Blogia

vgomez

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXXIII

CORINA (María Corina Machado) 2025

HIDANKYO ( Nihon Hidankyo) 2024

MOHAMMADI ( Marges Mohammadi) 2023

MUKWEGE (Denis Mukwege) 2018

KARMAN (Tawakkul Karman) 2011

OBAMA (Barack Obama) 2009

GORE (Al Gore) 2007

CARTER (Jimmy Carter) 2002

ANNAN (Kofi Annan) 2001

ROBIN (Isaac Robin) 1994

Algúns Premios Nobel da Paz!

CANTO SABES DE EUSKADI? VIII

Continuo coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco). Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: dioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!

A contestación correcta á pregunta de onte é 2.000.000 habitantes. Exactamente 2.244.582 (xuño 2025). A modo comparativo, para que te fagas una idea, moi similar a Canarias (2.238.745) e Castela-A Mancha (2.104.433) e algo menos que Galicia (2.705.833)

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Ordea, por poboación , os 10 concellos máis poboados de Euskadi.

Santurce, Vitoria, Guecho, Irún, Donostia, Rentería, Bilbao, Portugalete, Basauri, Baracaldo

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: datosmacro.expansion.com e es.wikipedia.org          Imaxes: esustat.eus e turismo.esuskadi.eus

A ORIXE DAS PALABRAS: LOITAR A CAPA E ESPADA

Quen loitaa capa e espadafaio con gran empeño, a brazo aberto e con todas as súas forzas, para lograr un obxectivo.

Esta frase popularízase durante o Século de Ouro español (séculos XVI e XVII) a través das chamadas “comedias de capa e espada” nas que certos nobres e cabaleiros loitan ou defenden intereses dese modo para dirimir conflitos esencialmente relacionados co amor e a honra.

A capa e espada era o modo en que loitaban os cabaleiros, leándose a capa ao brazo esquerdo para parar os golpes mentres manexaban a espada coa man dereita, ao contrario que os pícaros, que pelexaban a capotillo e puñal.

Esta maneira de loitar, con todo, é moito máis antiga. Entre outros a mencionan Cervantes (1547-1616) no Quixote e Montaigne (1533-1592) nos seus ensaios, escritos en 1580, quen di que os antigos romanos xa a practicaban. Hoxe usámola para describir a maneira resolta na que saímos en defensa dunha persoa ou situación.

Esta frase é sinónima da que nós empregamos: "loitar contra vento e marea".

FONTE: Charlie López/clarin.com     Imaxe: billiken.lat

SOPA DE LETRAS CLXXXIII

CORINA                  HIDANKYO

MOHAMMADI        MUKWEGE

KARMAN                OBAMA

GORE                       CARTER

ANNAN                   ROBIN

CINE: NUREMBERG

Esta fin de semana chega aos cines Nuremberg, película de drama histórico. Está baseada no libro O nazi e o psiquiatra de Jack O-Hai, publicado en 2013. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Nuremberg

Ano: 2025

Duración: 148 min.

País: Estados Unidos

Xénero: Thriller / Drama histórico / Baseada en feitos reaisAños 40

Compañías: Bluestone Entertainment, Walden Media.

Distribuidora: Sony Pictures Classics

Dirección: James Vanderbilt

Guión: James Vanderbilt

Música: Brian Tyler

Fotografía: Dariusz Wolski

Reparto: Rami Malek, Russell Crowe, Leo Woodall, Michael Shannon, Richard E. Grant, Colin Hanks, John Slattery, Wrenn Schmidt, Lotte Verbeek, Mark O’Brien, Andreas Pietschmann, Steven Pacey, Lydia Peckham, Paul Antony-Barber, Jeremy Wheeler, Wolfgang Cerny, Dan Cade, Donald Sage Mackay, Dieter Riesle, Wayne Brett, Mesterházy Gyula, Sam Newman, Philippe Jacq, Tom Keune, Blake Kubena, Michael Sheldon, Fleur Bremmer.

Sinopse: Tras a Segunda Guerra Mundial, durante os históricos xuízos de Nuremberg, o psiquiatra estadounidense Douglas Kelley ten a tarefa de avaliar a saúde mental dos prisioneiros nazis para determinar se son aptos para ser xulgados por crimes de guerra. No medio desta responsabilidade, Kelley enfróntase a Hermann Göring, man dereita de Hitler, nunha intensa batalla de enxeño e manipulación. Mentres Göring tenta manter o seu poder, Kelley debe navegar entre a verdade, a xustiza e a psicoloxía dun dos líderes máis perigosos do Terceiro Reich.

Longa, pero interesante!


CANTO SABES DE EUSKADI? VII

Continuo coa serie adicada a Euskadi (Pais Vasco). Situado no norte de España e bañado polo mar cantábrico, ten una forte personalidade: dioma, natureza, cultura e gastronómica. Un país cheo de contrastes!

A contestación correcta á pregunta de onte é 7.000 km2. Exactamente 7.234 km2. A modo comparativo, para que te fagas una idea, similar a Canarias (7.447) e a cuarta parte de Galicia (29.575)

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a poboación, aproximadamente, de Esukadi?

- 1.500.000 habitantes

- 2.000.000 habitantes

- 3.000.000 habitantes

- 3.500.000 habitantes

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxes: es.wikipedia.org e elcorreo.com

A ORIXE DAS PALABRAS: A OLLO DE BO CUBEIRO

A ollo de bo cubeiro é unha frase que se utiliza para falar da acción de medir algo dunha forma imprecisa, sen a axuda de ningún tipo de peso ou medida.

Segundo diversas fontes, a orixe da expresión estaría relacionado co antigo oficio de cubeiro (persoa que, de forma artesanal, fabricaba as cubas nas que se almacenaba o viño.

A cuba era, ademais dun recipiente, unha medida de capacidade; e xa que non existía ou non se utilizaba no oficio do que falamos ningún tipo de dispositivo para a medición, a exactitude da capacidade da cuba dependía, por tanto, da pericia do fabricante (neste caso o cubeiro).

Por iso é polo que primeiro, no ámbito rural e logo a nivel xeral, comezásese a utilizar a expresión ​a ollo de bo cubeiro cada vez que alguén se refería ao feito de medir algo valéndose unicamente da percepción e da vista.

FONTE: ui1.es      Imaxe: fraseomania.blogspot.com

#DígochoEu: Aprende os membros da familia en galego!

Coñeces ben a túa familia 👪?

#DígochoEu