Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non me chames rubia!

Esther, hoxe, vainos axudar a distinguir ben as cores do pelo! 😀

#DígochoEu

A VOLTA AO MUNDO EN 90 MINUTOS

José Hernández Moreno é enxeñeiro, inventor e astronauta. Naceu nunha familia migrante de orixe purépecha, que traballaba no campo entre México e California. A súa infancia estivo marcada por constantes mudanzas seguindo as colleitas, o que dificultou a súa educación, ata que unha mestra convenceu aos seus pais de establecerse nun só lugar.

Aos 10 anos, inspirado pola transmisión da misión Apolo e polo exemplo de Franklin Chang Díaz, decidiu ser astronauta. Graduouse como enxeñeiro eléctrico e obtivo un posgraduado, traballando no Laboratorio Nacional Lawrence Livermore, onde co-desenvolveu o primeiro sistema dixital de detección de cancro de mama, tecnoloxía que salvou millóns de vidas. Tras 12 intentos e unha preparación que incluíu pilotaxe, mergullo e dominio do ruso, foi seleccionado pola NASA en 2004.

En 2009 viaxou ao espazo como enxeñeiro de voo na misión STS-128, participando na construción da Estación Espacial Internacional. Hoxe, promove a educación STEM e a perseveranza, inspirando a novas xeracións.

CANTO SABES DE BURKINA FASO? VI

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é 270.000 km2. Exactamente 274.200 km2. Para que te fagas una idea comparativa, ten algo menos que Italia (302.073 km2), algo máis que Reino Unido (243.610 km2) e case a metade de España (505.944 km2).

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é, aproximadamente, a poboación de Burkina Faso?

- 19 millóns de habitantes

- 21 millóns de habitantes

- 23 millóns de habitantes

- 25 millóns de habitantes

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org       Imaxes: fronterad.com e geografia.laguia2000.com

A impresionante imaxe do IAC que mostra o que o ollo humano nunca vira

A galaxia Malin 2 / IAC

Un equipo do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) obtivo as imaxes en luz visible máis profundas xamais tomadas de Malin 2, unha das galaxias espirais máis grandes e tenues do Universo. Grazas a esta observación pioneira, os científicos identificaron estruturas ata o de agora invisibles, o que ofrece novas pistas sobre a formación e evolución deste tipo de galaxias.

O achado foi posible grazas ao Two-meter Twin Telescope (TTT), un avanzado telescopio robótico situado no Observatorio do Teide, en Tenerife, operado pola empresa canaria Lixeiro Bridges. As imaxes revelaron emisións estelares difusas e unha estrutura alongada en forma de espiral, o que suxire que Malin 2 puido experimentar interaccións con outras galaxias no pasado.

É como descubrir unha historia oculta escrita na tenue luz das aforas da galaxia”, explica Junais, investigador do IAC e autor principal do estudo publicado en Astronomy Astrophysic, en referencia aos resultados obtidos dentro do proxecto europeo ExGal-Twin.

Entre os novos achados destaca tamén a identificación dunha posible galaxia anana ultradifusa (UDG) situada a uns 400.000 anos luz de Malin 2. De confirmarse, sería o primeiro satélite UDG coñecido desta galaxia.

Estas observacións supoñen un paso importante para comprender mellor as interaccións gravitatorias entre galaxias e os chamados procesos de marea, fenómenos que poderían ter un papel moito máis relevante do que se cría na formación de galaxias de baixo brillo superficial.

O estudo demostrou que mesmo as galaxias máis tranquilas e aparentemente illadas poden ter un pasado turbulento. O brazo espiral tenue e as estruturas estelares difusas observadas coinciden coa distribución do gas na galaxia, o que reforza a hipótese dun complexo pasado dinámico.

Os investigadores do IAC planean realizar novas observacións de seguimento para analizar con máis detalle o contido de gas e o seu movemento, e así confirmar a orixe das estruturas detectadas. Ademais, pretenden estudar outras galaxias xigantes de baixo brillo superficial para determinar se as características descubertas en Malin 2 son comúns ou se se trata dun caso excepcional.

Ao ampliar os límites do que podemos ver, abrimos unha nova xanela aos procesos que dan forma a galaxias tan enormes ao longo de miles de millóns de anos”, conclúe Junais.

FONTE: laprovincia.es

CANTO SABES DE BURKINA FASO? V

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é Francia. Tras décadas de intensa competencia e rivalidade entre os británicos e franceses, abundante en expedicións de exploradores militares e civís que buscaban asinar tratados, en 1896, o reino Mossi de Uagadugú foi vencido polas forzas coloniais francesas e converteuse nun protectorado francés. Para 1898, a maioría do territorio hoxe correspondente a Burkina Faso fora conquistado aínda que sexa en forma nominal, e era precario o control de varias rexións. A convención asinada entre Francia e Reino Unido o 14 de xuño de 1898 permitiu finalizar a disputa entre as dúas potencias coloniais e trazar as fronteiras entre os seus territorios. Os franceses continuaron por cinco anos unha guerra de conquista contra as comunidades locais. En 1904 prodúcese unha gran reorganización do imperio colonial francés no oeste de África, e os territorios da conca do Volta na colonia de Alto Senegal e Níxer de África Occidental Francesa. A capital da colonia era Bamako. O 11 de decembro de 1958, logra o autogoberno, e convértese nunha república e membro da comunidade franco-africana (A Communauté Franco-Africaine). Logra conseguir a súa independencia total o 5 de agosto de 1960.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é, aproximadamente, a extensión de Burkina Faso?

- 200.000 km2

- 250.000 km2

- 270.000 km2

- 300.000km2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e cim-burkina.com/es

#DígochoEu: Non digas *gracias

Imos hoxe cun asunto de máxima actualidade e que xera tamén certa controversia. 🙏😀 E ti que opinas?

#DígochoEu

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXVII

Flores típicas de defuntos!

SOPA DE LETRAS CLXXVII

CRISANTEMOS             ROSAS

LIRIOS                            GLADIOLOS

MARGARIDAS               CARAVEIS

AZUCENAS                    ORQUÍDEAS

XERBERAS                     CALAS