Blogia

vgomez

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXLVIII

VERTICAIS: 1. Cibercarracho 3. Vilnius 5. Lumbrigante 6. Manómetro 7. Milei.

HORIZONTAIS: 2. Beldro 4. Haliacmón 8. Apalpador 9. Polarización 10. EPOC.

Máis cultura xeral!

CANTO SABES DE MARROCOS? XV (FIN)

Remato coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte, é ultima da serie, é A parte máis occidental do mundo árabe. Magreb (en árabe المغرب ao-Maġrib; en bereber, Tamazgha) é a adaptación ao español/galego dunha voz árabe que significa lugar por onde se pon o sol, o Poñente, a parte máis occidental do mundo árabe. Tamén coñecido como noroeste de África, o Magreb árabe é unha subrexión do norte de África que é efectivamente unha parte occidental do mundo árabe e é predominantemente musulmá. A rexión inclúe Alxeria, Libia, Mauritania (parte de África occidental), Marrocos e Tunes, que son todos os Estados membros da Unión do Magreb Árabe (UMA).

E así remato esta serie, esperando que servise para coñecer mellor este país!

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e msur.es

#DígochoEu: É correcto dicir ‘cabazo’?

Si é correcto, pero ten moitos máis significados!

#DígochoEu

#DígochoEu: Ollo coas cousas ‘chupadas’!

Como se di en galego algo que é fácil dunha maneira coloquial?

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CXLVIII

VERTICAIS: 1. Palabra do Ano 2023 en Galicia 3. Capital de Lituania 5 Crustáceo mariño da familia dos astácidos, semellante á lagosta pero con grandes pinzas no primeiro par de patas e cor violácea, que se pesca en zonas rochosas e é moi apreciado pola súa carne, que ten de nome científico Homarus gammarus 6. Instrumento que serve para medir a presión dun fluído 7. Apelido do economista, político e docente arxentino, actual presidente da Nación Arxentina desde o 10 de diciembre de 2023.

HORIZONTAIS: 2. Planta herbácea anual da familia das poligonáceas, frecuente nos lugares húmidos da maior parte de Galicia, con flores avermelladas e follas lanceoladas que adoitan levar unha mancha negra, tendo de nome científico Polygonum persicaria 4. Río grego, o máis longo do país, que discorre integramente polo mesmo con 297 km 8. Figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal en toda Galicia, que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar aos nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así esteas todo o ano" 9. Palabra do Ano para FundéuRAE 10. Enfermidade pulmonar obstrutiva crónica.

CANTO SABES DE MARROCOS? XIV

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é 3-León. É o símbolonacional animal de Marrocos, en concreto, o león do Atlas ou león de Berbería (Panthera leo leo), unha subespecie de león orixinaria do norte de África que hoxe se atopa extinta en liberdade. Aparece no escudo de Marrocos.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

14. Que é o Magreb?

- A parte máis oriental do mundo árabe

- A parte central do mundo árabe

- A parte máis occidental do mundo árabe

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE MARROCOS? XIII

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é 1975. O 16 de outubro de 1975 a Corte Internacional de Xustiza resolveu que no momento da súa colonización por España non era un territorio sen dono e determinouse que existían certos vínculos de subordinación e de dereitos sobre terras entre algunhas tribos que habitaban no Sahara Occidental e o Sultán de Marrocos, pero NON existínan vinculos de soberanía entre o o territorio do Sahara Occidental  e o Reino de Marrocos ou o complexo mauritano. A conclusión é que se debía celebrar o referendo. O Sultán de Marrocos, Hassan II, interprétao doutra forma. Queda con «existían certos vínculos de subordinación e de dereitos sobre terras entre algunhas tribos e o Sultán de Marrocos» pero esquécese de «NON existían vínculos de soberanía entre o territorio do Sahara Occidental e o Reino de Marrocos ou o complexo mauritano» e de «no momento da súa colonización por España non era un territorio sen dono» (os donos eran os saharauís). Segundo a súa versión, a Corte do Tribunal de Xustiza recoñeceu que o Sahara Occidental é marroquí desde «a noite dos tempos». O mesmo día, 16 de outubro de 1975, Hassan II convoca unha marcha para ocupar «o que é noso» (Marcha Verde). Parece ser que esta marcha estaba preparada moito antes de que resolvese a Corte Internacional de Xustiza e que foi apoiada ou financiada por EEUU debido a unhas desavinzas con España polas minas de fosfatos da zona. Tratan de forzar a España para negociar a entrega do Sahara Occidental. A Marcha Verde estaba composta por uns 350.000 marroquís que se dirixiron á fronteira do Sahara, zona que, previamente, o exército español minara e alambrara. Prodúcense momentos de tensa calma. Franco está nas últimas e o Réxime debilítase. Por unha banda, deféndese o referendo de autodeterminación en Nacións Unidas e, por outro, mantiña conversacións «secretas» (o 22 de outubro de 1975, o Ministro do Movemento, José Solís, entrevístase con Hassan II en Rabat) para negociar a entrega do Sahara Occidental. Cando Fernado Martínez Laínez levantou a lebre, os militares e os propios saharauís sentiron traizoados. O 2 de novembro, Don Juan Carlos visita O Aiún para tranquilizar tanto a militares como saharauís: «España sairá deste lance con honra» (?). O 6 de novembro iníciase a marcha. O Consello de Seguridade insta a Marrocos a deter a invasión, pero Hasán II sabe que conta co veto de EEUU e segue co seu plan. O 9 de novembro a Marcha Verde detense e o 14 de novembro asínanse os Acordos de Madrid polos que España cede a administración do Sahara á Yemaá Saharauí, Marrocos e Mauritania.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o símbolo animal nacional de Marrocos?

1-Fénec

2-Dromedario

3-León

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: historiasdelahistoria.com e es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *empalagar

Non hai alimentos *empalgosos, senón estoxadizos! Sabíalo?

#DígochoEu