Blogia

vgomez

LETRAS GALEGAS 2024

O pleno da Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-2004), cadrando co vixésimo aniversario do seu pasamento. Creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90, o 17 de maio de Luísa Villata será unha ocasión excepcional par reivindicala en toda a súa amplitude como a intelectual que foi. A autora coruñesa foi unha escritora para facernos pensar o mundo contemporáneo, a través dunha obra marcada polo pensamento apaixonado, a procura do rigor e tamén a exploración estilística. O cruzamento entre a poesía e a música é outro dos trazos definitorios dunha autora recoñecida sobre todo como poeta, pero que tamén cultivou con talento o teatro, a narrativa de ficción, o ensaio, o articulismo e a tradución.

Fonte: RAG     Imaxe: elcorreogallego.es

SABÍAS QUE... POR QUE AS ABELLAS MORREN DESPOIS DA PICADURA?

Unha abella pica a unha persoa nun dedo / Adobe Stock

Os escorpións, abellas, avespas, formigas, escaravellos, medusas, raias e peixes araña teñen en común a existencia dun aguillón na súa anatomía. É un órgano ou parte do corpo punzante que é utilizado para capturar presas ou como método de defensa.

A maioría dos animais son agresivos cando senten unha ameaza e as abellas non son unha excepción. Trátase de animais sociais que teñen unha complexa estrutura e que son enormemente territoriais e protectores. Cando deciden lanzarse a picar é porque senten unha ameaza a nivel do seu espazo, colonia ou crías, en caso contrario nunca atacarían.

O aguillón das abellas está comunicado coas glándulas de veleno e co intestino, e cando o cravan fai un efecto anzol (púas que se enganchan na pel). No caso de que piquen a un Homo sapiens a unión é irreversible, de forma que non poden sacalo e acaba desprendéndose do corpo, provocando a morte da abella.

Agora ben, a abella non morre de forma instantánea, todos vimos ás abellas voar tras unha picadura. A morte chega horas despois, debido á perda de fluídos e ao fracaso dos órganos internos.

A función primixenia do aguillón das abellas era depositar ovos (ovipositor), con todo, a evolución terminoulle outorgando unha finalidade defensiva. Isto explicaría por que as abellas obreiras morren cando pican, un feito que non sucede coas abellas reina, onde o aguillón ten outra funcionalidade.

O aguillón das abellas reina úsase, por unha banda, para mostrar a súa supremacía dentro da colonia e, por outro, para colocar os ovos no fondo das celas.

Outra cuestión que merece a pena destacar é que as abellas non morren cando pican a outros insectos, xa que o aguillón é capaz de perforar o exoesqueleto destes animais, que é relativamente delgado, e poder extraelo a continuación sen sufrir danos.

Coa picadura depositan un veleno chamado apitoxina, unha substancia moi complexa formada en parte por ácido fórmico e proteínas, fundamentalmente polo polipéptido citotóxico melitina.

A apitoxina produce morte celular, tras destruír as membranas celulares, á vez que sobreestimula os receptores da dor, de forma que a percepción que temos é que se produciu un dano maior ao que realmente se inflixiu.

Ata o momento fixemos referencia ás abellas obreiras e á raíña, pero que sucede cos zánganos? As abellas macho dunha colmea, que se desenvolven en celas máis grandes que as obreiras, proceden de ovos sen fecundar (partenoxénese), polo que teñen a metade de cromosomas que as femias. Pola súa banda, as abellas obreiras son diploides, porque son o froito da unión entre un óvulo e un espermatozoide.

A fecundación da abella reina prodúcese durante o voo nupcial ou de fecundación, que repite entre dúas e cinco ocasións. Tras a cópula o zángano morre, dado que se desprende o seu aparello xenital. Entre as características anatómicas dos zánganos destaca a ausencia de aguillón, polo que este tipo de abellas tampouco nos pica.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

CANTO SABES DE ALEMAÑA? XIV

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2 de setembro de 1945. Este conflito armado a escala mundial involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto, no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Tras a Segunda Guerra Mundial, cando a Alemaña nazi foi derrotada polos aliados, Alemaña foi dividida en dous Estados separados ao longo das liñas de ocupación aliada en 1949; os Estados resultantes foron a República Federal de Alemaña e a República Democrática Alemá separadas por un “muro”. Cando “caeu” este muro?

- 9 de novembro de 1987

- 9 de novembro de 1988

- 9 de novembro de 1989

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: aishlatino.com e es.wikipedia.org 

#DígochoEu: #CiberEsther (Non digas *hacker)

 

En galego temos unha palabra específica para referírmonos aos hackers. Atende ben a CiberEsther, que igual levas unha sorpresa co significado!

#DígochoEu

 

A INTELIXENCIA ARTICIAL NECESITA PERFÍS DE HUMANIDADES

 

Que é a intelixencia artificial e como funciona? Quitarannos as máquinas o traballo? Que papel xogará a ética no futuro da tecnoloxía? Como se pode aplicar a intelixencia artificial á educación? Por que a intelixencia artificial necesita perfís de humanidades? Todas estas preguntas, e moitas máis, respóndeas Cristina Aranda, filóloga experta en intelixencia artificial. Segundo afirma: “A intelixencia artificial non che vai a quitar o traballo, pero si o fará unha persoa que entenda como funciona a intelixencia artificial”. E engade: “A intelixencia artificial está no noso día a día, depende de nós como utilizala de forma positiva en todos os ámbitos, como o da educación”.

Cristina Aranda é doutora en Lingüística Teórica e Aplicada pola Universidade Autónoma de Madrid e o Instituto Universitario de Investigación Ortega e Gasset. Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade Autónoma de Madrid. E que fai unha lingüista no mundo da tecnoloxía máis avanzada? O seu traballo céntrase no chamado “Procesamento da linguaxe natural”, que se basea en facer entender ás máquinas “o noso marabilloso, complexo e belo sistema de comunicación: a linguaxe humana”, explica. Tamén é cofundadora e líder de  Mujeres Tech,​ unha entidade sen ánimo de lucro que promove a presenza de mulleres no ámbito dixital; e cofundadora de  Big Onion, un equipo de solucionadores de tecnoloxía disruptiva (Data, Intelixencia Artificial e Blockchain, entre outras). É especialista en solucións tecnolóxicas aplicadas de Lingüística, innovación e transformación cultural de empresas.

SABÍAS QUE... POR QUE O QUEIXO TEN COR SE A LEITE É BRANCA?

A elaboración dos queixos consta de catro pasos claramente diferenciados: fermentación, o callado, o desuerado e a maduración do leite. Na complexa ecuación participan elementos químicos e biolóxicos, a temperatura, a humidade e a presión, variables responsables das diferentes variedades de queixos que podemos atopar no mercado.

Evidentemente, o ingrediente básico e principal é o leite, a cal é responsable das características organolépticas do queixo. O leite introdúcese nunha cuba e quéntase a unha temperatura de 28-34ºC, mentres se vai removendo e engádense fermentos ou coagulantes (callo), pasando o leite a un estado sólido.

Habitualmente os queixos poden ser de tres colorees básicos: laranxa, amarelo e branco. Nos primeiros atópanse queixos como o Cheddar, Mimolette ou Shropshire. A súa cor non é natural, procede da semente dunha planta que se cultiva en Sudamérica (fundamentalmente en México, Colombia, Ecuador e Venezuela) chamada annato. Dela extráese un colorante, bixina, que tras aplicar unhas condicións específicas dá orixe a un colorante final, norbixina, que proporciona a cor característica ao queixo.

No caso dos queixos amarelos débese a un composto chamado beta-caroteno, unha substancia liposoluble que se fixa á graxa do leite e que se concentra durante a fabricación e maduración do queixo. Trátase dun composto que se atopa de forma natural nos prados nos que se alimentan as vacas.

Cando nos atopamos diante dun queixo branco ou ben é fresco ou ben é de cabra. Isto débese a que estes animais transforman o beta-caroteno en vitamina A, a cal é incolora.

O queixo Cabrales asturiano, o gorgonzola ou o Roquefort pertencen ao grupo coñecido como «queixos azuis», unha clasificación de queixos de leite de vaca, ovella ou cabra nos que existiu unha interacción cun fungo microscópico, Penicillinum.

Para conseguir a proliferación destes fungos os queixos cúranse e almacenan en lugares nos que hai gran humidade, por iso as covas adoitan ser un lugar excelente para producir esta clase de queixos.

Canto máis escuro é a cor do queixo azul e maior cantidade de mofo Penicillium roqueforti máis picante será o queixo. Outro factor para ter presente é que, en xeral, os queixos azuis requiren temperaturas baixas de conservación, entre os 4 e os 8ºC.

A capa exterior do queixo é a codia, a cal pode adoptar diferentes cores, un semáforo que explica as características do leite utilizado e a súa maduración. Así, por exemplo, a codia negra adoita corresponder a queixos de mestura semicurados, que foron elaborados a partir de varios tipos de leite e cunha maduración que oscila entre os 35 e os 105 días.

Se a codia é de cor avermellada ou alaranxada estamos diante dun queixo de cabra semicurado, se o queixo ten a súa capa externa de cor marrón indica que a maduración foi prolongada (entre 105 e 180 días), o que corresponde a queixos curados.

A codia de cor ocre amarelada (mel) é propia dos queixos de ovella vellos, os reserva; mentres que os queixos de codia marrón escuro adoitan ser anellos ou gran reserva, cunha maduración superior aos nove meses.

Para finalizar unha historia a camiño da realidade e a lenda. Cóntase que certo día Carlomagno detívose na casa dun bispo e, dado que ao tratarse dun sábado non podía ofrecerlle carne, obsequioulle cun anaco de queixo. Ao parecer o emperador observou que a codia tiña un aspecto deleznable, motivo polo cal quitouna co coitelo. Foi entón cando o bispo advertiulle: "Por que, señor emperador, obras deste xeito? O que refugas é o mellor". Carlomagno seguindo o consello introduciuse na boca o anaco de aspecto enmohecido, o saber e díxolle: "Dixeches a verdade, o meu querido anfitrión. Por tanto, non deixes de mandarme cada ano, a Aquisgrán, dúas caixas de queixos coma este".

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

CANTO SABES DE ALEMAÑA? XII

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Reino Unido, Francia e Imperio Ruso. Recibiu o cualificativo de «mundial» porque se viron involucradas todas as grandes potencias industriais e militares da época, divididas en dúas alianzas.​ Por unha banda, a Tripla Alianza formada polas Potencias Centrais: o Imperio alemán e Austria-Hungría. Italia, que fora membro da Tripla Alianza xunto a Alemaña e Austria-Hungría, non se uniu ás Potencias Centrais, pois Austria, en contra dos termos pactados, foi a nación agresora que desencadeou o conflito.​ Doutra banda atopábase a Tripla Entente, formada polo Reino Unido, Francia e o Imperio ruso. Ambas as alianzas sufriron cambios e foron varias as nacións que acabarían ingresando nas filas dun ou outro bando segundo avanzaba a guerra: Italia, o Imperio do Xapón e Estados Unidos uníronse ao Triplo Acordo, mentres o Imperio otomán e o Reino de Bulgaria uníronse ás Potencias Centrais.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. A Segunda Guerra Mundial comezou o 3 de setembro de 1.939. Pero cal foi o detonante desta Guerra?

- Invasión de Francia

- Invasión de Polonia

- Invasión de Belxica

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: humanidades.com e jotdown.es

#DígochoEu: Aprende bailando o presente do verbo dar

 

Ollo cos acentos diacríticos do verbo dar! Aprende bailando o presente de indicativo!

#DígochoEu