Blogia

vgomez

Un novo achado reforza a posibilidade de vida na lúa Encélado


Algúns elementos foron descubertos polos chorros de auga de fracturas na lúa / Captura de pantallas: Nasa 

Novos datos obtidos da misión Cassini da NASA revelan que Encélado, unha das lúas xeadas de Saturno, emite calor por ámbolos polos, un achado que reforza a posibilidade de que este corpo celeste reúna as condicións necesarias para albergar vida.

O estudo, publicado na revista Science Advances e liderado por investigadores da Universidade de Oxford, o Instituto de Investigación do Suroeste e o Instituto de Ciencias Planetarias de Tucson (Estados Unidos), achega a primeira evidencia dun fluxo de calor significativa no polo norte da lúa. Ata o de agora, críase que a perda de enerxía térmica concentrábase unicamente no polo sur, onde Cassini detectara columnas de xeo e vapor de auga emanando desde fisuras na superficie.

Os científicos analizaron observacións realizadas pola sonda en dous momentos clave (o inverno de 2005 e o verán de 2015) para comparar as temperaturas superficiais da rexión polar norte. Ao contrastar os modelos térmicos previstos cos datos infravermellos, descubriron que esa zona era moito máis cálida do esperado, unha diferenza que só pode explicarse polo escape de calor desde o océano subterráneo que xace baixo a súa codia xeada.

Segundo os autores, esta perda de enerxía por ámbolos polos suxire que Encélado mantén un equilibrio térmico interno, resultado do quecemento por mareas: a atracción gravitacional de Saturno deforma a lúa de maneira continua, xerando calor no seu interior. Este mecanismo, explican, permite conservar líquido o océano subterráneo ao longo de escalas xeolóxicas, evitando que se conxele por completo ou, no extremo contrario, que a súa actividade vólvase inestable.

Encélado é un dos obxectivos máis prometedores na procura de vida extraterrestre. Comprender como se regula a súa enerxía a longo prazo é esencial para saber se pode manter unha contorna habitable”, sinalou Georgina Miles, investigadora de Oxford e coautora do traballo.

Encélado espertou o interese da comunidade científica desde que Cassini confirmou a existencia dun océano salgado baixo a súa superficie, rico en compostos como fósforo e hidrocarburos complexos. A combinación de auga líquida, calor e os elementos químicos adecuados convérteo, segundo os expertos, nun dos lugares máis propicios do sistema solar para o desenvolvemento de formas de vida fóra da Terra.

O reto agora é determinar canto tempo existiu ese océano subterráneo e se foi estable o tempo suficiente para que se desenvolvan procesos biolóxicos. A resposta a esa incógnita podería achegar á ciencia un paso máis a resolver unha das grandes preguntas: se estamos sós no universo.

FONTE: eltiempo.com

CANTO SABES DE AUSTRIA? IX

Continúo coa serie adicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.

A contestación correcta á pregunta de onte é Neusiedl. Austria alberga numerosos lagos que, como vestixios das glaciacións da era glacial, conforman a paisaxe, especialmente nos Alpes e os contrafortes alpinos. Con todo, o lago máis grande é un lago estepario situado no leste de Austria, o lago Neusiedl, que ten un 77% da súa superficie total de 315 km² (o resto pertence a Hungría). En termos de superficie, o lago Attersee ocupa o segundo lugar con 46 km², seguido do lago Traunsee con 24 km² na Alta Austria.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Con cantos Parques Nacionais conta Austria?

- 2

- 3

- 4

- 5

- 6

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: nuevatribuna.es

#DígochoEu: Por que 'avogado' é con v en galego?

Que por que ’avogado’ se escribe con v? Esther explícanolo!

#DígochoEu

Morre Antonio García-Bellido, o biólogo que explicou como se desenvolven os seres vivos

"Abriu a perspectiva para entender a lóxica do desenvolvemento". Con estas palabras, o Premio Nobel británico Francis Crick, famoso por ser un dos descubridores da estrutura do ADN xunto con James Watson, recoñecía o traballo de Antonio García-Bellido (Madrid, 1936-2025) , un dos científicos españois máis destacados e valorados internacionalmente. O biólogo madrileño faleceu o pasado luns aos 89 anos, deixando tras de si un valioso legado na investigación sobre como os seres vivos acaban sendo o que son grazas á xenética e a diferenciación celular.

Amigo de Severo Ochoa e recoñecido mundialmente, García-Bellido conseguiu explicar como a partir dunha soa célula, o ovo ou cigoto, fórmanse outras en sucesivas divisións que se van diferenciando e posteriormente dan lugar aos tecidos e órganos dun ser vivo. O seu traballo foi pioneiro ao mostrar que o desenvolvemento non era aleatorio, senón que había unha lóxica interna, un plan xenético que o guía.

Os xenes que descubriu, responsables da diferenciación de neuronas e células gliales, seguen sendo referencia en medicina, neurobiología e evolución, e utilízanse na actualidade como indicadores moleculares en estudos de enfermidades humanas como o cancro.

O investigador foi especialmente coñecido polos seus traballos na mosca da froita Drosophila melanogaster, un modelo clásico de estudo en xenética. As súas investigacións axudaron a descubrir como os xenes controlan o desenvolvemento dos órganos durante a embrioxénese. Desenvolveu a teoría da «organización xenética», que propón que os xenes non só determinan as características individuais, senón que tamén xogan un papel crucial na organización espacial dos tecidos durante o desenvolvemento.

Unha das súas investigacións máis importantes foi no campo dos xenes homeóticos, que controlan a formación de estruturas corporais durante o desenvolvemento embrionario. Descubriu que as mutacións en certos xenes de Drosophila podían provocar o desenvolvemento anómalo de partes do corpo da mosca, como a formación de patas en lugar de antenas, o que abriu unha nova liña de investigación na bioloxía do desenvolvemento. Estes descubrimentos axudaron a establecer a base da bioloxía moderna e a xenética como a entendemos hoxe en día e influíu en xeracións de xenetistas e biólogos.

Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid en 1958, doutorouse en Ciencias con premio extraordinario en 1962. Posteriormente ampliou os seus coñecementos nas Universidades de Cambridge e Zúric, así como no Instituto Tecnolóxico de California. Profesor do CSIC desde 1974, máis tarde ocupou os cargos de director do Instituto de Xenética e do Centro de Bioloxía Molecular, desde 1980 ata 1981. Foi profesor vinculado ad honorem do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e desenvolveu o seu traballo no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid.

Descanse en paz!

FONTE: abc.es/ciencia     Imaxe: lasexta.com

ROSALÍA: Berghain

LUX é o cuarto álbum de estudo da cantante española Rosalía (Rosalia Vila Tobella (San Esteban Sasroviras-Barcelona,​ 25 de setembro de 1992). Foi lanzado o 7 de novembro pasado a través de Columbia Records. É o seu primeiro traballo discográfico despois do lanzamento do aclamado Motomami (2022). ​As súas edicións físicas conteñen dezaoito cancións; as edicións dixitais omiten tres. LUX foi gravado coa Orquestra Sinfónica de Londres baixo a dirección de Daníel Bjarnason, con Rosalía como produtora executiva.

O tema da parte superior do texto, Berghain, é unha canción dela en colaboración coa artista islandesa Björk e o músico experimental estadounidense Yves Tumor euq foema parte de LUX, e foi lanzada o 27 de outubro pasado.

Que a disfrutedes!

#DígochoEu: É correcto ren e res?

Preguntástesnos se é correcto substituír ’nada’ por ’ren’ ou ’res’. Pois aclaramos a dúbida neste vídeo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE AUSTRIA? VIII

Continúo coa serie adicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.

A contestación correcta á pregunta de onte é Danubio. O río entra en Austria por Passau, na fronteira con Alemaña; pasando por Linz e Viena, ata Bratislava, na fronteira con Eslovaquia. Percorre en total 373 quilómetros polo nordés de Austria. En Alemaña recibe ao Inn, que pasa por Innsbruck, co seu afluente o Salzach, que pasa por Salzburgo. Outros afluentes do Danubio son o Enns, Traun, o Mur, o Drave e o Leita, todos eles descenden dos Alpes Orientais. Pola esquerda descende o Morava, na fronteira con Hungría.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o maior lago de Austria?

- Attersee

- Traunsee

- Wörthersee

- Neusiedl

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikivoyage.org e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE AUSTRIA? VII

Continúo coa seriea dicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.

A contestación correcta á pregunta de onte é Grossglockner. É a montaña máis alta de Austria (3.798 m s. n. m.e a maior montaña dos Alpes ao leste do Paso do Brennero, entre os estados federados de Carintia e Tirol. Isto fai que, tras o Mont Blanc (4.805,59 m s. n. m.), sexa a segunda montaña máis alta dos Alpes, ao medirse por altura relativa e é unha dos cumes preferidos polos montañeiros con gran número de escaladas anuais.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal destes ríos percorre máis km por Austria?

- Rin

- Danubio

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: cunefcom.blogspot.com e es.wikipedia.org