Blogia

vgomez

SOPA DE LETRAS V

CHOPO         PIÑEIRO      CASTIÑEIRO         FREIXO

CARBALLO    ACIVRO       CERQUIÑO            TEIXO

SOBREIRA    ÉRBEDO       PRADAIRO            SALGUEIRO

AMIEIRO       FAIA

CÓCTEL DE SABERES XV

A contestación a pregunta de música de onte é Vivaldi. As catro estacións  é un conxunto de 4 concertos para violín do compositor barroco Antonio Vivaldi (1678-1741). Compúxoas en 1723, e é súa obra máis coñecida e, tamén, unha das máis popularizadas de toda a música clásica. Os concertos publicáronse en 1725 formando parte dun conxunto de doce concertos, op. 8, co título Il Cimento dell’armonia e dell’inventione. Os primeiros catro concertos chamáronse Le quattro stagioni e fan referencia a cada unha das estacións do ano. Cada concerto segue a estrutura de tres movementos, cun movemento lento central (lento, adagio, largo), no medio de dous movementos rápidos (allegro, presto, etc.).

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Deporte. Dende 1896 celebráronse ininterrompidamente os Xogos Olímpicos cada catro anos.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS 2019: INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E TÉCNICA

 

Joanne Chory e Sandra Myrna Díaz / Getty/Atlas

A estadounidense Joanne Chory (Methuen-Massachusetts. 1956) e a arxentina Sandra Myrna Díaz (Bell Ville, 1961), especialistas en bioloxía vexetal e estudosas do impacto da crise climática, foron recoñecidas co Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2019. O xurado encomiou a achega de ambas as biólogas á loita contra a crise climática.

A acta do xurado enxalza as súas "contribucións pioneiras" ao coñecemento da bioloxía das plantas, que son "transcendentais para a loita contra o cambio climático e a defensa da diversidade biolóxica".

Parbéns!

FONTE: elpaís.com/ciencia

CÓCTEL DE SABERES XIV

A contestación a pregunta de literatura de onte é Dante Alighieri . É a creación máis importante de Dante (1265-1321) e unha das obras fundamentais da transición do pensamento medieval (teocentrista) ao renacentista (antropocentrista). É considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal. A obra está dividida en tres partes (Inferno, Purgatorio e Paraíso), cada unha das cales consta de 33 cantos, que co canto que serve de introdución suman un total de cen cantos.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Música. Quen compuxo As catro estacións?

- Mozart

- Beethoven

- Vivaldi

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

APRENDER LENTAMENTE

 

No seu pobo non había escola e na súa casa non había libros. Os pais de Nuccio Ordine nin sequera chegaron ao instituto, pero el logrou converterse nun referente mundial sobre literatura clásica. É un dos maiores expertos no Renacemento e en teoría do xénero literario. “Amo a literatura porque tiven mestres que me fixeron amala. Cambiar a vida dun estudante é a misión máis importante dun educador”, asegura.

Profesor de Literatura Italiana na Universidade de Calabria, humanista, filósofo e escritor, alcanzou fama internacional polos seus estudos sobre Giordano Bruno. Ordine, reivindica a construción dunha sociedade mellor a través de valores humanistas. Sostén que “disciplinas como a música, a literatura, a arte, hoxe en día considéranse inútiles porque non producen ganancias, e son o coñecemento que máis necesitamos, porque poden facer á humanidade máis humana”. É o que el chama “a utilidade do inútil” e que dá título a un dos seus libros superventas, traducido a máis de vinte idiomas e que obtivo a consideración de Mellor Libro Humanista do ano 2017.

Nuccio Ordine reflexiona sobre as grandes transformacións da escola, da investigación científica e da sociedade. Considera que o ensino e a educación “constitúen unha forma de resistencia ás leis do mercado, á  mercantilización das nosas vidas e ao temible pensamento único”. Este sabio italiano convídanos a facer unha viaxe aos problemas do presente a través da literatura clásica.

TENERIFE DENDE AS ALTURAS

TENERIFE DENDE AS ALTURAS

Tenerife / Imaxe: nasa.gov

Esta é a impresionante imaxe da illa de Tenerife, que forma parte do arquivo fotografico da NASA e que acaba se ser aberto aoa público, onde se recollen imaxes entre os anos oitenta, do século pasado, e a actualidade.

Estes días estiven pasando as primeiras vacacións de xubilado, en compaña da miña muller, e se dende as alturas é fermosa, non é menos sobre ela mesma.

Espectacular!

CÓCTEL DE SABERES XIII

A contestación a pregunta de zooloxía de onte é Falso. O único mamífero sen cordas vocais e, por tanto, completamente mudo, é a xirafa. O seu método de comunicación é a través de sons inaudibles para os seres humanos.

E imos coa pregunta de hoxe!

Os Titáns e outros xigantes aparecen prisioneiros no Inferno nesta ilustración da Divina Comedia. Obra de  Gustave Dourei / Wikimedia Commons

13. Literatura. Quen é o autor de A divina comedia

- Maquiavelo

- Giovanni Bocaccio

- Dante Alighieri

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia

CÓCTEL DE SABERES XII

A contestación a pregunta de medio ambiente de onte é Ácido slfúrico e ácido nítrico. A choiva ácida, formada polo efecto combinado da humidade do ambiente, os óxidos de nitróxeno e dióxido de xofre emitido polas fábricas e a queima de combustibles fósiles, cae ao chan coas precipitacións e considérase moi contaminante e nociva para calquera tipo de vida. 

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Zooloxía. A  gacela xirafa é o único mamífero que non ten cordas vocais

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia