#DígochoEu: Pódese dicir chiquitín
Continúo coa serie adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Deixou espazos para os elementos aínda non descubertos. Mendeléyev tamén prognosticou algunhas propiedades de elementos entón descoñecidos e que anticipou, ocuparían os lugares baleiros na súa táboa. Posteriormente, cando se descubriron os elementos en cuestión, demostrouse que a maioría das súas predicións eran correctas. Tamén a súa táboa baseouse no peso atómico dos elementos, e non no seu número atómico, clasificándoos mellor en familias.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Mendeléyev deixou espazos para os elementos non descubertos, e en total ordenou 63 deles. Desde entón a familia medrou. Sabes de cantos elementos se compón a táboa periódica na actualidade?
- 81
- 118
- 811
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxes: CC e nanationalgeographic.com.es
VERTICAIS: 1. SHINANO 4. MESOSFERA 5. ARUME 6. CARBUEIRO 7. BURREÑO.
HORIZONTAIS: 2. XANTAR 3. KLIMANJARO 8. BOHR 9. AMÁN 10. SOBREIRA.
Máis cultura xeral!
De entre as 155 cidades españolas con máis de 50.000 habitantes, hai unha localidade galega que destaca pola súa taxa de mortalidade. Con 14,77 falecidos por cada mil habitantes, Ferrol lidera todos os rankings de España, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE). Ademais, a baixa proporción de nacementos desde comezos do século XXI provocou unha das perdas de poboación máis grandes do país. En apenas 25 anos, pasou de ter 81.991 habitantes a apenas 64.218, segundo o Instituto Galego de Estadística (IGE). É dicir, un 21,7% menos.
A crise económica da cidade ten unha grande influencia neste decrecemento. Entre as causas non naturais que conforman este suceso, un estudo das mortes entre 1989 e 2014 publicado no Atlas Nacional de Mortalidade en España (ANDEES) destaca con respecto ao resto de España o alto número de casos de hepatite vírica, de enfermidades da pel e do tecido subcutáneo e de septicemias. No caso dos homes, o uso de psicofármacos ou drogas de abuso provocou un alto número de envelenamentos accidentais. No caso das mulleres, destaca con respecto ao resto do país o elevado número de septicemias, pero tamén por outras causas. Entre elas, os suicidios.
A alta taxa de mortalidade queda reflectida na esperanza de vida ao nacer: Ferrol é, con diferenza, a cidade que peor dato ten entre os grandes concellos galegos. Un cidadán vivirá, de media, 81,78 anos, segundo o IGE. Este dato contrasta cos 84,02 da próxima capital coruñesa, que ten a segunda máis alta de Galicia, só por detrás de Santiago (84,25). Pontevedra, Ourense, Lugo e Vigo teñen todos unha esperanza similar, ao redor dos 83 anos e medio. En todos os casos, a esperanza de vida é moi superior en mulleres que en homes: elas viven, de media, 6,55 anos máis ca eles. Por exemplo, as coruñesas vivirían, de media, 87 anos.
Porén, estes datos poden resultar enganosos. Hai que recordar que a esperanza de vida inclúe causas de morte prematuras que baixan a media. Para ter unha referencia, unha persoa que ten 65 anos, de media, aínda vivirá 21,75 anos máis (superando os 86). No caso de aqueles que xa teñen 80 anos, as cifras son aínda superiores, e a súa esperanza de vida é de case 91 anos (90,7). Ademais, as diferenzas entre homes (89,21) e mulleres (91,73) son máis moderadas.
En comparación co resto de España, as localidades galegas teñen datos aceptables, aínda que non son os máis elevados. Xetafe, Vitoria e Zamora manteñen unha esperanza de vida de ao redor dos 84 anos e medio. Con todo, son lugares con rendas máis elevadas as que destacan neste apartado. Son exemplos disto Getxo (85,08), Sant Cugat del Vallès (85,18) e Boadilla del Monte que, cunha esperanza de vida de 86,79 anos, supera en cinco anos aos ferroláns, segundo o INE.
Os nacementos en Galicia non axudan a diminuír as taxas de mortalidade por habitante. En 2008, ano no que estalou a crise naceron nesta comunidade ata 23.175 cativos, segundo o IGE. En 2023 naceron un 65,5% menos de rapaces (14.004). As diferenzas son aínda máis grandes se comparamos estes datos con 1978, cando naceron 43.751 persoas. Porén, hai que recordar que os motivos destes cambios son diversos e non responden só a unha cuestión económica. O número de nacementos é menor, en parte, pola chegada de métodos anticonceptivos, maior liberdade para escoller que tipo de familias se queren formar e a adquisición de máis dereitos para as mulleres.
En Galicia, os nacementos concentráronse nas grandes cidades: Vigo e Coruña acumulan 2.951, unha quinta parte de todos os de Galicia. A lista continúa con Lugo, con 631, Ourense, con 585 e Pontevedra, con 480.
A provincia de Ourense é a que peores datos rexistra, pero tamén hai que ter en conta que unha gran cantidade de concellos ten poboacións moi baixas. Aínda así, se temos en conta os nacementos por habitante, a provincia de interior ten 4,40 novos cativos por cada 1.000 habitantes. É un dato moi inferior ao do resto: A Coruña (5,34), Lugo (5,26) e Pontevedra (5,23) teñen unha cifra similar de nacementos.
FONTE: Rubén Beiró/gciencia.com
VERTICAIS: 1. Río máis longo de Xapón 4. Parte da atmosfera terrestre situada por encima da estratosfera e por baixo da termosfera 5. Folla do piñeiro 6. Paxaro pequeno da familia dos páridos, de cabeza e pescozo negros, fazulas brancas, peito, barriga e caluga amarelos, lombo verdoso e ás cinsentas e brancas, de mome científico Parus major 7. Animal que nace do cruzamento entre unha burra e un cabalo.
HORIZONTAIS: 2. Comida de mediodía 3. Punto máis alto de África, cunha altitude de 5. 895 m. localizado no norte de Tanzania, xunto á fronteira con Kenya 8. Apelido do físico dinamarqués a quen se lle adicou o elemnto químico da táboa periódicacoñecido como bohorio (Bh) 9. Capital do reino de Xordania 10. Árbore da familia das cupulíferas, de folla perenne co bordo espiñento, tronco curto e madeira dura, á que se lle tira a casca, chamada cortiza, que se emprega para diversos usos industriais e de nome científico Quercus suber.
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada á táboa periódica dos elementos, unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Dimitri Mendeléyev. En efecto, foi Dmitri Ivánovich Mendeléyev (8 de febreiro de 1834-San Petersburgo, 2 de febreiro de 1907) quen en 1869 presento a súa táboa dos elementos para ilustrar as súas tendencias periódicas e ordenalos en base ás súas propiedades químicas.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Mendeléyev deseñou a súa táboa case ao mesmo tempo que un químico alemán chamado Julius Lothar Meyer, quen a publicou un ano despois. Con todo finalmente impúxose a orde de Mendeléyev. Sabes cal foi o seu gran acerto?
- Deixou espazos para os elementos aínda non descubertos
- A súa táboa fundaméntase no peso atómico
- Ambas son correctas
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxes: CC e es.wikipedia.org
Peter Lax na súa oficina na Universidade de Nova York, o 18 de marzo de 2005 / Joe Tabacca (The New York Times/ContactoPhoto)
O pasado 16 de maio faleceu, en Manhattan-Nova York, un dos matemáticos máis brillantes do século XX, Peter David Lax, galardoado co Premio Abel (o “Nobel das matemáticas”) en 2005. Os seus logros científicos foron enormes: realizou achegas fundamentais á teoría de ecuacións en derivadas parciais e aos métodos para resolvelas, claves en simulacións físicas e na predición do clima, entre moitas outras cuestións. Foi pioneiro no estudo de ondas de choque e sistemas hiperbólicos e o seu traballo transformou a computación científica moderna.
Lax naceu o 1 de maio de 1926 en Budapest (Hungría) nunha familia de médicos de orixe xudía. Viviu unha infancia e mocidade inmersa nun ambiente cosmopolita e intelectual ata que, a comezos de 1941, despois de que o país se unise ás potencias do Eixo encabezadas pola Alemaña nazi, a familia tivo que emigrar a Estados Unidos. O seu pai era o médico do cónsul americano en Budapest, o que lles axudou na súa fuxida, primeiro en tren e logo nun barco desde Lisboa.
En Nova York, Lax incorporouse no Instituto Stuyvesant, pero non cursou matemáticas, xa que, segundo afirmaba, sabía máis que a maioría dos profesores. Ao rematar, completou tres semestres de Matemáticas na Universidade de Nova York, pero tivo que abandonar a carreira ao ser recrutado polo exército estadounidense. Tras o adestramento básico, o Exército destinoulle á Universidade A&M de Texas, logo ao Laboratorio Nacional de Oak Ridge e, pouco despois, aos Álamos, Novo México, onde se integrou no proxecto Manhattan, o programa secreto de Estados Unidos destinado a desenvolver a primeira bomba atómica.
Ao terminar a guerra, Lax retomou os seus estudos na Universidade de Nova York: graduouse en 1947 e doutorouse en 1949 cun traballo sobre ecuacións en derivadas parciais. A partir de 1951, incorporouse como profesor nesa mesma universidade, onde desenvolveu o resto da súa carreira profesional.
Lax interesouse en certas ecuacións diferenciais, chamadas non lineais. Son expresións que xorden en numerosos campos (a aerodinámica, a meteoroloxía ou a elasticidade) e que se caracterizan porque as súas incógnitas aparecen elevadas a potencias, multiplicadas entre si ou dentro de funcións (como seos ou logaritmos), o que fai que estudar as súas solucións sexa moito máis complicado que nas ecuacións lineais, onde as incógnitas só aparecen multiplicadas por constantes e sumadas ou restadas. Nas décadas de 1950 e 1960, Lax sentou as bases da teoría moderna de certos tipos de ecuacións non lineais moi complexas: as ecuacións hiperbólicas.
Habitualmente, debido á imposibilidade de achar solucións exactas para estas ecuacións, úsanse aproximacións das mesmas, que se chaman solucións numéricas. Lax centrouse en desenvolver criterios para determinar cando unha aproximación numérica é válida, e formulou o chamado teorema de equivalencia de Lax (unha ferramenta aínda fundamental hoxe en día), que establece as condicións baixo as cales un método numérico proporciona unha solución fiable a unha ecuación diferencial.
Doutra banda, traballou no campo dos chamados sistemas integrables, que se utilizan na física, a bioloxía ou a economía. Lax desenvolveu un novo concepto matemático hoxe denominado “pares de Lax”, que axudou a comprender estes sistemas e a atopar solucións. Formulou tamén unha teoría xeral dos fenómenos de dispersión. Sorprendentemente, todos estes traballos tiveron un enorme impacto non só noutras ciencias e enxeñería, senón tamén en áreas afastadas das matemáticas, como a teoría de números.
Ao longo da súa carreira, Lax foi un fervente defensor das matemáticas aplicadas. “As matemáticas e as ciencias, principalmente a física, pero non só ela, nútrense mutuamente de ideas, conceptos, problemas e solucións”, aseguraba. O seu pensamento matemático foi modelado pola súa estancia nos Álamos, segundo admitía, por “a experiencia de formar parte dun equipo científico –non só de matemáticos, senón de persoas con diferentes puntos de vista– cuxo obxectivo non era [demostrar] un teorema, senón [obter] un produto. Iso non se aprende nos libros, hai que vivilo”.
Tamén alí, en particular, baixo a influencia de John von Neumann, pai dos computadores modernos, deuse conta da crucial importancia da informática para a ciencia e as matemáticas. Lax dicía que Estados Unidos non podía quedar atrás no desenvolvemento e aplicacións da computación e, cando foi nomeado director do centro informático da Universidade de Nova York, xogou un papel principal na adquisición dun supercomputador CDC 6600 da Control Data Corporation, considerado o computador máis rápido do mundo neses anos.
Eran tempos de axitación nos campus universitarios: as protestas contra a guerra de Vietnam intensificábanse e as autoridades respondían con dureza. A tensión alcanzou un punto crítico cando a Garda Nacional, enviada polo gobernador de Ohio, James A. Rhodes, abriu fogo contra unha multitude de manifestantes, causando a morte de catro mozos e deixando a outros nove feridos. Como represalia, membros do grupo activista Transcendental Students tomaron o edificio onde se atopaba o computador central, esixindo un rescate de 100.000 dólares. A intervención decidida de Peter Lax e varios colegas logrou impedir que o destruísen.
Peter Lax recibiu innumerables recoñecementos e premios na súa vida: nomeamentos como membro de numerosas academias, participación como conferenciante plenario no Congreso Internacional de Matemáticos (en 1983, en Varsovia), o Premio Wolf en 1987 ou o xa mencionado Premio Abel en 2005. Entre os motivos para a concesión deste último, a Academia Norueguesa de Ciencias e Letras destacaba “as súas revolucionarias contribucións á teoría e aplicación das ecuacións en derivadas parciais e ao cálculo das súas solucións”. Máis aló diso, foi capaz de aplicar todos aqueles impresionantes resultados teóricos –“teoremas”– a “produtos” en grao sumo variados —sistemas integrables, dinámica de fluídos e ondas de choques, física de solitones ou leis de conservación hiperbólica.
Descanse en paz!
FONTE: Manuel de León e Ágata A. Timón/elpais.com/ciencia
Todos, en maior o menor medida, estudamos a táboa periódica dos elementos. Esta é unha disposición en formato de táboa dos elementos químicos, ordenados polo seu número atómico, configuración electrónica e propiedades químicas recorrentes.
Popóñoche averiguar o que sabes ou o que recordas sobre ela. Anímaste? Pois alá imos!
1. Ao longo da historia houbo varias tentativas de organizar os elementos químicos, e a táboa periódica que coñecemos sufriu diversos cambios ao longo do tempo. Sabes quen foi o químico que ideou a táboa periódica coa que hoxe nos manexamos?
- Dimitri Mendeléyev
- Julius Lothar Meyer
- Antoine Lavoisier
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxes: AgeFotostock e es.wikipedia.org