Blogia

vgomez

CANTO SABES DE IRLANDA? VII

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é Carrauntoohil. É a montaña máis alta de Irlanda (1.039 metros), e sitúase no condado de Kerry, na República de Irlanda, no centro da cadea dos Macgillicuddy’s Reeks, da cal forma parte.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o río máis grande de Irlanda?

- Shannon

- Blackwater

- Barrow

- Bann

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e imaxes: es.wikipedia.org

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2024

John Hopfield e Geoffrey Hinton / xataka.com

O Premio Nobel de Física de 2024 foi outorgado a John Hopfield e Geoffrey Hintonpor descubrimentos fundacionais e invencións que habilitan a aprendizaxe automatizada con redes neurais artificiais”. O Comité do Nobel decidiu que o premio deste ano sexa para a física na que se fundamenta a intelixencia artificial.

John Joseph Hopfield (chicago, 1933) é máis coñecido polo seu estudo da rede neuronal asociativa en 1982. O modelo agora coñécese máis comunmente como rede Hopfield, aínda que o modelo foi conceptualizado antes do seu traballo.

Geoffrey Hinton (Wimbledon, 1947) este informático británico foi galardoado co Premio Turing en 2018 xunto con Yoshua Bengio e Yann LeCun polo seu traballo en aprendizaxe profunda.

Parabéns!

PREMIO NOBEL DE MEDICINA E FISIOLOXÍA 2024

Os biólogos Gary Ruvkun, á esquerda,ey Victor Ambros, á dereita / J. Touster and UMass via AP

Os biólogos estadounidenses Victor Ambros e Gary Ruvkun foron distinguidos co Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía 2024, segundo anunciou o Instituto Karolinska de Suecia, polo descubrimento do microARN e o seu papel na regulación xenética postranscripcional.

"O Premio Nobel deste ano honra a dous científicos polo seu descubrimento dun principio fundamental que rexe a regulación da actividade dos xenes", explica a Academia sueca.

Victor R. Ambros (Hanover, 1956) biólogo estadounidense coñecido por descubrir o primeiro microARN. Os seus descubrimentos relativos a miRNA valéronlle o Premio Albert Lasker en Investigación Médica Básica en 2012, xunto a Gary Ruvkun e David Baulcombe.

Gary Ruvkun (Berkeley, 1952) biólogo molecular estadounidense e profesor de xenética da Harvard Medical School en Boston.

Parabéns!

Descobren como se forman as engurras da pel, o cerebro, o estómago ou o intestino

Unhas mans marcadas polo paso dos anos / EM

Un equipo de investigación formado polo profesor Dong Sung Kim, a profesora Anna Le e o doutor Jaeseung Youn, do Departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Pohang (POSTECH), en Corea do sur, recreou con éxito a estrutura das engurras en tecidos biolóxicos in vitro e descubriron os mecanismos que subxacen á súa formación, desvelando así a súa "misteriosa" orixe, segundo publican na revista Nature Communications.

Ademais, desenvolveron unha plataforma de investigación sobre tecidos sen necesidade de experimentar con animais o que, segundo destacan os investigadores, podería ter amplas aplicacións tanto na medicina como na cosmética.

Aínda que as engurras adoitan asociarse ao envellecemento da pel, moitos órganos e tecidos, como o cerebro, o estómago e os intestinos, tamén presentan patróns de engurras propios. Estas estruturas desempeñan un papel crave na regulación dos estados celulares e a diferenciación, contribuíndo ás funcións fisiolóxicas de cada órgano.

Comprender como os tecidos biolóxicos pléganse e forman engurras é vital para entender a complexidade dos organismos vivos máis aló das preocupacións cosméticas. Este coñecemento pode ser fundamental para avanzar na investigación en áreas como o envellecemento da pel, as terapias regenerativas e a embrioloxía, resaltan os investigadores.

A pesar da importancia das estruturas biolóxicas das engurras, gran parte da investigación neste campo baseouse en modelos animais, como moscas da froita, ratos e pitos, debido ás limitacións para reproducir a formación de engurras in vitro. En consecuencia, descoñécense en gran medida os procesos detallados que subxacen á formación de engurras nos tecidos vivos.

O equipo do profesor Dong Sung Kim abordou esta limitación desenvolvendo un modelo de tecido epitelial composto unicamente por células epiteliales humanas e matriz extracelular (MEC). Combinando este modelo cun dispositivo capaz de aplicar forzas de compresión precisas, lograron recrear e observar in vitro estruturas engurradas que adoitan verse no intestino, a pel e outros tecidos in vivo. Este avance permitiulles, por primeira vez, reproducir tanto a deformación xerárquica dunha soa engurra profunda causada por unha forte forza de compresión como a formación de numerosas engurras pequenas baixo unha compresión máis lixeira.

Os investigadores tamén comprobaron que factores como a estrutura porosa da ECM subxacente, a deshidratación e a forza de compresión aplicada á capa epitelial son cruciais para o proceso de formación de engurras.

Os seus experimentos revelaron que as forzas de compresión que deforman a capa de células epiteliales provocan inestabilidade mecánica na capa de ECM, o que dá lugar á formación de engurras. Ademais, descubriron que a deshidratación da capa de ECM era un factor crave no proceso de formación de engurras. Estas observacións reflicten fielmente os efectos observados na pel envellecida, onde a deshidratación da capa de tecido subxacente provoca a aparición de engurras, o que proporciona un modelo mecanobiolóxico para comprender a formación de engurras.

"Desenvolvemos unha plataforma que pode reproducir diversas estruturas de engurras en tecido vivo sen necesidade de ensaios con animais, resalta o profesor Dong Sung Kim. Esta plataforma permite obter imaxes en tempo real e observar con detalle a formación de engurras a nivel celular e tisular, procesos difíciles de captar nos modelos animais tradicionais. Ten amplas aplicacións en campos como a embrioloxía, a enxeñería biomédica e a cosmética, entre outros", asegura.

FONTE: elmundo.es/ciencia

CANTO SABES DE IRLANDA? VI

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é 5 millóns. Exactamente 5.343.805 (2024).

 

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o punto máis alto de Irlanda?

- Lugnaquilla

- Mweelrea

- Carrauntoohil

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: european-union.europa.eu     Imaxes: es.wikipedia.org

A ORIXE DAS PALABRAS: BRILLAR POLA SÚA AUSENCIA

Na Roma antiga, cando un individuo falecía, era tradición exhibir os retratos de todos os seus antepasados diante da súa urna funeraria. Estes retratos, creados a partir de máscaras de cera dos parentes defuntos, servían como un tributo e unha forma de honrar a memoria daqueles que pasaran antes. Esta práctica tiña un profundo significado cultural e simbólico na sociedade romana da época.

Segundo o historiador latino Tácito, na súa obra Anais, relátase un evento particular que resalta a ausencia de dous individuos nunha cerimonia funeraria. Durante o funeral de Junia, viúva de Casio e irmá de Bruto, notables pola súa participación no asasinato de Xulio César, a ausencia das imaxes destes dous personaxes chamou a atención de todos os presentes. En lugar dos retratos dos «criminais», como os describe Tácito, «brillaba a súa ausencia» ante as demais imaxes dos antepasados.

Foi no século XVIII cando o poeta francés André de Chenier popularizou a expresión «brillar pola súa ausencia». A partir de entón, a frase integrouse na linguaxe común e utilízase para sinalar, ás veces con certo ton de ironía, a falta de alguén nun lugar onde se esperaría a súa presenza.

FONTE: sortem.es    Imaxe creada con IA representando un funeral da antigua Roma

CANTO SABES DE IRLANDA? V

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é 70.000 km2. A superficie da illa é de 84.421 km², dos cales un 83 % (aproximadamente cinco sextos) pertencen á República de Irlanda (70.273 km², dos que 68.883 km2 terra e 1.390 km2 auga), e o resto constitúen Irlanda do Norte (R.U.)

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a poboación, aproximada, de Irlanda?

- 4 millóns

- 5 millóns

- 6 millóns

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org            Imaxes: es.wikipedia.org e infogram.com/irlanda

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre 'presa' e 'présa'

Este til diacrítico de présa diferenza claramente de presa. Dous termos con significados moi diferentes!

#DígochoEu