Blogia

vgomez

Os Mundari: a etnia que me volveu tolo


Con máis de cinco millóns de seguidores e máis de catrocentos millóns de visualizacións, Rubén Díez, máis coñecido como Lethal Crysis, é un dos viaxeiros e creadores de contidos máis recoñecidos en España pola Xeración Z. A súa canle de Youtube é a xanela ao mundo onde percorre os lugares máis extremos e descoñecidos, como unha forma de traducir a diversidade cultural e tradicional á linguaxe documentalista.

No seu libro Un mundo de historias recolle algúns dos momentos extraordinarios que viviu este mozo viaxeiro e desvela costumes ou vivencias insólitos. "É difícil ser racista se viaxaches, porque todos estes prexuízos que tes sobre outras persoas e outras culturas, vánseche cando precisamente ti mesmo necesitas da axuda destas persoas porque estás nun lugar onde non hai hoteis, non hai restaurantes. Quen che vai a dar para comer? Onde dormes? Dependes plenamente de certas familias locais, da súa hospitalidade", reflexiona.

Lethal Crysis percorreu países en tempos de postguerra, zonas de temperaturas extremas, desde a tundra ao deserto, pasando pola selva e os océanos.

CANTO SABES DE CHILE? IV

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é 3. A saber…

Curiosamente a bandeira de Chile é idéntica á do estado de Texas (Estados Unidos)

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a maior illa do Chile insular?

- Chañaral

- Pascua

- Choros

- Santa María

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

TRES IDEAS PARA OS MEUS FILLOS

 

Victor Küppers é Doutor en Humanidades e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Profesor universitario e formador, Küppers é autor de libros de éxito como O efecto Actitude e Vivir unha vida con sentido. É un defensor absoluto do poder que ten a ‘actitude’ para desenvolver o máximo potencial das persoas: "Ti vales, os teus coñecementos, as túas habilidades e a túa actitude, pero a actitude multiplica”, explica.

Víctor Küppers reivindica a importancia de aprender a escoitar para coidar as relacións no mundo actual. Apaixonado pola psicoloxía positiva, o seu pensamento poderíase resumir nesta frase de Teresa de Calcuta: “Que ninguén se achegue a ti sen que ao irse síntase un pouco mellor e máis feliz”. Para Küppers esta é a definición dunha ‘persoa espectacular’.

#DígochoEu: En galego non *chequeamos

*Chequear é incorrecto en galego! Pero menear, si que nos meneamos!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CHILE? III

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é América, Oceanía e Antártica. En América temos o Chile continental e Chile insular (arquipiélago de Juan Fernández e as illas Desventuradas: San Félix e San Ambrosio). En Oceanía temos a illa Salas e Gómez e a illa de Pascua, xeográficamente ubicadas na Polinesia. Finalmente na Antártica temos unha zona, situada entre os meridianos 53°W e 90°W e entre os paralelos 60° e 90°S sobre a cal Chile reclama soberanía, quedando parcialmente superposto ás reclamacións arxentina e británica. Chile, ao ser asinante do Tratado Antártico,​ aceptou a suspensión dos reclamos de soberanía, sen renunciar a eles, e o establecemento dunha zona de conservación para o desenvolvemento científico. Como curiosidade, as costas de  Chile están bañadas por 3 océanos: Pacífico, Atlántico e Antártico.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a bandeira de Chile?

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

DICIONARIO RINOCERONTE

Ás veces non sabemos como se di unha palabra en galego ou se un termo está escrito correctamente. Para solventar isto existen recursos lingüísticos online que nos axundan á hora de traducir do castelán.

Rinoceronte Editora puxo á disposición da cidadanía un recurso en liña que fai esta función, o Dicionario castelán-galego que xa conta con máis de 30.000 termos.

Seguir a ligazón rinoceronte.gal/diccionario/ e introducir a palabra en castelán para atopar o equivalente en galego premendo a lupa para a procura.

Xa sabes outra ferramenta máis!

OS ÁTOMOS NON SON ASÍ

 

Que os átomos son así: ⚛️? NIN DE LONXE. A verdade é que a súa natureza cuántica dálles formas moito máis bonitas. Imos descubrilas!

FONTE: QuantumFracture

CANTO SABES DE CHILE? II

Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…

A contestación correcta pregunta de onte é 4.000 km. Exactamente 4.270 km de longo e con 6.435 km de costa. Tamén é un dos países máis angostos do mundo, cun ancho máximo de 445 km e un ancho mínimo de 90 km, sendo o seu ancho promedio de 180 km.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Tal como dixemos, Chile é un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Cales son?

- América, Oceanía e Antártica

- América, África e Oceanía

- América, Asia e Antártica

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e muyinteresante.com     Imaxes: es.wikipedia.org e mapas-del-mundo.net