Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? VIII

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Espritrompa. Poida que oíses falar da lingua das bolboretas. Trátase dun modo popular de referirse á espiritrompa dos lepidópteros, a cal consiste nun tubo longo que se enrola en espiral (de aí o seu nome) e que estes insectos despregan para alimentarse do néctar das flores.

E imos coa pregunta de hoxe!

Bolboreta Danaus plexippus

8. Unhas preguntas atrás diciámos que algunhas bolboretas poden vivir ata 8 ou 9 meses. Sabes de que especie de bolboreta se trata? Fíxate na imaxe!

- Bolboreta ás de paxaro da raíña Alexandra

- Bolboreta monarca

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: ISTOCK

HAI MOITA VIDA BAIXO A TOALLA

HAI MOITA VIDA BAIXO A TOALLA

Praia / Hobo_018/iStock

O período de vacacións na praia é unha boa oportunidade de atopar fauna moi diversa. Hai animais que poden observarse, con máis ou menos éxito, mentres se practica mergullo, no fondo da auga, semienterrados no limo ou camuflándos entre as rochas. E se miramos ao ceo desde a praia, veremos aparecer varias especies de aves, ás veces sorprendentemente atrevidas, que se achegan á xente.

Pero, á parte destes animais que recoñecemos a primeira ollada, a praia é un ecosistema con máis vida da que parece, e así como nos bosques ou praderías abunda a fauna escondida baixo o chan, na praia tamén hai animais que habitan entre os grans de area. Hai moita vida escondida baixo a toalla.


A meiofauna, diminutas criaturas intersticiales

A area da praia é un medio relativamente hostil para a vida. Hai moi pouca vexetación, polo que adoita estar a mercé dos elementos. O sol pode quentar a area a temperaturas inasumibles, e ao secarse, un simple refacho de vento pode destruír a contorna, desprazar a duna dun lugar a outro. A cambio, tamén conta con certas vantaxes. As partículas de chan son máis grandes que no limo ou na arxila, e en consecuencia, queda máis espazo aberto entre os grans polo que pode entrar máis auga, se o mar está preto, doutra banda, as cámaras de aire serven como illante térmico, de modo que a calor do sol non chega máis aló duns poucos centímetros de profundidade.

Neste medio viven abundantes criaturas que reciben o nome de intersticiais —habitantes dos intersticios—. A maioría destas criaturas son tan diminutas, que non son visibles nun microscopio. A estas criaturas, que teñen entre 50 e 500 micras de tamaño, denomínallas meiofauna.

 

Rotíferos / NNehring/iStock

Entre os grans de area atópanse animais realmente estraños, como os rotíferos; un grupo de animais, que comprende ao redor de 2.200 especies, e que adoitan habitar contornas moi hidratados; hai especies adaptadas á auga doce e á salgada. Aliméntanse de organismos unicelulares, como bacterias ou protistas, que succionan pola boca grazas ao denominado órgano rotador, que dá nome ao grupo. Este órgano componse dun par de bulbos, que enmarcan a boca, que presentan abundantes cilios que se moven concéntricamente, dando a aparencia de rotación.

Outros organismos moi parecidos aos rotíferos, pero sen o órgano rotador, son os gastrotricos. En lugar da característica coroa ciliada, estes dispoñen de púas e espiñas defensivas.

E por suposto, tamén se poden atopar os archiconocidos tardígrados, chamados coloquialmente ‘osiños de auga’, unha das formas de vida máis resistentes que se coñecen.

Entre os intersticios da area tamén abundan os vermes de distintos grupos, entre os que destacan os platelmintos (e non o de sempre), os nematodos e os poliquetos. Algunhas especies de poliquetos superan o tamaño considerado para a meiofauna. Estes adoitan construír un tubo, a partir de secreciones da pel, que aglutina os grans de area e outros restos da contorna. No tubo viven a refuxio, e sacan a cabeza polo extremo, cuns apéndices moi rechamantes nalgunhas especies.

 

Pulga de praia / marcouliana/iStock

Crustáceos da area

Enterrados na area viven moitos crustáceos. Aínda que a imaxe mental deste grupo é a dun cangrexo —e si, hai cangrexos que se esconden baixo a area, como os cangrexos violinistas—, o certo é que se trata dun dos grupos de seres vivos con maior diversidade da fauna.

Existe un grupo de crustáceos diminutos, que viven nos intersticios xunto a tardígrados e rotíferos: os copépodos, un dos grupos máis abundantes de seres vivos, que viven en augas doces e salgadas. Aliméntanse de algas, microorganismos e materia orgánica en descomposición.

Aínda que na praia, probablemente os crustáceos máis coñecidos son as chamadas pulgas de praia (Talitrus saltator). A pesar do seu nome, non son insectos; forman parte do grupo dos anfípodos, pequenos crustáceos que lembran a unha gamba. Escavan galerías na area, alimentándose de algas e restos orgánicos, e cando saen ao exterior, poden dar grandes saltos para fuxir do perigo. Son animais inofensivos.


Navalla (Ensis siliqua) /es.wikipedia.org

Os moluscos, os máis coñecidos

Entre toda a fauna que se esconde na area da praia, os moluscos son, seguramente, os máis fáciles de atopar e recoñecer. Moitas especies de bivalvos escavan refuxios na area.

Unha das máis populares é a navalla, tamén coñecida como longueirón (Ensis siliqua); as súas cunchas alongadas lembran ao mango dunha navalla. Ten un pé extensible que lle axuda a introducirse na area, verticalmente, a unha velocidade asombrosa. Outros bivalvos comúns na area son a ameixa (familia Veneridae), o berberecho e as cadeluchas (Donax trunculus).

FONTE: Álvaro Bayón/muyinteresante.es/naturaleza

#DígochoEu: Como é? 'Piscina' ou 'pía'?

 

A palabra pía ten moitos significados pero nunca é sinónimo de piscina.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? VII

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Do néctar das flores. Efectivamente as bolboretas aliméntanse libando néctar ou algunha outra variación de sustento líquido que extraen das flores. De feito, as bolboretas presentan unha dieta exclusivamente líquida. Existe unha excepción, e é a das bolboretas da familia Micropterigidae: estas son as únicas que poden masticar e aliméntanse de pole e esporas de fungos. Por outra banda algunhas especies de bolboretas cuxo ciclo de vida é moi curto tan sequera aliméntanse, se non que dedican toda a súa enerxía a reprodución ata que caen extenuadas.

E imos coa pregunta de hoxe!

Órgano bucal dunha bolboreta

7. E a razón da súa alimentación, a pregunta é obrigada sabes como se chama o órgano bucal das bolboretas?

- Espiritrompa

- Aspiribóscide

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: es.wiktionary.org

ASÍ É O MOSQUITO TIGRE

Un exemplar de mosquito tigre / Wikimedia

A chegada do mosquito tigre (Aedes albopictus) a Galicia xa non é unha hipótese nin un prognóstico: é unha confirmación. Os primeiros exemplares desta especie procedente do sudeste asiático, pero asentada no levante peninsular dende hai dúas décadas, apareceron en Moaña. O primeiro aviso deuno un veciño a través da aplicación Mosquito Alert, que controla a distribución destes insectos por todo o territorio español. A Xunta, a través da súa Rede de Vixilancia de Vectores (Regavivec), confirmou a información o 9 de agosto: era a primeira vez que se detectaba mosquito tigre en Galicia. Tan só uns días despois, constátase a presenza de dous exemplares en Vigo.

Como podes identificalo?

O Aedes albopictus recibe o nome de mosquito tigre polas raias brancas que riscan o seu corpo pequeno e negro. Máis en concreto, é fácil identificalo se ollamos unha liña clara na porte posterior da cabeza e do tórax e as patas riscadas, cun aspecto semellante ao dunha cebra. Ademais, o mosquito tigre é de pequeno tamaño e non supera os 9 milímetros de lonxitude, segundo informan dende Mosquito Alert.

Ademais das súas características físicas, e da súa cor recoñecible, a principal diferenza con outras especies de mosquitos, como pode ser o común (Culex pipiens), son os seus hábitos. Mentres que o Aedes albopictus é madrugador, cun pico de actividade a primeira hora de tarde e antes do anoitecer, os comúns son de hábitos nocturnos. Por iso, é máis probable que un mosquito tigre pique durante o día e na cidade, dado que tamén é unha especie principalmente urbana, segundo engaden dende a Xunta.

Que enfermidades transmite?

Segundo explican dende Mosquito Alert, o Aedes albopictus é capaz de infectarse ata con 22 virus diferentes. As principais enfermidades que pode transmitir son o dengue, o zika, o chikungunya e a febre amarela, pero demostrouse que tamén pode contaxiar a febre do val do Rift, o virus da encefalite xaponesa e o virus do Nilo Occidental. De todos modos, os expertos instan á calma e recordan que non se constatou a presenza destes patóxenos en Galicia. En España, a transmisión destas enfermidades foi mínima e de maneira xeral relacionáronse con persoas que contraeron o virus no estranxeiro. 

Amais das enfermidades que poida transmitir directamente aos humanos, dende Mosquito Alert salientan que pica a unha ampla variedade de animais, sobre todo mamíferos. E isto incrementa o risco de que se transmitan patóxenos de animais a humanos e viceversa. Por exemplo, o mosquito tigre contaxia a dirofilariase canina, tamén coñecida como “verme do corazón”. É un parasito que afecta sobre todo a cans e, aínda que se pode transmitir a humanos, as probabilidades son moi baixas.

Como son as picaduras e como evitalas?

As picaduras do mosquito tigre, segundo apuntan os expertos de Regavivec, poden ser moi molestas. O que o diferenza doutras especies é que pode picar varias veces nunha única comida, polo que un só exemplar pode provocar varias ronchas. Ademais, como o mosquito tigre voa baixo é habitual que pique nas pernas e non nos brazos. De feito, pode chegar a picar nos nocellos, dado que é capaz de perforar os calcetíns, non así con vaqueiros nin roupa grosa. Ademais, senten atracción pola escuridade e a cor negra, polo que non se recomenda vestir con estas cores nas zonas afectadas.

Así mesmo, dende a Xunta aconsellan aplicar repelentes e insecticidas, empregar mosquiteiros nas ventás e usar roupa que cubra a pel, dado que non adoitan picar no exterior das vivendas. Finalmente, aos mosquitos atráenos a suor e os olores fortes, polo que é conveniente manter unha boa hixiene persoal.

Que facer se che pica?

As picaduras do mosquito tigre provocan pel avermellada, picor e lixeiros cambios dermatolóxicos na zona afectada, sefundo informan dende o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) de Madrid. Dende a Xunta engaden que son “moi molestas, poden ser dolorosas e ocasionar unha reacción alérxica”. De feito, a picadura pode causar prurito e ronchas. O mellor é evitar rascar a picadura, lavala con auga e xabón e usar xeo para reducir a inflamación. E no caso de atoparse mal, acudir aos servizos de saúde.

FONTE: gciencia.com/medioambiental

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXVII

VERTICAIS: 1. APÍA 2. CADELUCHA 3. ARGONAUTA 7. SUBIOTE 8. ROXÓN 9. BORO.

HORIZONTAIS: 4. MIRABELEIRO 5. BUBELA 6. ZAS 10. TRAMONTANA.

Maís cultura xeral!

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? VI

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é De 3 a 4 semanas. A verdade é que a vida dunha bolboreta adulta pode variar enormemente dependendo da especie ou mesmo da época do ano en que o imago salga do estadio de crisálide ou pupa, pero en termo medio acéptase que unha bolboreta pode vivir entre 3 e 4 semanas. Algunhas das especies máis pequenas viven ao redor dunha semana, algunhas mesmo só 24 horas. Outras poucas, en cambio, poden vivir durante 8 ou 9 meses.

E imos coa pregunta de hoxe!

Bolboreta Pontia daplidice

6. Durante este tempo precioso en que son adultas, é dicir, durante a súa fase de imago, as bolboretas só contan con dúas tarefas que cumprir: alimentarse e reproducirse Saberías dicir de que se alimentan as bolboretas?

- De ácaros diminutos

- Do pole das flores

- Do néctar das flores

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: #CiberEsther (Ollo co séxting!)

 

Sabes o que é o séxting? E o perigosos que pode ser? Atende aos consellos de #CiberEsther!

#DígochoEu