Blogia

vgomez

CANTO SABES DE CAMERÚN? V

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é 450.000 km2. Exactamente 475.440 km2. Para que te fagas una idea a súa extensión é similar á de Turkmesistán con 488.100 km2 e preto da de España 505.944 km2. 

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é, aproximadamente, a poboación de Camerún? 

- 25 millóns

- 26 millóns

- 27 millóns

- 28 millóns

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: exteriores.gob.es e datosmacro.expansion.com   Imaxes: es.wikipedia.org e Kepseu/Xinhua/english.news.cn

SABÍAS QUE... COMO É PISIBLE ENVIAR UN EMAIS DENDE VIGO ANOVA YORK?

O fondo do mar parécese a unha autoestrada conxestionada por un tráfico frenético de datos. E é que debaixo das ondas hai unha intrincada rede de cables que conecta continentes enteiros, transmitindo a inmensa cantidade de información que flúe por internet cada segundo.

É certo que os satélites tamén transmiten datos, pero os cables submarinos teñen catro vantaxes: velocidade, latencia, capacidade e fiabilidade. A velocidade de transmisión de datos por fibra óptica submarina é moito maior que por satélite, o cal se traduce nunha experiencia de navegación web máis rápida e fluída.

A latencia, é dicir, o tempo que tarda un paquete de datos en ir dun punto a outro, é moito menor nos cables submarinos, un feito crucial para aplicacións en tempo real como poden ser as videochamadas ou os xogos en liña.

Os cables submarinos teñen unha capacidade de transmisión de datos enormemente superior á dos satélites, o que permite facer fronte ao crecente volume de datos que xeramos cada día.

Por último, pero non por iso menos importante, a fiabilidade. Os cables submarinos son moi resistentes e están deseñados para soportar as inclemencias do mar. Ademais, contan con sistemas de redundancia que garanten a continuidade do servizo en caso de avaría.

En esencia, un cable submarino é un groso cable de fibra óptica protexido por varias capas de materiais resistentes á corrosión e ás altas presións. A fibra óptica é un fío de vidro extremadamente fino polo que se transmiten pulsos de luz que representan os datos.



Evidentemente, a instalación dun cable submarino é unha operación complexa e custosa que require de buques especializados e equipos de alta precisión. Unha vez instalado, o cable entérrase no leito mariño para protexelo das áncoras dos barcos e doutros perigos.

Os cables submarinos son a columna vertebral da internet, e como tal, teñen un impacto directo na nosa vida diaria. Grazas a eles podemos realizar unha simple chamada telefónica, acceder á inmensa cantidade de información dispoñible na internet (desde noticias e redes sociais ata servizos de streaming e plataformas de aprendizaxe en liña), realizar compras en liña ou telemedicina.

A pesar da súa importancia, os cables submarinos non están exentos de ameazas. Algúns dos principais riscos aos que se enfrontan son as áncoras dos barcos, os terremotos, os ciberataques ou o cambio climático. E é que as áncoras dos barcos poden danar os cables submarinos, provocando interrupcións no servizo; os eventos naturais poden causar danos severos en zonas sísmicamente activas, son obxectivos potenciais de sabotaxe, xa que o seu corte podería ter graves consecuencias para a economía e a seguridade dun país. Ademais, o aumento do nivel do mar e os fenómenos meteorolóxicos extremos poden afectar a estabilidade dos cables submarinos.

A medida que as nosas necesidades de conectividade continúan medrano, a importancia dos cables submarinos seguirá aumentando. Nestes momentos está a traballarse no desenvolvemento de novas tecnoloxías para mellorar a capacidade, a velocidade e a seguridade destes sistemas.

Os novos cables submarinos utilizan tecnoloxías de fibra óptica máis avanzadas que permiten transmitir unha maior cantidade de datos. Están a desenvolverse sistemas de redundancia máis sofisticados para minimizar o impacto das interrupcións no servizo. Ademais, coa axuda da intelixencia artificial está a utilizarse para monitorizar e xestionar de forma máis eficiente as redes de cables submarinos.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia     Imaxes: abc.es/ciencia e movistar.es/blog

O CEO DO MES: SETEMBRO 2024

Lúa Chea de setembro: Lúa da Colleita / Banco imaxes Canva

3 de setembro: Lúa Nova

11 de setembro: Cuarto Crecente

18 de setembro: Lúa Chea. Superlúa da Colleita*.

24 de setembro: Cuarto Minguante

Chuvia de Meteoros: Nada reseñable.

* A lúa chea de setembro é tradicionalmente coñecida como a «lúa da colleita». Este nome provén das culturas agrícolas de Europa e América do Norte, onde a lúa chea que ocorre preto do equinoccio de outono (no hemisferio norte) proporciona luz adicional aos agricultores para colleitar os seus cultivos. É a lúa que marca o final do verán e o inicio da tempada de colleitas, un momento crucial para as comunidades agrícolas.

En diferentes culturas, a lúa da colleita ten distintos significados. Na cultura chinesa, esta lúa está asociada co Festival do Medio Outono, unha celebración que honra a colleita e a reunión familiar, e onde se observan a Lúa e as tradicións ancestrais con gran reverencia.

Nas culturas indíxenas americanas, a Lúa Chea de setembro tamén simboliza a abundancia e a gratitude polas colleitas.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXI

Algúns dos Estados dos Estados Unidos de América!

CANTO SABES DE CAMERÚN? IV

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Yaundé. Alcumada a "cidade dos sete outeiros", é a capital do Camerún desde 1922. Poboada por aproximadamente 2,5  millóns de habitantes (2023), é a segunda máis poboada do país, tras Douala, acollendocolle a maioría das institucións máis importantes do Camerún. Outro nome de Yaundé é Ongola. 

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

4. Cal é, aproximadamente, extensión de Camerún?   

- 400.000 km2

- 450.000 km2

- 550.000 km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: eswikipedia.org   Imaxes: himbatours.com e es.wikipedia.org

SOPA DE LETRAS CLXI

ALABAMA           OREGÓN          TEXAS

MONTANA          FLORIDA          IOWA

ALASCA              INDIANA          PENSILVANIA

NEVADA             VIRXINIA         CALIFORNIA

CANTO SABES DE CAMERÚN? III

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é c. A saber…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Camerún?

- Douala

- Yaundé

- Garua

- Bamenda

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Ándache Esther ben atoallada!

Atoallado é unha palabra correcta en galega, pero nada ten que ver con toalla!

#DígochoEu