O NÚCLEO INTERNO DA TERRA NON É HOMOXÉNEO

O núcleo da Terra "é como un planeta dentro doutro planeta coa súa propia rotación"
O centro da Terra é unha bóla de metal sólido que permite a existencia do campo magnético terrestre que nos protexe. Como se formou, medrou e evolucionou este lugar segue sendo un misterio pero un novo estudo, baseado en datos sísmicos, desvelou algúns datos curiosos.
A esfera metálica do centro da Terra é esencial para o planeta xa que xera o campo magnético que permite a vida tal e como a coñecemos. Sen a súa protección, a superficie planetaria veríase bombardeada por radiacións e ventos solares que arrasarían a atmosfera e farían inhabitable a Terra.
Agora, tras estudar o interior planetario coa axuda de sismógrafos, científicos da Universidade de Utah revelaron que esta esfera metálica, de 2.442 quilómetros de diámetro (menos do 1% do volume da Terra), non é unha masa homoxénea senón que está formado por diferentes "texturas".
A investigación, feita por Guanning Pang mentres realizaba o doutoramento na Universidade de Utah, permitiu confirmar por primeira vez que esta heteroxeneidade "está en todas partes dentro do núcleo interno terrestre", dixo Pang, agora investigador na Universidade de Cornell (Nova York).
O estudo, cuxos detalles publicárinse na revista Nature, levou a cabo cos datos do Sistema Internacional de Vixilancia (SIV), unha rede global de redes sísmicas creada en 1996 por Nacións Unidas para detectar explosións nucleares.
Aínda que o seu obxectivo é facer cumprir a prohibición internacional das detonacións nucleares, esta rede foi de gran axuda para os científicos e axudou a desvelar moitos datos sobre o que ocorre no centro da Terra, os océanos e a atmosfera
O núcleo da Terra, que mide uns 6.000 quilómetros de diámetro, está composto principalmente de ferro e algo de níquel, xunto con outros elementos. O núcleo externo permanece líquido e envolve ao núcleo interno sólido.
"É como un planeta dentro doutro planeta que ten a súa propia rotación e está desacoplado por este gran océano de ferro fundido", explicou Keith Koper, sismólogo da Universidade de Utah que revisou o estudo de Pang.
O equipo examinou os datos sísmicos rexistrados por 20 conxuntos de sismómetros colocados en todo o mundo, incluídos dous na Antártida.
Pang analizou as ondas sísmicas de 2.455 terremotos, de magnitude superior a 5.7 porque a forma en que estas ondas rebotan no núcleo interno, axuda a cartografar a súa estrutura interna.
Nalgún momento da historia da Terra, o núcleo interno comezou a solidificarse baixo as intensas presións existentes no centro do planeta.
Descoñécese cando comezou ese proceso, pero o equipo de Utah obtivo importantes pistas a partir dos datos sísmicos, que revelaron un efecto de dispersión asociado ás ondas que penetraron ata o interior do núcleo.
"O noso maior descubrimento é que a falta de homoxeneidade tende a ser maior a maior profundidade. Cara ao centro da Terra tende a ser máis forte", explicou Pang.
"Cremos que este tecido está relacionado coa velocidade de crecemento do núcleo interno. Hai moito tempo, o núcleo interno medraba moi rápido. Alcanzou un equilibrio e logo empezou a medrar moito máis amodo", pero "non todo o ferro se solidificou, polo que parte do ferro líquido puido quedar atrapado no interior", concluíu Koper.
FONTE: eleconomista.net/tendencias
CANTO SABES DE ALEMAÑA? XV
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é 9 de novembro de 1989. A caída do Muro de Berlín foi unha revolta popular producida na capital de Alemaña Oriental, Berlín Oriental, o 9 de novembro de 1989, como consecuencia da cal quedaron derrubadas as fortificacións defensivas deses países que separaban os sectores estadounidense, británico e francés de ocupación de Berlín Oriental do sector soviético de ocupación de Berlín Occidental, xunto á fronteira aberta de facto. Iso foi un acontecemento transcendente na historia mundial que marcou o fin do Pano de aceiro. A caída da fronteira de Alemaña Oriental con Alemaña Occidental tivo lugar poucas horas despois. Este feito puxo punto final á Guerra Fría, o que foi proclamado no Cume de Malta tres semanas máis tarde, e deu lugar á reunificación de ambas as Alemanias menos de 11 meses despois.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Hoxe a moeda oficial de Alemaña é o Euro (€), pero cal era a moeda oficial ata o 1 de xameiro de 1.999?
- Florín
- Marco
- Corona
- Franco
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: marca.com/blogs e jesusvico.com/es
SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXXIV
Localidades do País Vasco!
SOPA DE LETRAS CXXIV
HONDARRIBIA LEQUEITIO BERMEO
GUETARIA BILBAO TOLOSA
ZUMAIA MOTRICO OÑATE
GETXO ZARAUZ PLENCIA
CINE: AS GARDIÁS DO PLANETA

Esta fin de semana chega aos cines o documental As gardiás do planeta, inspirado no bestseller de Heathcote William, ’Les Gardiennes de la planète’. Esta é a súa ficha técnica:
Título orixinal: Les Gardiennes de la planète
País: Francia
Ano: 2023
Duración: 82 min
Xénero: Documental
Dirección: Jean-Albert Lièvre
Guión: Jean-Albert Lièvre
Produtora: Bien Sûr Productions e Le Collectif 64
Sinopse: Unha balea xibardo queda varada nunha remota praia. Durante a loita por salvar a súa vida, descubriremos a historia destas extraordinarias criaturas, habitantes dos océanos do mundo. lévanos a descubrir os territorios inexplorados e a sociedade escasamente coñecida das baleas, coas súas notables habilidades e as súas vidas sociais incriblemente ricas e complexas.
Unha película sobre a vida en toda a súa diversidade, sobre o lugar do home na Terra e a necesidade vital de cooperación entre as especies que comparten o noso planeta.
Espectacular!
#DígochoEu: Non digas *inxenio
CANTO SABES DE ALEMAÑA? XIII
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Invasión de Polonia. Esta acción militar da Alemaña nazi foi encamiñada a anexionarse o territorio polaco. A operación técnica, coñecida como «Caso Blanco» iniciouse o 1 de setembro de 1939 e as últimas unidades do exército polaco rendéronse o 6 de outubro dese mesmo ano. Foi o detonante da Segunda Guerra Mundial en Europa e acabou coa Segunda República Polaca.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Tal como dixemos, a Segunda Guerrra Mundial comezou dos días despois da invasión de Polonia (1 de setembro de 1939), pero cando rematou?
- 2 de setembro de 1942
- 2 de setembro de 1943
- 2 de setembro de 1944
- 2 de setembro de 1945
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe:EFE/elmundo.es e Reuters/V. Jorgensen/US Navy/dv.com