Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas *nominado

Nin *nominado nin *nominación son correctos e ofrecémosvos as alternativas que dá a RAG. Con todo, si que é certo que atopamos un baleiro para designar algo tan específico coma iso. A maioría das linguas do noso arredor adaptaron ese to nominate do inglés e xa o teñen incorporado. No caso do portugués, úsase nomear e nomeação tanto nos Óscar coma en programas de televisión. Así que se cadra non estaría mal que a RAG o tivese en conta en futuras revisións do seu dicionario.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? IX

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Antonio Meucci.  O teléfono foi inventado polo italiano Antonio Meucci, quen en 1854 construíu o seu primeiro prototipo, aínda que non formalizou a súa patente por dificultades económicas, presentando só unha breve descrición do seu invento na Oficina de Patentes de Estados Unidos no ano de 1871. Anos despois, en 1876, o escocés Alexander Graham Bell foi o primeiro en patentalo formalmente, e durante moitos anos, xunto a Elisha Gray, foron considerados os inventores do teléfono. O 11 de xuño de 2002, o Congreso dos Estados Unidos de América aprobou a resolución 269, na que se recoñece que o verdadeiro inventor do teléfono foi Antonio Meucci, que o chamou teletrófono.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Quen inventou o telescopio?

- Galileo Galilei

- Hans Lippershey

- Juan Roget

- Zacharias Janssen

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE:es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org ecientifiko.com

As misteriosas historias do Titanic

Escribir salvoulle a vida cando era unha nena tímida e retraída pero, tamén, cando perdeu ao seu marido e ao seu pai. A escritora Carmen Posadas explica que o secreto da vida está en “non perder nunca a curiosidade nin o entusiasmo. Para ela, tamén é importante “ter a sensación de que o que fas impórtalle a alguén. Asegura que a escritura é un acto moi solitario e que os novelistas son como náufragos que viven nunha illa deserta, lanzando mensaxes ao mar nunha botella: “Nunca sabes a que outro náufrago vai chegar”. A Carmen Posadas apaixónalle o que os franceses chaman a ‘petite histoire’, ou aquelas anécdotas da historia que serven para reflectir unha época ou un personaxe. As súas obras caracterízanse polo humor sutil, un agudo sentido da observación e unha mirada crítica cara ás dinámicas do poder. Posadas afirma que os “personaxes malos" son moito máis interesantes “porque teñen máis arestas”. E conclúe: “Moitos dos grandes personaxes da literatura son seres infames”.

Carmen Posadas destacou tanto no mundo da literatura como no do xornalismo. É columnista habitual na revista XL Semanal e colaborou noutros medios de comunicación recoñecidos, como os xornais El País e ABC. Ao longo da súa carreira, abordou diversos xéneros, entre eles a novela, o ensaio e a literatura infantil. A súa primeira novela, Cinco moscas azuis, foi un éxito inmediato e consolidouna como unha autora prometedora. Pero foi a súa novela Pequenas infamias a que a catapultó á fama internacional. Por ela obtivo o Premio Planeta en 1998, consolidándoa como unha das escritoras máis importantes da literatura hispana contemporánea. Outros galardóns que recibiu son o premio Apeles Mestres de Literatura Infantil, o Premio de Cultura da Comunidad de Madrid e o Premio das Letras do Ateneo, entre moitos outros. As súas obras foron traducidas a máis de trinta idiomas. En 2024 publicou a súa última novela: O misterioso caso do impostor do Titanic (Espasa).

#DígochoEu: Visitamos en Marín o cine en activo máis antigo de España cos amigos do Chan do Monte

Aproveitando unha visita ao cime máis antigo de España, falamos de termos cinematográficos!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? VIII

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Thomas Saint . A máquina de coser non se inventa da noite para a mañá. En 1755, en Londres, Charles Weinsthal patentou unha agulla par e en 1790 tamén patentou unha maquina coa que se furaba o coiro, con iso sentaban os principios da futura máquina de coser que non aparecería ata o ano 1830, cando o xastre Barthelemy Thimonnier, casado cunha bordadora,  inventa a máquina de coser funcional. Pero anos máis tarde descubriuse, na oficina de patentes, que en 1790 unha máquina de coser fora patentada por Thomas Saint, quen realmente sería o primeiro en usar unha patente comercial. Pero a ese dato non se chegou ata o ano 1874 (corenta e catro anos despois de que todo o mundo recoñecese a Thimonnier como o auténtico inventor).

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Quen inventou o teléfono?

- Alexander Graham Bell

- Antonio Meucci

- Sanuel Morse

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: valledeelda.com e es.wikipedia.org  Imaxes: contrado.es e es.wikipedia.org

A ORIXE DAS PALABRAS: A SEGURO LEVARONO PRESO



A frase orixinal foi A Segura levárano preso; ou sexa, leváronllo preso a Segura, en Xaén (Andalucía), no poblado de Segura, onde estaba o cárcere castelo medieval de Segura da Serra.

Nun principio, conta a historia, aloxábanse alí delincuentes comúns con condicións de vida e permanencia moi difíciles.

Tempo despois comezouse a utilizar como centro de detención de personaxes con certa alcurnia que cometeran delitos, quen, dada a súa posición social, gozaban de importantes privilexios, ademais de permanecer no lugar moito menos que o estipulado.

Pasado o tempo e como parte dun xogo de palabras, dada a similitude entre o nome do castelo e o adxectivo “seguro”, comezouse a utilizar esta locución da maneira que a coñecemos a seguro levárono preso, ou sexa, para implicar que ninguén está exento de que lle ocorra unha desgraza, sexa cal for a súa extracción.

FONTE: confilegal.com     Imaxe: Marco Antonio Losas, Flickr

Batalla de REIS: Loita entre leóns

Son os reis da SABANA e atópanse na cúspide dos grandes depredadores, as súas loitas son descarnizadas.

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? VII

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Joseph Aspdin. Este albanel inglés (1778-1855), patentou en 1824 un cemento que el mesmo producía, cemento que afirmaba era tan duro como a pedra de Portland. O que máis tarde se coñeceu como cemento Portland, era unha mestura de clinker moído obtido por calcinación entre 1350-1450 ◦C cunha certa adición de xeso. De calquera xeiro os otros dous nomes da pregunta (François Hennebique e William Wilkinson) tamén tiveron que ver, neste caso co denominado cementoarmado.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Quen inventou a máquina de coser?

- Thomas Saint

- Charles Weinsthal

- Barthelemy Thimonnier

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: Wikipedia.org    Imaxes: becosan.com/es e calicostura.webnode.es