Blogia

vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: SÓ O POBO SALVA AO POBO

Só o pobo salva ao pobo. Iste lema social escoitámolo por parte dos afectados pola DINA de Valencia. Pero sabes a súa orixe?

O poeta Antonio Machado Ruiz (Sevilla, 26 de xullo de 1875-Colliure, 22 de febreiro de 1939) enviou unha carta ao seu amigo o hispanista e novelista ruso David Vigodski na que lle narraba o 20 de febreiro de 1937 a situación no país durante a Guerra Civil e onde utilizaba esa frase que agora está na fala da xente.

Concretamente, a carta de Machado ao escritor xudeoruso centrábase na defensa da cidade de Madrid ante os fascistas, onde lle facía ver que era a poboación civil, sen goberno que se foi da capital, quen estaba defendendo como podía a cidade.

En España o mellor é o pobo. Por iso a heroica e abnegada defensa de Madrid, que asombrou ao mundo, a min conmóveme, pero non me sorprende. Sempre foi o mesmo. Nos transos duros, os señoritos invocan a patria e véndena; o pobo non a nomea sequera, pero a compra co seu sangue e a salva. En España, non hai modo de ser persoa ben nada sen amar ao pobo. A demofilia é entre nós un deber elementalísimo de gratitude”.

FONTE: Laura Martín Sanjuan/as.com      Imaxes: diariodeespaña-com e es.wikipedia.org

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXVI

Algo estará presente nesta Nadal nas nosas mesas!

SOPA DE LETRAS CLXVI

CENTOLA          CAMARÓN          BOI

LAGOSTA          PERCEBE            NAVALLA

AMEIXA            CIGALA              NÉCORA

VIEIRA             ZAMBURIÑA       BERBERECHO

OS 10 DESCUBRIMENTOS QUE CAMBIARON O MUNDO (V FIN)

Remato coa serie, adicada aos descubrimentos científicos que tiveron un impacto profundo en múltiples áreas da vida.

9.  A mecánica cuántica

- Descubrimento: Varios científicos, incluídos Max Planck, Niels Bohr e Werner Heisenberg (século XX) 

- Que é: A mecánica cuántica describe o comportamento de partículas subatómicas, onde rexen leis distintas ás da física clásica. 

- Influencia: Revolucionou a física, permitindo o desenvolvemento de tecnoloxías como os semiconductores, a computación cuántica e a criptografía cuántica. É fundamental para a tecnoloxía moderna e cambiou a nosa comprensión da materia e a enerxía.

 - Futuros avances: A computación cuántica podería revolucionar o procesamento de datos, permitindo cálculos a unha velocidade imposible para as computadoras clásicas.

10. A teoría celular

- Descubrimento: Matthias Schleiden e Theodor Schwann (1839)

- Que é: A teoría celular sostén que todos os organismos vivos están formados por células, e que a célula é a unidade básica da vida.

- Influencia: Foi un cambio de paradigma en bioloxía, e é a base para a comprensión da vida e de procesos como a reprodución celular e a bioloxía molecular. A teoría celular permitiu avances en medicina e biotecnoloxía.

- Futuros avances: A investigación en bioloxía celular segue sendo clave, especialmente en campos como a rexeneración celular e a medicina rexenerativa, que buscan tratamentos para enfermidades dexenerativas.

Fin!

Cada un destes descubrimentos non só cambiou o curso da ciencia, senón que tamén moldeou o noso mundo, abrindo portas a tecnoloxías e avances que aínda están en desenvolvemento. A exploración e o entendemento destes descubrimentos continúan en expansión, guiándonos cara a un futuro onde a ciencia segue sendo o eixo do progreso humano.

FONTE: Baltasar Pérez/quo.diario.es/ciencia   Imaxes: es.wikipedia.org e timetoast.com

#DígochoEu: En galego non podemos *prorratear

En galemos non temos *prorratear! Entón como se dirá cando reparten unha cantidade]de maneira proporcional?

#DígochoEu

Os suricatas non sempre foxen!

A pesar do que se poida pensar, cando un depredador atácalles, os suricatas non sempre foxen. 

(Suricata suricatta) é unha especie de mamífero carnívoro da familia Herpestidae que habita a rexión do deserto de Kalahari e o Namib en África.

National Geographic España

OS 10 DESCUBRIMENTOS QUE CAMBIARON O MUNDO (IV)

Continúo coa serie, adicada aos descubrimentos científicos que tiveron un impacto profundo en múltiples áreas da vida.

7. A teoría do Big Bang

- Descubrimento: Georges Lemaître (década de 1920) 

- Que é: A teoría do Big Bang propón que o universo comezou a expandirse desde un estado extremadamente quente e denso hai aproximadamente 13.8 mil millóns de anos. 

- Influencia: Esta teoría é a base da cosmología moderna, permitindo estudar a orixe e a evolución do universo. Influíu na física, a astronomía e a nosa comprensión do cosmos, e expuxo preguntas sobre a materia escura e a enerxía escura. 

- Futuros avances: Os telescopios e a tecnoloxía de observación, como o James Webb, poderían proporcionar datos que permitan revisar ou ampliar a teoría, especialmente sobre os primeiros momentos do universo.

8. As vacinas

- Descubrimento: Edward Jenner (1796)   

- Que é: Unha vacina é unha substancia que estimula o sistema inmunolóxico para producir defensas contra unha enfermidade sen causar a enfermidade mesma.   

- Influencia: As vacinas foron unha ferramenta esencial na loita contra enfermidades infecciosas, erradicando as vexigas e controlando enfermidades como o sarampelo e a poliomielitis.   

- Futuros avances: Co avance da biotecnoloxía, as vacinas de ARN mensaxeiro, como as desenvolvidas para COVID-19, abren novas posibilidades para combater enfermidades infecciosas e potencialmente enfermidades crónicas.

Continuará...

FONTE: Baltasar Pérez/quo.diario.es/ciencia   Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: En galego non hai *bultos

Ampliamos a lista de palabras que en galego se esbriben con v. En galego non temos *bulto!

#DígochoEu