Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas *enseres

En galego non temos *enseres, pero tranquilo! Si que temos palabras abondo para referirnos a eles na nosa lingua.

#DígochoEu

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? XII

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Banco central Europeo. Na súa condición de membro fundador da Unión Europea e grazas á súa localización xeográfica central dentro da organización, a cidade de Luxemburgo é unha das tres sedes comunitarias. Nela atópanse institucións como o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Banco Europeo de Investimentos, o Tribunal de Contas Europeo, a Oficina de Publicacións, así como diferentes servizos da Comisión Europea. A presenza do Parlamento Europeo en Luxemburgo componse actualmente da Secretaría Xeral do Parlamento Europeo e os seus servizos, aínda que o Parlamento celebrou sesións plenarias na cidade durante un breve período. O Banco Central Europeo (BCE) non está en Luxemburgo, senón en Frankfurt, Alemaña.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Luxemburgo nalgún momento da súa historia estivo baixo o dominio español?

-Si

- Non

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: hablamosdeeuropa.es e gl.wikipedia.org

ALGOL, A ESTRELA DEMONÍACA

Entre as innumerables estrelas que adornan o vasto lenzo do ceo nocturno, poucas capturaron a imaxinación e a atención das persoas ao longo da historia tanto como Algol. Coñecida como a "Estrela Demoníaca" ou "Ollo da Medusa", Algol, situada na constelación de Perseo, foi obxecto de fascinación e especulación durante séculos

Posición de Algol /es.wikipedia.org

Este vídeo axudarache a coñecer algo millor esta fascinante estrela!

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? XI

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Luxemburgués, francés e alemán. En Luxemburgo, o idioma máis utilizado na vida cotiá é o francés, lingua franca do país, seguido do inglés, o alemán e o luxemburgués. O francés predomina nos comercios, supermercados, restaurantes e cafés. Con todo, no ámbito privado, en casa, o luxemburgués é a lingua máis popular (falada polo 57 % da poboación en casa), seguida do francés (22 %), o portugués (22 %), o alemán (5 %) e o inglés (5 %).

 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Un destes organismos da Unión Europea NON esta en Luxemburgo. Cal é?

- Tribunal de Xustiza da Unión Europea

- Tribunal de Contas da Unión Europea

- Banco Europeo de Investimentos

- Banco Central Europeo

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e  fr.statista.com Imaxes: fr.statista.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *tinieblas

Nada de *tinieblas cando estamos ás escuras. Esther acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE LUXEMBURGO? X

Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mosela. Luxemburgo ten unha serie de ríos menores, como o Eisch, o Alzette e o Pétrusse, pero o principal río é o Mosela. Nace no macizo montañoso dos Vosgos, fluíndo a través da Francia nororiental cruzando Épinal, Charmes, tocando case Nancy, Metz, Guénange e Thionville. Logo durante un longo treito serve de límite entre Alemaña e Luxemburgo, para pasar a continuación a ser un río exclusivamente alemán desde as proximidades de Tréveris. Únese finalmente ao río Rhin en Coblenza (Koblenz) despois de percorrer 545 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Idioma/s oficial/oficiais de Luxemburgo.

- Luxemburgués

- Luxemburgués e francés

- Luxemburgués e alemán

- Luxemburgués, francés e alemán

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: istockphoto.com/es e turiscom.org

#DígochoEu: Non digas *conlevar

*Conlevar non é correcto en galego. Atención as alternativas que nos ofrece Esther!

#DígochoEuk

Por que ao teu cerebro gústanlle tanto os pensamentos negativos?

A primeira vez que a neurocientífica Nicole Vignola sostivo un cerebro nas súas mans, pensou que alí se atopaba a vida enteira dunha persoa. Isto levoulle a facerse moitas preguntas: Que fai que sexamos como somos? Canto condicionan as nosas crenzas a nosa vida? Podemos cambiar as conexións do noso cerebro para modificar os nosos hábitos e obter un maior benestar? Como autora do libro Neurohábitos: Rompe o bucle, transforma os teus pensamentos e crea cambios duradeiros (2025), para ela a clave de todo está na plasticidade cerebral: “Todos temos hábitos e comportamentos que nos impiden alcanzar o noso máximo potencial. Grazas á neurociencia, sabemos como cambiar a nosa mente para cambiar a nosa vida”.

Nicole Vignola non só explica como funciona a plasticidade do cerebro, senón que tamén mostra como podemos usar o noso comportamento, a nosa atención e os nosos pensamentos para facer cambios notables e duradeiros nas nosas vidas. “Cambiar de hábitos, vencer o medo, saír do bucle de pensamentos negativos, romper o ciclo de estrés… todo iso é posible”, afirma. E engade: “Se hai hábitos e comportamentos que che impiden ser a persoa que queres ser, non creas que estás atrapado. Con atención e intención, podes ser quen queiras ser. Os hábitos que creas hoxe determinarán quen es no futuro”.