Blogia

vgomez

#DígochoEu: Perexil ou pirixel?

Perexil ou perxel? Esa é a cuestión! Acláranolo Esther!

#DígochoEu

DESCOBREN UN CURMÁN DOS CROCODILOS DE HAI 200 MILLÓNS DE ANOS

DESCOBREN UN CURMÁN DOS CROCODILOS DE HAI 200 MILLÓNS DE ANOS

Os etosaurios, un grupo de réptiles fortemente armados similares aos crocodilos modernos, dominaron as paisaxes da era Triásica, moito antes do reinado dos dinosauros. Agora, os científicos identificaron unha nova especie de etosaurio chamada Garzapelta muelleri no condado de Garza, ao noroeste de Texas que se extinguiu Hai 200 millóns de anos.

Esta especie de réptil prehistórico devanceiro dos crocodilos, deixo fósiles esparexidos por todos os continentes excepto a Antártida e Australia, o que revela unha rica diversidade en formas nunha etapa na que a, pesar de que os dinosauros adoitan levar toda a gloria, os etosaurios estaban antes que eles e eran os reis da Terra. Os etosaurios gobernaron a Terra durante o Triásico tardío (hai 237 millóns a 201 millóns de anos).

Descobren un curmán dos crocodilos de hai 215 millóns de años / Márcio L. Castro

O novo estudo, publicado na revista The Anatomical Record e dirixido por investigadores da Universidade de Texas en Austin céntrase nunha armadura de aetosaurio que ten a maioría das súas partes principais intactas, algo non moi habitual no rexistro fósil. Concretamente, esta armadura, ou caparazón, está intacta aproximadamente nun 70% e esténdese desde o pescozo e os ombreiros ata a punta da cola.

Temos elementos desde a parte posterior do pescozo e a rexión dos ombreiros ata a punta da cola. Polo xeral, atópase material moi limitado”, explicou William Reyes, estudante de doutoramento na Escola de Geociencias de UT Jackson e líder da investigación.

Este enorme curmán dos crocodilos era unha criatura acoirazada con placas incrustadas na súa pel e púas curvas ao longo dos seus flancos. Estas bestas de extremidades robustas medraban ata 5 metros de longo e estaban cubertas por placas óseas chamadas osteodermos para a súa protección. Segundo os investigadores, eran auténticos "tanques do Triásico".

Co obxectivo de interpretar a evolución e taxonomía destes enormes parentes dos crocodilos, os investigadores tentaron recompilar información sobre a súa evolución converxente, onde trazos similares evolucionan de forma independente en diferentes especies.

A aparencia de Garzapelta, blindado con placas óseas e flanqueado por púas curvas para maior defensa, establecía paralelos cunha versión parecida a un armadillo, o que suxire unha dieta omnívora, en contraste coa natureza carnívora dos crocodilos actuais. Así, aínda que os crocodilos actuais son carnívoros, os científicos cren que os etosaurios eran principalmente omnívoros.

Pero, onde encaixaba este espécime a árbore xenealóxica dos etosaurios foi un desafío maior para os autores, xa que a combinación de placas óseas non se viu anteriormente. A maioría de etosaurios encaixan nun de dous grupos principais: Aetosaurinae e Stagonolepidoidea, pero non pasaba así con G. muelleri. Parecía metade armadillo, metade crocodilo.

Os seus fósiles atópanse dispersos por todos os continentes excepto a Antártida e Australia / Midjourney/Sarah Romero

Dependendo de en que parte da armadura os investigadores salientasen na súa análise, Garzapelta terminaría en lugares moi diferentes. Unha vez que os expertos determinaron que as púas evolucionaron de forma independente, foron capaces de establecer onde encaixaba mellor entre outras especies de aetosaurios. Era unha nova especie de etosaurio que se parecía bastante ao crocodilo americano actual pero moito máis blindado e grande.

"A converxencia dos osteodermos entre etosaurios emparentados lonxanamente observouse antes, pero o caparazón de Garzapelta muelleri é o mellor exemplo diso e mostra ata que punto pode ocorrer e os problemas que causa nas nosas análises filoxenéticos", apuntou Reyes.

Por que bautizalo como Garzapelta muelleri?. Este nome rende homenaxe ao condado de Garza, Texas, onde se realizou o descubrimento, e a Bill Mueller, o paleontólogo que o atopou. Por último, o termo “pelta” significa escudo en latín.

Con todo, como detectaron que as variacións na aparencia da armadura desta criatura poderían verse influenciadas por varios factores, incluída a idade e o sexo de cada animal, William Reyes está a examinar fósiles de etosaurios da colección da Escola Jackson, que foron descubertos predominantemente durante a década de 1940 a través de escavacións realizadas pola Works Progress Administration, para explorar esta posibilidade. Garzapelta, que se atopa nas coleccións de fósiles da Universidade Tecnolóxica de Texas, pasou décadas nun estante antes de chamar a atención deste paleontólogo. Haberá máis etosaurios como este escondidos nos rexistros?

O estudo subliña o valor das coleccións de universidades e museos como depósitos de coñecemento científico sen explotar, á espera de ser descuberto e analizado polos investigadores actuais.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

CANTO SABES DE COLOMBIA? VIII

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é, aproximadamente, 1 millón de km2. Exactamente 1.141.748 km2. Para que teñas unha referencia, España ten 505.944 km2, Francia ten 675.417 km2 e Venezuela ten 916.445 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a poboación, aproximada, de Colombia?

- 41 millóns

- 51 millóns

- 61 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com  Imaxe: mapfrappe.com e noticiascaracol.com

#DígochoEu: Esther está copa!

Quedastes copos ou que? Non digas *anonadada!

#DígochoEu

CANTO SABES DE COLOMBIA? VII

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México. 

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-Bogota, 2-Medellín, 3-Cali e 4-Barraquilla. A saber...

Bogota (Distrito capital-Departamento de Cundinamarca) con 8,035 millóns

Medellín (Departamento de Antioquía) con 2,62 millóns  

Cali (Departamento de Valle del Cauca) con 2,28 millóns 

Barranquilla (Departamento de Atlántico) con 1,33 millóns

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a extensión, aproximada, de Colombia?

- 500 mil km2

- 1 millón de km2

- 1,5 millóns de km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: gomezpinzon.com  e todacolombia.com

SABÍAS QUE... Como consegue o teu frigorífico crear un ‘microclima’ frío no seu interior?

O frigorífico converteuse nun elemento imprescindible nas cociñas modernas, non só pola súa capacidade para conservar os alimentos, senón tamén porque nos permite ter a man unha gran variedade de alimentos en calquera momento e facilítanos a planificación das comidas, aforrándonos tempo e diñeiro.

O seu funcionamento é complexo, pero baséase nun principio moi sinxelo: extraer calor do interior para manter unha temperatura constante inferior á do ambiente. Un sistema que, por certo, xa coñecían gregos e romanos, e que conseguían amontoando neve en buracos escavados no chan, que estaban illados con palla e ramas.

Basicamente, os refrixeradores teñen cinco compoñentes: o compresor, que é o motor que impulsa o ciclo de refrixeración; un condensador que disipa calor ao ambiente; unha válvula de expansión que reduce a presión e provoca a súa evaporación; o evaporador, que absorbe a calor do interior e, finalmente, o refrixerante, a substancia química que circula polo circuíto.

O ciclo de refrixeración comeza no compresor, que bombea un líquido a través dun circuíto pechado, de modo que a medida que o líquido avanza polo compresor, tanto a súa presión como a súa temperatura aumentan.

O refrixerante quente pasa a través do condensador (un serpentín situado na parte traseira do refrixerador) onde hai unha serie de tubos serpenteantes que liberan a calor ao ambiente. En Román paladino, o condensador encárgase de disipar a calor expulsada polo frigorífico.

A presión do líquido redúcese a medida que pasa a través da válvula de expansión, o que fai que o líquido se evapore e absorba calor do interior do refrixerador.

O refrixerante (un gas frío a baixa presión) circula a través do evaporador, unha especie de serpentín situado no interior do compartimento frigorífico que, ao absorber calor, arrefría os alimentos á temperatura adecuada. O evaporador dispón dun ventilador que axuda a distribuír o frío de maneira uniforme.

Finalmente, o refrixerante (quente e en estado gasoso) regresa ao compresor e comeza un novo ciclo, que se repite constantemente ata que o termostato dá unha orde de parada ao compresor, que é o momento no que o frigorífico alcanzou a temperatura desexada e o líquido deixa de fluír a través do sistema.

É moi importante que o gas refrixerante utilizado sexa un composto químico especializado, como o freón ou o R134a, xa que teñen propiedades de transferencia de calor moi eficientes, ademais de ser respectuosos co medio ambiente.

Aínda que o primeiro frigorífico eléctrico non se comercializou ata 1.913 da man da Fred W Wolf Company, este electrodoméstico xa contaba cunha longa traxectoria ás súas costas. Un dos primeiros fitos tivo lugar cando en 1.748 William Cullen, un científico escocés, descubriu o principio da refrixeración artificial, segundo o cal a rápida evaporación dun líquido a gas ten un efecto refrescante.

A pesar de todo, aínda pasarían máis de cincuenta anos antes de que un inventor estadounidense (Oliver Evans) patentase un sistema de refrixeración por compresión de vapor.

A mediados do século XIX, o Dr. John Gorrie utilizou o sistema de refrixeración mecánica para arrefriar as habitacións dos pacientes con febre amarela e baixar a súa temperatura corporal. Precisamente a partir deste refrixerante introduciuse nas industrias cervexeiras a refrixeración por compresión de vapor, que aínda se utiliza na actualidade.

FONTE: Isabella Isabella/24noticias.org

ALUGARÍAS UN AMIGO?

Alugou unha amiga, coñeceu a un home que vivía no seu coche para poder pagar os abrazos e tenta entender o mundo que nos rodea desde unha perspectiva pouco convencional. A visionaria Noreena Hertz afástase dos modelos tradicionais e estuda os aspectos máis humanos da economía a través de temas como a soidade, a toma de decisións ou a tecnoloxía.

Con tan só 19 anos se graduó en Filosofía e Ciencias Económicas no University College London. E con 23 xa asesoraba a gobernos e empresas. O seu compromiso coa xustiza social e a súa visión do futuro convertérona nun referente internacional e nunha voz indispensable nos debates sobre transformación social. É autora de lecturas fundamentais de economía actual como ‘O século da soidade’, ‘The silent takeover’ ou ‘Eyes wide open’. O seu traballo desafía as narrativas convencionais e examina non só os aspectos financeiros, senón tamén os impactos sociais, ambientais e éticos das políticas económicas. “Hai que afrontar o futuro con esperanza e se hai algo que podamos facer para facer do mundo un lugar mellor, para mellorar a vida das persoas que temos ao noso ao redor, para ser motores de cambio… non ten por que asustarnos e podemos seguir avanzando cara a el con paixón, confianza e imaxinación”, asegura Hertz.

#DígochoEu: Non digas que a praia das Catedrais é *rocosa!

Termos con *rocosa, rochosa, *catedrales.. acláranolo Esther dende a Praia das Catedrais!

#DígochoEu