Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO CLVII

VERTICAIS: 1. Estratovolcán potencialmente activo, situado no centro de Ecuador, pertencente á cordillera dos Andes, específicamente aos Andes setentrionais, cunha altitude de 6263,47 m s. n. m. 2. Candeeiro baixo que ten un pé en forma de prato e un mango ou asa 3. Seudónimo artistico do pintor coruñés José Eduardo Martínez González (1945-2016) 5. Capital federal de Somalia 7. Principal río de Australia cos seus 2375 km 9. Cabalo de raza pouco alzada.

HORIZONTAIS: 4. Elemento químico metálico de transición, de cor e brillo semellantes aos da prata, con símbolo V 6. Mamífero voador con ás formadas por unha membrana entre as extremidades superiores, as inferiores e a cola 8. Planta herbácea da familia das ciperáceas, de talos triangulares, follas serradas na marxe e flores en espiga, máis común en lugares húmidos e de nome científico Cyperus longus 10. Concello da provincia de Ourense, na comarca da Baixa Limia, onde se atopa a igrexa de Santa Maria A Real, de estilo barroco churrigueresco, cuxa construción estímase que terminou ao redor do ano 1739.

CANTO SABES DE TUNISIA XIV (FIN)

Remato coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie é dromedario. Ou camelo arábigo (Camelus dromedarius) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Camelidae. É similar ao camelo bactriano (coñecido vulgarmente como camelo), do que se diferencia pola súa pelaxe xeralmente máis curta, corpo menos robusto e presenza dunha xiba en lugar de dúas.

Como curiosidade, Tunisia ten unha ave oficial, o corredor sahariano, tamén chamado simplemente corredor ou corredeira, (Cursorius cursor), unha ave limícola da familia Glareolidae.

E así remato a serie, esperando que axudara a coñecer mellor este pais,

Ata a próxima serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE TUNISIA? XIII

Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.

A contestación correcta á pregunta de onte é 20 de marzo de 1956. Ese día, cada ano, celebrase o Día Nacional de Tunisia, tamén coñecido como Día da Independencia, sendo esta o resultado dunha longa loita e os esforzos de moitos nacionalistas tunisianos, incluído Habib Bourguiba, quen máis tarde se converteu no primeiro presidente de Tunisia. A loita pola independencia incluíu protestas pacíficas, folgas e organización política. O 20 de marzo de 1956, o goberno francés accedeu ás demandas de independencia de Tunisia tras negociar con Bourguiba. A bandeira de Tunisia izouse por primeira vez e Bourguiba pronunciou un discurso anunciando a independencia do país.



E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

13. Cal é o animal oficial de Tunisia?

- Xabaril

- Dromedario

- Hiena

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE:ambitointernacional.com e gl.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

SOBRE AS FONTES DESTE BLOG (V): PABLO MORA

Pablo Mora. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Sevilla e Máster en Dirección Estratéxica e Innovación. Experto en Comunicación e Divulgación da Ciencia con especialización en Xornalismo e Comunicación Científica. Traballou en varios medios de comunicación (Axencia SINC, O Ibérico, Diario de Xerez, ForoNoticias), así como na Unidade de Cultura Científica da Universidade de Cádiz.

Moitas grazas polo teu traballo!

#DígochoEu: Non digas *conlevar

*Concevar é incorrecto, pero cales son entón as alternativas?

#DígochoEu

CHEGA O VERÁN 2024

O verán de 2024 comezará oficialmente hoxe, o 20 de xuño, ás 22:51 hora peninsular oficial. Este momento, coñecido como o solsticio de verán, é cando a Terra alcanza o punto da súa órbita onde o Sol ten a súa máxima declinación cara ao norte.

É o día do solsticio de verán é o día con máis horas de luz do ano (15 horas e 27 minutos nas cidades do norte de España) debido á inclinación axial da Terra. A Terra vira sobre o seu eixo, que está inclinado uns 23.5 graos con respecto á súa órbita ao redor do Sol.

Durará esta estación, aproximadamente, 93 días e 16 horas, finalizando coa chegada do equinoccio de outono, previsto para o 22 de setembro, momento en que o día e a noite terán, aproximadamente, a mesma duración.

Bo verán a tod@s!

CANTO SABES DE TUNISIA? XII

Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes. A contestación correcta á pregunta de onte é 24. Tunisia atópase dividida en 24 provincias, a saber...
   

As provincias están divididas en 264 "delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats) e sectores (imadats).

E imos coa pregunta de hoxe

12. En que ano se independizou Tunisia de Francia?

- 20 de marzo de 1956

- 25 de xullo de 1957

- 1 de xuño de 1959

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org e ambitointernacional.cpm

#DígochoEu: Pódese dicir 'rabecha'?

Si que se pode!

#DígochoEu