Blogia

vgomez

Descuberta na Illa de Tambo unha especie de musgo única en Galicia

Rhynchostegiella tenella. Ese é o nome científico dunha especie de musgo que acaba de ser documentada por primeira vez en Galicia. Foi o botánico José Luis Caamaño quen a identificou na illa de Tambo, situada na ría de Pontevedra. Máis en detalle, trátase dun “musgo diminuto” con pólas de ata 3 milímetros e follas de ata 0,8 milímetros. “Forma tapices en lugares sombrizos e húmidos, como un veo de apariencia fantasmagórica en rochas ou paredes”, explican dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega); a entidade que promoveu en 2023 a elaboración dun inventario botánico da illa.

Ata o momento, Rhynchostegiella tenella nunca se identificara en Galicia. O lugar máis próximo é Asturias. Dentro da península ibérica tamén está presente na zona mediterránea e en Portugal continental, onde a observación máis próxima a Galicia é en Fátima, no Distrito de Santarem, situado no centro do país luso. No que respecta ás illas atlánticas, esta especie de musgo xa está documentada nos Azores e nas illas Canarias.

A descuberta realizada por Caamaño, tamén enxeñeiro industrial, entra dentro do labor de exploración da fauna briolóxica de Galicia, con especial interese nas illas. De feito, el tamén participou na elaboración do Inventario Botánico da Illa de Tambo. Este documento promovido por Adega contribuíu a aumentar o número de especies coñecidas ata as 237. O proxecto tamén se centrou nas especies invasoras xa detectadas nos distintos sectores da illa.

Segundo trasladan dende Adega, “esta nova descuberta incide na necesidade de exploración da biodiversidade de Galicia. Tamén, na necesaria conservación das áreas de maior interese, especialmente as ameazadas pola expansión do eucalipto”. A asociación ecoloxista tamén pon o foco “na urxencia en protexer a illa de Tambo e a súa contorna, obxecto dunha proposta de ENIL (Espazo Natural de Interese Local) pendente de se aprobar polo Concello de Poio e a Xunta”.

FONTE: gciencia.com/medioambiental     Imaxe: adega.gal e gl.wuikipedia.org

COMPLETADO: OUTRA DE MARISCO (FIN)

Aquí tes a solución do COMPLETADO do día pasado:

MARISCO 

NOME CIENTÍFICO 

Canarón

Palaemon serratus

Cigala

Nephrops norvegicus

Lagostino

Penaeus kerathurus

Ameixa

Amarilladesma mactroides

Ostra

Ostrae edulis

Berberecho

Cerastoderma edule

Ourizo

Paracentrotus lividus

Zamburiña

Chlamys varia

Santiaguiño

Scyllarus arctus

Longueirón

Ensis siliqua

Bueno, e xa está ben de marisco!

FONTE: RAG     Imaxe: cocinatis.com

#DígochoEu: Sufriches un ataque dos #cibercarrachos? 😈 Tranquilidade, que sempre hai unha axuda!

Atención como actuar se sufriche un ataque dos #cibercarrachos 😈!

Sempre denunciar: Garda Civil (062), Policia Nacional (091) ou Incibe (017).

#DígochoEu

CANTO SABES DE CAMERÚN? VII

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Camerún. Tamén chamado Fako e Mongo ma Ndemi ("monte da grandeza") é un volcán activo, sito na provincia do Suroeste no Camerún. A súa altura acada os 4.095 metros sobre o nivel do mar. É o cume máis elevado do país e da África Occidental subsahariana. 

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

7. Cal é o río mais grande que discorre intregramente por Camerún?

- Logone

- Benue

- Sanaga

- Nyong

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: fpopulationpyramid.net/es e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE CAMERÚN? VI

Continúo coa serie adicada a Camerún, ese país centroafricano que é como un África en miniatura dada a súa diversidade cultural e sobre todo orográfica: ten praia, deserto, selva, sabana e montaña.

A contestación correcta á pregunta de onte é 28 millóns. Exactamente 28.647.292 habitantes. A modo comparativo, ten una poboación similar á de Costa do Marfil (28.873.030) e  case a metade do noso país (48.692.804)

 

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o punto máis alto de Camerún?

- Monte Oku

- Monte Alantika

- Monte Camerún

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: fpopulationpyramid.net/es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre 'fora' e 'fóra'

Aquí tes o truco para diferenciar fóra e fora!

#DígochoEu

COMPLETADO: OUTRA DE MARISCO

Aquí tes a solución do COMPLETADO do día pasado:

MARISCO 

NOME CIENTÍFICO 

Centola

Maja squinado

Boi

Cancer pagurus

Percebe

Pollicipes cornucopia

Lagosta

Palinurus elephas

Vieira

Pecten maximus

Polbo

Octopus vulgaris

Mexillón

Mytilus galloprovimcialis

Nécora

Macropipus puber

Navalla

Ensis ensis

Lumbrigante

Homarus gammarus

E agora unha nova proposta de COMPLETADO:

MARISCO 

NOME CIENTÍFICO 

Canarón



Nephrops norvegicus

Lagostino

Penaeus kerathurus

Ameixa



Ostrae edulis

Berberecho


Ourizo



Chlamys varia

Santiaguiño

Scyllarus arctus


Ensis siliqua

Cigala                                          Palaemon serratus

Ostra                                           Amarilladesma mactroides

Zamburiña                                  Cerastoderma edule

Longueirón                                 Paracentrotus lividus

Mañá a solución e xa está ben de marisco!

FONTE: RAG        Imaxe: descubrirgalicia.wordpress.com

COMPLETADO: UNHA DE MARISCO

Aquí tes algúns dos mariscos galegos. Competa os cadros en branco coa propostas inferiores:

MARISCO

NOME CIENTÍFICO

Centola

 

 

Cancer pagurus

Percebe

Pollicipes cornucopia

Lagosta

 

 

Pecten maximus

Polbo

 

Mexillón

 

 

Macropipus puber

Navalla

Ensis ensis

 

Homarus gammarus

Boi                                              Maja squinado

Vieira                                          Mytilus galloprovimcialis

Nécora                                        Palinurus elephas

Lumbrigante                               Octopus vulgaris

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: RAG        Imaxe: directoalpaladar.com