Blogia

vgomez

CÓCTEL DE SABERES XIX

A contestación a pregunta de filosofía de onte é Falso. O seu verdadeiro nome era Aristocles, aínda que ao parecer foi chamado Platón pola anchura das súas costas, segundo recolle Dióxenes Laercio na súa "Vida dos filósofos ilustres", anécdota que foi posta en dúbida. Platón vivíu entre o 427 e o 347 a. C.

E imos coa pregunta de hoxe!

Imaxe: es-la.facebook.com/HumorGalego

19. Galego. Cantas vogais temos no noso idioma: o galego?

- 5

- 6

- 7

- 8

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

ESTA NOITE PODES VER XÚPITER A SIMPLE VISTA

Imaxe de Xúpiter tomada dende un telescopio / eluniversohoy.net

Os amantes da astronomía teñen esta noite unha oportunidade sen igual de botar unha ollada a Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar, xa que se atopará no seu momento máis grande e brillante en cinco anos. Será unha luminosa xoia a primeira ollada. Pero se ademais un pode botar man duns prismáticos ou un pequeno telescopio de afeccionado poderá contemplar as súas catro lúas máis grandes sen problemas: Io, Europa, Ganímedes e Calisto. E mesmo quizais albiscar un indicio das nubes con bandas que rodean o planeta!

Esta marabilla é debida a que Xúpiter alcanzará a súa oposición, o que significa que estará nun punto diametralmente oposto ao Sol desde a nosa perspectiva. Desta forma, estará ben iluminado, sendo visible do atardecer ao amencer.

Bo avistamento!

CÓCTEL DE SABERES XVIII

A contestación a pregunta de historia de onte é César Augusto. Tamén coñecido como Octavio, foi o primeiro emperador romano, xa que co seu antecesor morreu a República que gobernara Roma. Ademais, foi o emperador romano que máis tempo estivo no poder. Gobernou entre o ano 27 a. C. e o 14 d. C., ​ ano da súa morte.

E imos coa pregunta de hoxe!

Platón / Imaxe: caracteristicas.co/platon

18. Filosofía. O verdadeiro nome de Platón era Temístocles de Atenas?

- Verdaeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

NON EXISTE A FELICIDADE, SENÓN SER FELIZ CADA DÍA

 

“Tiven cancro dos 14 aos 24 anos e perdín unha perna, un pulmón e un anaco de fígado, pero fun feliz”. Albert Espinosa é escritor, guionista, actor e director de cinema, pero por encima de todo, é alguén capaz de compartir unha mensaxe esperanzadora sobre o cancro infantil e xuvenil. Vendeu máis de tres millóns de libros en 42 países, con títulos como ‘O mundo amarelo’, ‘O que che direi cando te volva a ver’, ‘O mundo azul. Ama o teu caos’, ’Se ti mes dis ven déixoo todo… pero dime ven’, ou o máis recente ‘O mellor de ir é volver’.

Coa súa película ‘Planta 4ª’, dirixida por Antonio Mercero, estivo nomeado ao Premio Goya, e a serie televisiva ‘Pulseiras vermellas’, gañadora de dous premios Emmy, conseguiu facer viral a súa historia e a dos seus compañeiros de hospital máis aló das nosas fronteiras, chegando a emocionar a Steven Spielberg, que se encargou da versión estadounidense.

“A miña nai hospitalaria tiña 92 anos e era de Zaragoza. Colleunos a todos os rapaces que tiñamos cancro e deunos un berro de guerra: ‘Non somos coxos, somos  coxonudos!’, que encantábanos. Ela ensinounos que non existe a felicidade, senón ser feliz cada día. Tiña esa forza, esa enerxía, de facerme crer que todo era posible”. Sempre co humor e a tenrura de fondo, Albert Espinosa decidiu retirarse dos focos para dedicar o seu tempo para escribir novos libros, unha serie e outra película, ler e gozar da vida. Este é o seu legado.

CÓCTEL DE SABERES XVII

A contestación a pregunta de xeografía de onte é Serbia.  Situada na península balcánica, no sueste de Europa, limita con Hungría ao norte; con Rumania e Bulgaria ao leste; con Macedonia do Norte e Albania ao sur; e con Bosnia e Hercegovina, Croacia e Montenegro ao oeste.

 E imos coa pregunta de hoxe!

17. Historia. Quen foi o prieiro emperador romano?

- Xulio Cesar

- Nerón

- Calígula

- César Augusto

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

ESCUMA METÁLICA ANTIBALAS

 

Científicos da Universidade Estatal de Carolina do Norte (NCSU) idearon un material lixeiro como a escuma pero tan resistente que pode aguantar o impacto dun calibre .50 (máis coñecido en España como o 12.70 mm), o tipo de balas que levan as metralladoras pesadas ou os rifles dos francotiradores. Trátase de tecido construído con esferas metálicas ocas que pesa só a metade da armadura de aceiro convencional. Chamado escuma de metal composto (CMF), protexe coa mesma eficacia contra estes proxectís mortais, mesmo cando se proba contra balística que pode perforar blindaxes.

O desenvolvemento deste material, do que se acaba de publicar un artigo na revista Composite Structures, custou 15 anos, e fabrícase a partir de metais como o aluminio e o aceiro, que están cheos de bolsas de aire ocas, así como outros tipos de escuma. En investigacións anteriores, o mesmo equipo, xa demostrara que o CMF podía parar balas de tamaño mediano, protexer de explosións moderadas e severas ademais de protexer contra o lume, a calor e varios tipos de raios e radiación.

FONTE: abc.es/ciencia

CÓCTEL DE SABERES XVI

A contestación a pregunta de deporte de onte é Falso. Existen varias excepcións. As edicións de 1916, 1940 e 1944 foron aprazadas debido ao estalido da Primeira Guerra Mundial e, posteriormente pola Segunda Guerra Mundial. Senllos conflitos bélicos  pausaron a celebración dos Xogos Olímpicos desde que se celebrasen en Atenas a partir do 6 de abril de 1896.

 E imos coa pregunta de hoxe!

16. Xeografía. Cal destes países non ten acceso ao mar?

- Exipto

- Chipre

- Eslovenia

- Serbia

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS V

Un repaso ás árbores galegas!