Blogia

vgomez

NGC 1566: GALAXIA DO BAILRÍN ESPAÑOL

Galaxia do bailarín español: NGC 1566 / NASA

NGC 1566, popularmente coñecida como a galaxia do bailarín español, atópase a 60 millóns de anos luz de distancia da Terra na constelación do Dorado. É unha das galaxias máis espectaculares e especiais que podemos atopar no ceo, xa que se trata dunha galaxia espiral cuxos brazos xiratorios de estrelas parecen unha persoa bailando flamenco. Dicimos tamén que é unha das galaxias visualmente máis rechamantes porque, a diferenza doutros corpos celestes, NGC 1566 vese de fronte, o que fai que os seus brazos avultados e espirais sexan claramente visibles aquí na Terra (grazas a que se ve de fronte desde a perspectiva da nosa Vía Láctea).

Nesta galaxia habitan miles de millóns de estrelas e os dous elegantes brazos espirais desta galaxia esténdense ao longo de 100.000 anos luz, trazados por brillantes cúmulos de estrelas azuis, rexións rosadas de formación de estrelas e arremuiñados carrís de po cósmico. Cada arco dá media volta de principio a fin, asemellándose á forma en movemento dun bailarín, segundo un comunicado da Axencia Espacial Europea (ESA).

Esta galaxia espiral, tamén coñecida como LEDA 14897, ESO 157-20 ou RBS 534 ou NGC 1566, é membro do grupo de galaxias Dorado e foi descuberta polo astrónomo escocés James Dunlop o 28 de maio de 1826. "NGC 1566 é unha galaxia espiral debilmente barrada ou intermedia, o que significa que non ten unha estrutura en forma de barra claramente presente ou claramente ausente no seu centro", dixeron os astrónomos do Hubble. "A galaxia debe o seu alcume ás vívidas e dramáticas liñas arremuiñadas dos seus brazos espirais, que poderían evocar as formas e cores da forma en movemento dun bailarín".

FONTE: Srah Romero/muyinteresante.es

URANO VISTO POLO JAMES WEBB

Nunca antes tiveramos imaxes do planeta de xeo como as que captou o Telescopio Espacial James Webb, nin sequera cos primeiros planos tomados en xaneiro de 1986 pola sonda Voyager 2. O terceiro planeta máis grande do Sistema Solar, Urano,  foi observado polo Webb o pasado 4 de setembro e agora a NASA publicou as fotografías tras identificar en detalle todas as estruturas.

A foto principal foi tomada en condicións favorables: o eixo de rotación do planeta está inclinado 98 graos e neste período vira o seu polo norte cara ao Sol, polo que é coma se vísemolo desde arriba do polo. Pódense ver claramente once dos trece aneis que rodean o planeta, como os de Saturno, incluídos dous moi afastados e moi tenues, case invisibles en condicións normais. Ademais, pódense ver nove satélites orbitando o xigante gaseoso xeado en órbita baixa: desde a dereita (ás 2 en punto) Rosalind, Puck, Belinda, Desdemona, Cressida, Bianca, Portia, Juliet e Perdita.

Pero ao ampliar o campo de observación aparecen tamén os grandes satélites, coñecidos desde hai séculos: Oberon, Umbriel, Ariel, Miranda e o máis grande, Titania. Tamén se pode notar a nube que cobre o polo norte do planeta. Trátase dunha fotografía realmente extraordinaria que pechou un ano no que o telescopio James Webb proporcionounos imaxes impresionantes do Universo que están a cambiar a astronomía.

FONTE: Paolo Virtuani/elmundo.es/ciencia

CANTO SABES DE MARROCOS? XII

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é 1956.  España recoñeceu a independencia de Marrocos o 7 de abril de 1956. Despois de numerosos incidentes o ditador Francisco Franco convidaba a Mohammed V a Madrid para acordar o período de transición que seguiría ao fin da administración protectora de España. O acordo foi moi malo para España, recoñecíase a independencia do reino alauita sen ningún tipo de garantía e asegurando a soberanía das prazas de soberanía pero sen ningunha concreción territorial. As presións nacionalistas non acabaron e as tropas marroquís atacan a cidade española de Sidi Ifni. As tropas españolas son situadas, e despois dunha guerra con 300 mortos nunca declarada e case sen cobertura xornalística, o Goberno ordena arriar a bandeira en Ifni o 30 de xuño de 1969, sendo ocupada inmediatamente a cidade polo exército marroquí.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. En que ano se producíu a marcha verde (invasión marroquí do Sahara Español)?

- 1969

- 1975

- 1990

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: twitter.com/elOrdenMundial e historiasdelahistoria.com

#DígochoEu: Non digas *muérdago

Non digas *muérdago. O correcto é visgo. Pero que ese visgo?

#DígochoEu

TEORÍA DA FELICIDADE DE ALBERT EINSTEIN

O mozo viu abriu a porta á que acababa de chamar. Tras ela apareceu Albert Einstein co seu bigote enmarcando un sorriso. Corría o mes de novembro de 1922 e un dos maiores xenios da historia aloxábase no Hotel Imperial de Tokio. Einstein viaxou a Xapón con fins académicos, facía pouco que lle outorgaban o Premio Nobel de Física e foi recibido como unha celebridade no país. Un carteiro nipón acudiu ata a súa habitación para entregarlle un paquete.

Daquel breve encontro xurdiu unha “teoría”. Non era unha nova achega á ciencia, pero seguía sendo de gran utilidade para a humanidade. Einstein escribiu en 13 palabras a clave para ser feliz.

 Loxicamente, un xenio da talla de Einstein é capaz de condensar estas ideas nunha soa frase. Foi o que fixo en dúas notas escritas da súa propia man mentres se hospedaba naquel hotel de Tokio. Cando o carteiro xaponés presentouse ante a súa porta, Einstein quixo entregarlle unha propina. Descoñecemos se o científico non tiña unhas moedas a man nese momento ou foi o repartidor quen as rexeitou educadamente, en calquera caso, Einstein pagoulle "dalgunha maneira". A propina consistiu en dúas notas nas que Albert Einstein formulou a “teoría da felicidade”. Unha delas tiña impreso o logo do hotel e Einstein escribiu en alemán 13 palabras: “Stilles bescheidenes Leben gibt mehr Glueck als erfolgreiches Streben, verbunden mit bestaendiger Unruhe”. Que podería traducirse como:

Unha vida humilde e tranquila trae máis felicidade que a persecución do éxito e a constante inquietude que implica”.

Einstein entregoulle unha segunda nota ao mozo, tamén asinada, na que escribira que:

Onde hai vontade, hai un camiño”.

As notas foron conservadas con celo polo mozo xaponés que as recibiu de mans do flamante Nobel de Física e mantivéronse a recado ata tempos recentes. Como paradoxo, a pesar das claves de Einstein para alcanzar a felicidade afastadas do material, as notas foron poxadas por 1,5 millóns de dólares.

FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es     Imaxe: computerhoy.com

#DígochoEu: Cibercarracho, Palabra do Ano 2023 en galego

Moitas grazas por apoiardes esta palabra que inventamos para #CiberEsther, os vídeos sobre ciberseguridade do #DígochoEu!

#DígochoEu!

CANTO SABES DE MARROCOS? XI

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Dírham. O Dírham marroquí e a moeda oficial do Raino de Marrocos. O seu código ISO 4217 é MAD. Para facernos unha idea do seu lavor: 1 MAD = 0,091 EUR, ou 100 MAD = 9,11 EUR.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. En que ano prodúcese a independencia de Marrocos?

- 1936

- 1956

- 1957

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: cambiator.es e es.wikipedia.org/lavanguardia

CANTO SABES DE MARROCOS? X

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Islam. A relixión maioritaria é o islam sunita ʾAhlu-s-Sunnati wa-l-Jamāʿah (أهل السنة والجماعة‎). A saber…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a moeda oficial de Marrocos?

- Cedi

- Dinar

- Lofi

- Dírham

- Euro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org