Blogia

vgomez

CANTO SABES DE ALEMAÑA? IX

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rin.​ Cunha lonxitude de 1.230 km é navegable nun tramo de 883 km entre Basilea (Suíza) e o seu delta no mar do Norte. O seu caudal medio é de 2.100 m³/s, e forma un delta común co río Mosa.​ Entre as cidades máis grandes e importantes do Rin atópanse Basilea (Suíza), Estrasburgo (Francia), Colonia, Düsseldorf (Alemaña) e Róterdam (Países Baixos).

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o lago máis grande de Alemaña?

- Constanza

- Vannsee

- Masch

- Müritz

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxe: saberpractico.com e es.wikipedia.org 

SABÍAS QUE... QUE SON OS MARES DA LÚA?

Composición de varias imaxes para mostrar as características reais da superficie da Lúa / Darya Kawa Mirza

Giovanni Battista Riccioli no século XVII publicou o que chamou o Novo Almagesto, que tomaba o nome do moi famoso Almagesto de Ptolomeo, escrito 1.500 anos antes e que supón o maior tratado astronómico da Antigüidadade. “O máis grande”, iso significa a palabra de orixe árabe almagesto, que substituíu ao nome orixinal do tratado de Ptolomeo, unha máis aséptica “Sintaxe matemática”, os árabes sabían xa do clickbait. Ambos os libros son grandes enciclopedias do saber sobre os astros, separadas 15 séculos.

O caso é que no compendio de Riccioli presentouse o primeiro gran mapa da Lúa, con nomes para os seus detalles orográficos que aínda hoxe conservamos (e que denotan os gustos e preferencias do autor, por certo). Á parte dos cráteres, que se denominan de impacto porque case todos proveñen de choques de meteoritos, non de volcáns, o máis destacado nesa orografía da Lúa son o que Riccioli chamou maria en latín, mares en galego e castelán, que son as zonas máis escuras que podemos ver a primeira ollada na superficie do noso satélite, coas máis claras chamadas terrae, terras.

Entre eses mares de Riccioli o Mare Tranquillitatis non é o máis grande. Se alguén ve formas na Lúa, algo que se me escapou sempre, o Mar da Tranquilidade estaría entre o ollo e as orellas do coello que ven os chineses na Lúa (ou nunha das lebres que ven). Para os que temos menos imaxinación, é unha das dúas zonas escuras bastante circulares e de parecido tamaño que ven a primeira ollada (o outro mar case circular é o da Serenidade), a que ten outros tres mares máis pequenos preto e está máis lonxe do mar lunar máis grande, o chamado Océano das Tormentas, moito máis irregular.

O Mar da Tranquilidade xa se ve estes días de cuarto crecente. O 20 de febreiro de 1.965 alí impactou a sonda espacial Ranger 8, un costume de estrelarse en mares lunares que empezara 6 anos antes, o 12 de setembro, co primeiro artefacto humano que chegou á superficie lunar, o Luna 2 soviético, que se estrelou no Mare Imbrium, xusto alén do Mar da Serenidade con respecto ao da Tranquilidade. Sería precisamente no Mar da Tranquilidade onde se produciría a primeira aluaxe dunha persoa na Lúa, o famoso 20 de xullo de 1969.

Actualizándonos desde os mapas de Riccioli, hoxe sabemos que hai dous tipos de terreos na lúa: os mares, tamén chamados terras baixas para separarse da interpretación acuosa de hai séculos, e as terras altas, denominadas hoxe en día así en contraposición ao outro tipo de terreo. Os mares reflicten menos a luz do Sol, aparecendo máis escuros que as terras altas, o que claramente indica unhas propiedades e unha orixe diferente. Interesantemente, na cara oculta da Lúa, que nunca vemos porque a Lúa dá unha volta ao redor da Terra no mesmo tempo que rota ao redor do seu eixo, non hai case mares, son pequenos e asociados con cráteres de impacto pequenos.

As xa 22 misións que conseguiron aluar suavemente na Lúa déronnos datos sobre o terreo lunar, desde alí mesmo e traendo á Terra 381 quilogramos de rochas do noso satélite no caso da misión Apollo, 300 gramos por programa Luna dos soviéticos e case 1 gramo do programa Chang’e chinés. Case todas estas mostras proveñen de mares, é moito máis fácil alunizar neste terreo, moito menos agreste. E todas as misións, salvo unha visitaron a cara visible da Luna, só a chinesa Chang’e 4 pousouse na cara oculta, o que significa que tiñan (ata que se estrelou na Lúa) outro satélite, o Queqiao, orbitando á Lúa para poder comunicarse coa Terra.

As pedras lunares que aínda hoxe séguense analizando en laboratorios terrestres ensináronnos que as idades do chan que forma os mares é duns 3.500 millóns de anos, mentres que as terras altas son uns 500 millóns de anos máis vellas, e mesmo se trouxeron rochas formadas hai 4.500 millóns de anos, moi parecido ao que se considera o momento de formación da Terra. Por comparación, unha rocha típica na superficie terrestre ten menos de 1.000 millóns de anos, é moi difícil atopar unha rocha que sexa tan antiga como o propio planeta, case toda a superficie terrestre renovouse en tempos relativamente recentes.

A diferenza de idade entre mares e terras altas, que se comprobou directamente con datación radiolóxica, xa se postulou previamente polo feito de que os mares teñen moitísimos menos cráteres de impacto que as terras altas. Isto explícase como unha formación posterior que borraría os cráteres, que, por outra banda, non se renovaron, dunha maneira similar á evolución que seguiu a codia terrestre, polo menos nos comezos da súa evolución, e é que hoxe case non se detectan cráteres de impacto (pero habelos, hailos).

Entón, como se formaron os mares?, por que teñen esa cor?, por que non teñen tantos cráteres?, por que só hai grandes mares na cara da Lúa que vemos desde a Terra? Demasiadas preguntas para un só artigo, así que nos centramos nas dúas primeiras.

A teoría máis aceptada para a formación dos mares da Lúa é a existencia de erupcións volcánicas que expulsaron unha lava moi fluída capaz de encher grandes extensións de terreo, borrando cráteres de impacto anteriores. Ademais, esas lavas son basaltos ricos en ferro e titanio, explicando esta composición que non sexan tan reflectoras como o material das terras altas, o que dá lugar ao seu ton máis escuro. Os basaltos son moi parecidos aos terrestres que dominan a superficie terrestre (sobre todo nos fondos oceánicos). Os minerais atopados neses mares son tamén moi similares aos do noso planeta, o que apoia unha formación común. Pero, curiosamente, atopáronse minerais que non se coñecían no noso planeta, como a armalcolita, nomeada en honra dos astronautas do Apollo 11 (Armstrong, Aldrin e Collins).

As erupcións volcánicas que orixinaron os mares lunares foron provocadas por unha serie de grandes impactos, probablemente de cometas, é dicir, obxectos predominantemente compostos por xeos, en contraposición a obxectos rochosos, que serían asteroides. Debeu ocorrer relativamente pronto na historia do noso satélite, cando o seu interior estaba aínda quente e fundido e a superficie non era moi grosa.

Algúns mares da Lúa estímase que poden ter tan só 1.200 millóns de anos. Imaxínense a visión da Lúa cunha erupción volcánica! Debeu ser bonita, pero por aquela época só había organismos simples tipo alga por estas lareiras. Destas zonas máis novas non se teñen mostras directas, tampouco exploramos o noso satélite tanto. Esperemos que isto cambie pronto, o programa Artemis, no que xa colabora España, poderá ofrecernos moita máis información nos próximos anos. E quizais esteamos a unha xeración de que haxa habitantes alá arriba.

FONTE:Pablo G. Pérez González/elpais.com/ciencia

#DígochoEu: Non digas *derretirse #DígochoEu

 

Vai calor! Pero con estas temperaturas tan altas non nos imos *derretir! Aprende como se di correctamente este verbo e como se conxuga...  

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXXIII

VERTICAIS: 1. Glaucoma 2. Cian 5. Puma 6. Fiúncho 7. Trabe.

HORIZONTAIS: 3. Hanói 4. Cl 8. Ribadumia 9. HULA 10. Escoar.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXXIII

VERTICAIS: 1. Enfermidade que se caracteriza por unha elevación na presión interna do ollo o que provoca un dano nas fibras do nervio óptico 2. Azul verdoso, cor substractiva complementaria do maxenta 5. Felino de gran tamaño propio de América, coa cabeza pequena e ancha, patas fortes, rabo longo e groso, pelame de cor parda e de nome científico Puma concolor 6.  Planta da familia das umbelíferas de talo delgado, follas fendidas en tiras finas coma fíos e flores amarelas en umbela, de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada en medicina, como condimento, que forma parte das herbas do San Xoán para evitar o mal de ollo e de nome científico Foeniculum vulgare 7. Madeiro groso e longo que se coloca horizontalmente para soster o piso ou o teito dun edificio.

HORIZONTAIS: 3. Capital de Vietnam 4. Símbolo do elemento químico gasoso, pertencente ao grupo dos halóxenos, de cor entre verde e amarela, tóxico e de cheiro moi forte 8. Concello da provincia de Pontevedra, cuxo nombre proven do río que o atravesa 9. Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo 10. Tirar a auga ou o aceite sobrante dunha comida.

#DígochoEu Técnicas de esgrima

 

Hoxe aprendemos algunhas técnicas de esgrima coa axuda de Pilar Garnelo!  

#DígochoEu

O CEO DO MES: XULLO 2023

3 de xullo: Lúa Chea. Superlúa (Lúa do cervo)

10 de xullo: Cuarto Minguante

17 de xullo: Lúa Nova

26 de xullo: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Delta Acuáridas: do 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo na noite do 30 ao 31 de xullo. O seu corpo proxenitos é o cometa 96P Machholz e o seu radiante a estrela Delta da constelación de Acuario. Tamén neste mes comeza a chuvia de meteoros das Perseidas, concretamente o día 17, pero deso falaremos no próximo mes, pois o seu máximo é nese mes.

CANTO SABES DE ALEMAÑA? VIII

Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.

A contestación correcta á pregunta de onte é Zugspitze. Esta montaña está situada na cadea dos Alpes, no macizo de Wetterstein, nos Alpes bávaros. É a cima máis elevada da Alemaña, con 2.962 metros. O Zugspitze sitúase exactamente sobre a fronteira xermano-austríaca, mais o cume está dentro de Alemaña.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o río máis importante de Alemaña?

- Elba

- Rin

- Weser

- Meno

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org e twitter.com/aprendegeo