Blogia

vgomez

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS VI

Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos da Illa de Sávora, hoxe tocalle o turno á Illa de Sálvora.

6. Illa de Tabarca

A illa de Tabarca, de Nova Tabarca ou Plana é unha illa do mar Mediterráneo que se atopa a uns vinte quilómetros da cidade de Alacant, a uns 8 km do porto de Santa Pola e a pouco máis de 4.300 metros do cabo de Santa Pola (2,35 millas náuticas), sendo a máis grande da Comunidade Valenciana e a única habitada.

Cunha extensión de 0,3 km2, o turismo é a principal actividade económica da illa, que é visitada por gran número de visitantes nos meses de verán, grazas aos barcos que desde Alacant e sobre todo desde Santa Pola efectúan viaxes durante todo o día.

FONTE: gl.wikipedia.org     Imaxes: xavibartroli.blogspot.com

Continuará...

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS V

Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos do Illote de Sancti Petri, hoxe tocalle o turno á Illa de Sálvora.

5. Illa de Sálvora

 A illa de Sálvora é unha pequena illa galega situada na boca da ría de Arousa. Desde o ano 1959 pertence á parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira, parroquia creada nesa data, mais anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto coas Illas de Vionta, Herbosa e Noro, e coas illas Sagres, forma o arquipélago de Sálvora, integrado ademais dende 2002 no Parque Nacional das Illas Atlánticas, coas illas Cíes, a illa de Ons e a de Cortegada.

Estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira durante anos, mais dende 1972, está case deserta. Na illa, que foi de titularidade privada até 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro maila fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

FONTE: gl.wikipedia.org     Imaxes: hablemosdeislas.com

Continuará...


#DígochoEu: Non confundas 'longo' e 'largo'

Hoxe falamos de medidas e explicamos a diferenza entre ’largo’ e ’longo’.

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXXIII

VERTICAIS: 1. CAMPA 3. REO 4. TEIXUGO 8. SOAREGO.

HORIZONTAIS: 2. FORESTA 5. MINSK 6. TEIXO 7. FLAXELO 9. PALADIO 10. ENVILECER.

Máis cultura xeral!

#DígochoEu: Palabras coas 5 vogais

En galego temos bastantes palabras que teñen as cinco vogais. Velaquí unhas cantas!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CLXXXIII

VERTICAIS: 1. Lousa plana de pedra con que se cobre unha sepultura 3.  Peixe da familia dos salmónidos de ata oitenta centímetros e cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar e torna ao río onde naceu para desovare de nome científico Salmo trutta trutta 4.  Mamífero carniceiro da familia dos mustélidos de pelo longo e espeso, agrisado no lombo, negro nas patas e no ventre, e abrancazado con dúas listas negras que van desde o fociño ata detrás das orellas, que vive en tobos profundos e ten costumes nocturnos, sendo o seu nome científico Meles meles 8. Peza de pedra ou doutro material colocada na parte inferior do oco dunha porta.

HORIZONTAIS: 2. Grande extensión de terreo, poboada de maneira natural por unha mesta vexetación arbórea 5. Capital da República de Belarús 6.  Árbore conífera da familia das taxáceas de ata quince metros de altura, con pólas moi mestas que nacen desde a base do tronco, follas aciculadas e coriáceas, froitos en forma de bagas vermellas e de nome científico Taxus baccata 7. Filamento que ao contraerse e estirarse ou ao oscilar rapidamente lles serve a certos organismos unicelulares e células para moverse 9. Elemento químico metálico de transición, de cor branca prateada, dúctil, maleable e resistente á corrosión, con símbolo Pd 10. Facer vil e desprezable unha persoa.

CINE: O CATIVO

 

Esta fin de semana chega aso cines o último traballo de Alejando Amenábar: O cativo, onde o Amenábar bota a voar a súa imaxinación para relatar un episodio tan determinante na vida de Cervantes, como foi o tempo que o escritor pasou no cárcere de Alxer. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: El cautivo

Ano:2025

Duración: 133 min.

País: España

Xénero: Drama. Cine histórico.

Dirección: Alejandro Amenábar

Produción: Fernando Bovaira, Alejandro Amenábar. Coprodución España-Italia; Mod Producións, Himenóptero, Misent Producións, Propaganda Italia, RTVE, Rai Fiction

Distribución: Buenavistacine

Guión: Alejandro Amenábar. Biografía sobre: Miguel de Cervantes. Historia: Alejandro Amenábar, Alejandro Hernández

Música: Alejandro Amenábar

Fotografía: Alex Catalán

Vestiario: Nicoletta Taranta

Reparto: Julio Peña, Alessandro Borghi, Miguel Rellán, Fernando Tejero, José Manuel Poga, Luis Callejo, Albert Salazar, César Saranchu, Luna Berroa…

Sinopse: Ano 1575. O novo soldado Miguel de Cervantes é capturado en alta mar por corsarios árabes e levado a Alxer como refén. Consciente de que alí lle espera unha cruel morte se a súa familia non paga pronto o seu rescate, Miguel atopará refuxio na súa paixón por contar historias. Os seus fascinantes relatos devolven a esperanza aos seus compañeiros de prisión e acaban por chamar a atención de Hasán, o misterioso e temido Paxá de Alxer, co que comeza a desenvolver unha estraña afinidade. Mentres os conflitos medran entre os seus compañeiros, Miguel, levado polo seu inquebrantable optimismo, comezará a idear un arriscado plan de fuga.

Interesante xogo entre a realidade e a ficción!

ILLAS ESPAÑOLAS MENOS COÑECIDAS IV

Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.

Se onte falamos das Illas Columbretes, hoxe tocalle o turno ao Illote de Sancti Petri.

4. Illote de Sancti Petri

O Illote de Sancti Petri está situado en San Fernando, na desembocadura do caño de Sancti Petri, fronte ás costas de Chiclana da Fronteira e ao sur de San Fernando (Cádiz)

O nome de Sancti Petri aplícase tamén á praia e ao antigo poboado almadrabeiro, situados fronte ao illote, localizados ambos en Chiclana de la Frontera. Ata 2002, o illote e o castelo pertenceu ao Ministerio de Defensa que o desafectó de uso militar para cedelo ao Ministerio de Medio Ambiente.

Na antigüidade, o illote formaba parte da illa principal do arquipélago gaditano e, sobre el, levantábase o Templo de Hércules Gaditano. Hoxe en día, sobre o illote consérvanse as ruínas do Castelo de Sancti Petri, construído a finais do século XVI e reconstruído no século XVII e XVIII. Ao longo da súa historia sufriu repetidos ataques de piratas e as súas pedras foron reutilizadas para obras de fortificacións noutros puntos. Durante a guerra da independencia española o castelo foi duramente bombardeado de 1810 a 1812 e tamén posteriormente en 1823 durante a intervención militar dos Cen Mil Fillos de San Luís. Unha das súas torres foi reconvertida no faro de Sancti Petri.

FONTE: gl.wikipedia.org      Imaxes: patrimoniolaisla.com e gl.wikipedia.org

Continuará...