#DígochoEu: Olliño con algúns editores de arquivos PDF! A ver se están feitos por #cibercarrachos
Coidado cos dos editores de arquivos PDF en liña! Os 😈 #cibercarrachos están sempre á última!
#DígochoEu
Coidado cos dos editores de arquivos PDF en liña! Os 😈 #cibercarrachos están sempre á última!
#DígochoEu
VERTICAIS: 1. Luanda 2. Xenreira 3. Republicano 5. Ouro 7. Turia.
HORIZONTAIS: 4. Demócrata 6. DINA 8. Ámbar 9. Arzúa 10. Titicaca.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Capital e principal cidade de Angola 2. Mala vontade ou mala disposición do ánimo en contra de algo ou alguén 3. Partido polo que se presentou Donald John Trump ás pasadas eleccións de EEUU do pasado día 5 e que resultou gañador 5. Elemento químico de número atómico 79, situado no grupo 11 da táboa periódica e de símbolo Au 7. Río que nace na Serra de Albarracín (Teruel) e que despois de percorrer 280 km desemboca no Mediterráneo, despois de atravesar cidade de Valencia.
HORIZONTAIS: 4. Partido polo que se presentou Kamala Devi Harris ás pasadas eleccións de EEUU do pasado día 5 que resultou perdedora nesa contenda 6. Sigla da depresión illada en niveis altos, tamén chamada gota fría 8. Resina fósil de cor amarela e translúcida que se emprega na fabricación de xoias e outros obxectos 9. Concello da provincia da Coruña, situado na comarca do mesmo nome, famoso polos seus queixos 10. Lago navegable máis alto do mundo, a unha altitude madia de 3.812 m.s.n.m..
Remato coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…
A contestación correcta pregunta de onte e última da serie é Nelson Piquet. O resto son todos chilenos. A saber…
Pablo Neruda (Ricardo Eliécer Neftalí Reyes Basoalto, 1904-1973), poeta e político chileno. premio Nobel de literatuira 1971.
Víctor Jara (1932- 1973), músico, cantautor, profesor, escritor e director de teatro chileno. Representante da música protesta, foi torturado e asasinado tralo golpe de Estado de 1973.
Alexis Sánchez (1988), futbolista chileno que xogou no FC Barcelona, Arsenal FC, Olimpique de Marsella... e que actualmente xoga como no Udinese Calcio da Serie A de Italia.
Nelson Piquet (1952), expiloto de automovilismo brasileiro. Obtivo tres campeonatos en 1981, 1983 e 1987, finalizado subcampeón en 1980 e terceiro en 1986 e 1990. Acadou 23 victorias, 60 podios e 24 pole positions, competindo para os equipos Brabham, Williams, Lotus Benetton.
E así remata esta serie, esperando que axudase a coñecer mellor a este país!
Ata a próxima serie!
FONTE e Imaxe es.wikipedia.org
Seguro que se buscas no RAG escombro levas unha sorpresa. Pero atención a explicación de Esther sobre esta palabra!
#DígochoEu
O achado podería abrir a porta a novos fármacos / Adobe Stock
Os químicos de Universidade de California (UCLA) descubriron un gran inconveniente cunha regra fundamental da química orgánica postulada hai xusto 100 anos e que se seguiu a machada durante todo este século. O problema: non é certa. De feito, están tan seguros que afirman que é hora de reescribir os libros de texto. O achado, que podería revolucionar a creación de fármacos nos próximos anos, acaba de publicarse na revista Science.
As moléculas orgánicas, compostas principalmente de carbono, caracterízanse por ter formas e disposicións de átomos específicas. As moléculas coñecidas como olefinas teñen ligazóns dobres, ou alquenos, entre dous átomos de carbono. Os átomos, e os que están unidos a eles, normalmente atópanse no mesmo plano 3D. As moléculas que se desvían desta xeometría son pouco comúns.
A xeometría coa que se dispoñen os átomos nunha molécula determina moitas das súas propiedades e, por tanto, a forma na que reaccionan con outras moléculas. Existen ligazóns químicas que, polas súas características, teñen unha disposición bastante ríxida. "Cando estas ligazóns atópanse en compostos cunha xeometría distorsionada poden dar lugar a especies altamente reactivas. Este é o caso das dobres ligazóns en determinadas disposicións de compostos cíclicos", explica ao SMC Héctor Busto Sancirián, profesor titular da área de Química Orgánica no departamento de Química, e membro do grupo de investigación Química Biolóxica da Universidade da Rioxa. A regra de Bredt (Observación empírica en química orgánica que sinala que unha ligazón dobre non pode estar situado na cabeceira de ponte dun sistema de aneis con ponte, salvo que os aneis sexan suficientemente grandes), que foi postulada en 1924 por Julius Bredt, descarta a existencia de compostos con estas determinadas disposicións. Como consecuencia, esta norma restrinxiu o tipo de moléculas sintéticas que os científicos poden imaxinar fabricar con elas e impediu posibles aplicacións do seu uso no descubrimento de fármacos.
A regra de Bredt (1924) e as olefinas anti-Bredt xeradas neste estudo / Resumo dos achados orixinais de Bredt de principios do século XX e o establecemento da regra de Bredt (esquerda). Exemplos de ABO sintetizados neste estudo, todos os cales foron validados mediante experimentos de captura (dereita, arriba). A transferencia de quiralidad puntual nun precursor a quiralidad puntual no produto mediante un intermedio quiral axial proporciona evidencia experimental da intermediación do ABO retorto [2.2.2] (dereita, abaixo). Metilo; DMF, N,N’-dimetilformamida; exceso enantiomérico / science.org
"A xente non está a explorar as olefinas anti-Bredt porque cren que non poden", di pola súa banda Neil Garg, profesor distinguido de Química e Bioquímica Kenneth N. Trueblood na UCLA e un dos autores do estudo. "Non deberiamos ter regras como estas, ou se as temos, só deberían existir co recordatorio constante de que son pautas, non regras. Destrúe a creatividade cando temos regras que supostamente non se poden superar".
O laboratorio de Garg tratou moléculas chamadas (pseudo) haluros de sililo cunha fonte de fluoruro para inducir unha reacción de eliminación que forma ABO. Debido a que os ABO son altamente inestables, incluíron outra substancia química que pode «atrapar» as moléculas ABO inestables e xerar produtos que se poden illar. A reacción resultante indicou que os ABO pódense xerar e atrapar para dar estruturas de valor práctico.
"Hai un gran impulso na industria farmacéutica para desenvolver reaccións químicas que dean estruturas tridimensionais como as nosas, porque poden usarse para descubrir novos medicamentos", dixo Garg. "O que demostra este estudo é que, contrariamente ao que se cría hai cen anos, os químicos poden fabricar e usar olefinas anti-Bredt para elaborar produtos con valor agregado".
Con todo, aínda falta para ver as súas aplicacións prácticas. Miquel Solà Puig, director e investigador do Instituto de Química Computacional e Catálisis da Universidade de Xirona, explica: "Este artigo mostra como crear moléculas que violan a regra de Bredt, o que permite aos químicos atopar formas prácticas de crealas e usalas en reaccións. Aínda así, as moléculas anti-Bredt que conseguen sintetizar son altamente reactivas e non se poden illar e caracterizar, o que demostra que son moléculas altamente inestables. Con todo, os investigadores conseguiron demostrar a súa existencia facéndoas reaccionar con outras moléculas. Neste sentido, cen anos despois da súa formulación, este traballo demostra que a regra de Bredt non é de aplicación xeral e abre unha vía para a síntese de alquenos altamente distorsionados que poden ter unha gran utilidade na síntese de estruturas moleculares de gran complexidade presentes en determinados fármacos".
FONTE: abc.es/ciencia
Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…
A contestación correcta pregunta de onte é Gabriel Boric Font. Nado en Punta Arenas o 11 de febreiro de 1986, exerce como Presidente da República de Chile dende o 11 de marzo de 2022. O presidente da República, que é o xefe de Estado e o xefe de goberno, segundo a Constitución, permanece no exercicio das súas funcións por un termo de 4 anos e non pode ser reelixido para o período seguinte, sendo quen designa aos ministros de Estado, quen é os seus colaboradores directos e inmediatos no goberno e administración do Estado e funcionarios da súa exclusiva confianza.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
13. Nesta lista de figuras importantes de Chile hai un gazapo. Localízao!
- Pablo Neruda
- Víctor Jara
- Alexis Sánchez
- Nelson Piquet
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
Sabes dende cando se leva usando a letra x en galego? E como evolucionou a súa pronuncia noutras linguas? Poucas letras hai máis xenuínas en galego!
#DígochoEu