminbi non fluctúe dependendo do mercado financeiro, o yuan está fixado a unha canastra de varias moedas internacionais. O yuan é considerada unha moeda de reserva polo Fondo Monetario Internacional. Existen moedas de 1, 2 e 5 fen, 1 e 6 jiao e 1 yuan. En canto aos billetes hainos de 1, 2, 5 jiao e 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 yuan. 1 yuan renminbi chino = 0,128123 €. O banco emisor é o Banco Popular Chinés (中國人民銀行).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10 yuan.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com, somoscentroamerica.com e wikipedia

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XV

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Pontevedra. Esta cidade é a capital da provincia do mesmo nome, situada suroeste de Galicia, nas rías Baixas, nas beiras do río Lérez. Precisamente este detalle, o do río Lerez ao seu paso pola cidade e o comezo da ría de Pontevedra é o que serve para identificar a foto.

E Imos coa proposta de hoxe!

15. Identifica esta cidade:

- Ourense

- Soria

- Cuenca

- Logroño

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe lasnoticiasdecuenca.es

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XIV

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Salamanca. Esta cidade é a capital da provincia do mesmo nome, na Comunidade Autónoma de Castela e León. O detalle para identificar a fotografía é a Praza Maior, de estilo barroco, deseñada polos arquitectos Alberto e Nicolás Churriguera, sendo o espazo público máis importante da cidade.

E Imos coa proposta de hoxe!

14. Identifica esta cidade:

- Bilbao

- Pontevedra

- A Coruña

- San Sebastián

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe diariodepontevedra.es

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XV

Partes do porco!

BILLETES DO MUNDO IX

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Belice , un país ubicado no extremo noreste de Centroamérica, con estrutura de monarquía constitucional parlamentaria. A súa moeda é o Dólar beliceño (BZD), que se subdivide en 100 céntimos (cents). Existen moedas de 1, 5, 10, 20 e  50 cents e 1 dólar. En canto aos billetes hainos de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. 1 dólar beliceño = 0,445364 €. O banco emisor é o Banco Central de Belice (Central Bank of Belize).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 2 dólares beliceños.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com, somoscentroamerica.com e wikipedia

SOPA DE LETRAS XV

XAMÓN          PAPADA          TOUCIÑO          CACHUCHA

SOA               RAXO               RABO                SOLOMBO

COSTELA       LACÓN       

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XIII

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Vigo. Esta cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia. É o concello máis poboado de Galicia. O detalle para identificar a fotografía é a súa ría e ao fondo as Illas Cies, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

E Imos coa proposta de hoxe!

13. Identifica esta cidade:

- Zaragoza

- Burgos

- Teruel

- Salamanca

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe tripadvisor.es

BILLETES DO MUNDO VIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Suiza (Confederación Suiza), un país sen saída ao mar ubicado en Europa centra, con estrutura de república federada de 26 estados, chamados cantóns. A súa moeda é o Franco (CHF), que se subdivide en 100 céntimos (Rappen). Existen moedas de 5, 10 e 20 rappen e 1/2, 1, 2 e 5 francos. En canto aos billetes hainos de 10, 20, 50, 100, 200 e 1.000 francos. 1 franco suizo = 0,920434 €. O banco emisor é o Banco Nacional Suizo (Schweizerische Nationalban).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 100 francos.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com, muchapasta.com e wikipedia