Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? VIII

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é República. Foi un período da historia de Roma caracterizado polo réxime republicano como forma de estado, que se estende desde o 509 a. C., cando se puxo fin á Monarquía romana coa expulsión do último rei, Lucio Tarquinio o Soberbio, ata o 27 a. C., data en que tivo o seu inicio o Imperio romano coa designación de Octaviano como princeps e Augusto. Na república, as atribucións do rei pasaron a ser exercidas por dous cónsules durante un ano que poden, con permiso do Senado romano, designar un ditador con poderes case ilimitados pero temporais (seis meses). Co cambio de réxime comezaron as longas loitas entre dúas clases sociais: os patricios e os plebeos. Arredor do ano 300 a.C. os patricios tiveron que ceder e os plebeos alcanzaron a igualdade legal (máis aparente que real).

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Xulio Cesar foi un Emperador romano.

- V (Verdadeiro)

- F (Falso)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  historiaclasica.com  Imaxe: biografiasyvidas.com

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.1

 

Comezamos o 2023 con moitas novidades no #ApuntamentoLusófono! E entre elas está Márcia, a nosa nova compañeira!

#DígochoEu

A MÚSICA: UN AGASALLO PARA OS TEUS FILLOS

 

A súa música transporta a terras afastadas, a tempos ancestrais e a lugares máxicos. É unha invitación para tender pontes entre culturas e unha chamada á tolerancia a través da fusión musical. Para esta compositora, cantante e instrumentista, a música é o seu vehículo “para chegar á beleza, ao diálogo e ao encontro.

Ana Alcaide é a directora do ‘Festival de Músicas do Mundo’ de Toledo e pioneira en España na divulgación da ‘Nyckelharpa’, un instrumento sueco antigo capaz de facer viaxar no tempo a quen o escoita. Con ela percorreu o mundo, reivindicando o poder transformador da música e o seu valor pedagóxico. Tamén desenvolveu unha intensa actividade investigadora ao redor da música antiga, as súas tradicións e lendas.

Alcaide estudou violín no Conservatorio de Música de Xetafe e Bioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Completou os seus estudos na ‘Malmö Academy of Music’ de Suecia e na Universidade de Baixa California, México. Desde o marco de inspiración que lle brinda a cidade de Toledo, comenzó a escribir e tocar na rúas as súas cancións, adaptando o seu instrumento a melodías da España medieval. A súa música foi descrita como “a banda sonora de Toledo” pola súa singular reinterpretación da música antiga e sefardí. En 2017 foi galardoada coa Medalla ao Mérito Cultural das Artes Escénicas e a Música de Castela a Mancha.

ATOPADO O PÉ DUN MAMÍFERO NO ESTÓMAGO DUN DINOSAURO DE HAI 100 MILLÓNS DE ANOS

Agora que xa asimilamos que había dinosauros con plumas, máis parecidos a paxaros, agora, segundo os investigadores, temos probas concreta de que estes dinosauros comían mamíferos. Descubríronse especímenes do pequeno dinosauro Microraptor zhaoinus en cuxo interior había antigas aves, peces e lagartos, pero o achado do mamífero é a última fonte coñecida de proteínas para este intrépido cazador. O equipo da Universidade McGill en Canada, que estudou o fósil de Microraptor, publicou os seus achados na revista Journal of Vertebrate Paleontology.

O Microraptor viviu a principios do Cretácico, hai uns 100 millóns de anos, e atopáronse especímenes no que hoxe é o nordés de China. A rexión rica en fósiles denomínase Biota de Jehol, e os seus fósiles son un gran recurso para comprender matices da anatomía dos dinosauros pola súa boa conservación, así como detalles sobre os nichos ecolóxicos dos distintos animais.

Crese que Microraptor vivía nas árbores, planeando polos bosques cretácicos en busca de presas, tanto nas ramas como no chan. O espécime estudado recentemente é o holotipo, o que significa que foi o primeiro da súa especie en ser achado e bautizado no ano 2000. Con todo, recentemente volveuse a estudar e a nova análise revelou o pé de mamífero no seu estómago, un achado sen precedentes.

Detalle del pie de un mamífero en el interior del fósil de Microraptor.

Detalle do pé dun mamífero no interior do fósil de Microraptor / Hans Larsson

Os investigadores non puideron identificar a especie concreta de mamífero que comeu o Microraptor, pero a súa conservación permitiulles comprender o seu nicho ecolóxico e, neste caso, os seus depredadores. O equipo dixo que tiña similitudes coas morfoloxías de Sinodelphys, Yanoconodon e Eomaia, todas especies antigas de mamíferos primitivos que se parecían aproximadamente a zarigüeias ou roedores, e que tiña o tamaño dun rato moderno.

O contido dos intestinos dá moitos datos sobre a dieta dos animais fósiles, pero é raro estea ben conservado, e ademais é difícil pescudar se a «última comida» conservada representa a dieta normal do animal ou un acontecemento estraño e único que tivo a sorte de ser fosilizado.

O Microraptor parece ser unha excepción moi interesante a esa regra, con múltiples especímenes belamente fosilizados que conservan diferentes «últimas comidas», o que quere dicir que non era particularmente esixente, e comía todo o que se lle cruzaba por diante.

A análise do equipo descubriu que a vítima non era unha boa trepadora, o que indica que Microraptor podería baixar ocasionalmente ao chan do bosque para alimentarse. O pé aparece intacto, polo que sabemos que foi tragado enteiro.

FONTE: Baltasar Pérez/quo.eldiario.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? VII

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rómulo Augústulo. Nacido o ano 461 en Rávena, foi o último Emperador Romano de Occidente (475-476). Curiosamente, este último emperador levaba o nome do fundador e primeiro rei de Roma, Rómulo, e do primeiro emperador, Augusto. Era fillo do xeneral de Atila Flavio Orestes, e foi ascendido a emperador polo seu pai, co nome de "Rómulo Augusto", pero debido á súa curta idade foi chamado Augústulo. Con todo, o emperador de Oriente Zenón non o recoñeceu como tal. A presión dos hérulos reclamando as terras no centro da península Itálica provocou a caída de Rómulo cando contaba con tan só 15 anos de idade. No seu lugar, o xeneral dos hérulos, Odoacro, reclamou o trono de Italia (476), confinando a Rómulo en Lucullanum, o Castell dell’ovo, na baía de Nápoles. A súa data de morte é un verdadeiro misterio, xa que mentres se perde todo rastro del cara ao ano 476, existen indicios e teorías que consideran a súa supervivencia ata o ano 511. A súa deposición xeralmente considéraselle como o fin do Imperio Romano, aínda que a parte oriental do Imperio sobrevivise ata 1453. Aínda que Odoacro reclamou o trono de Italia, non estaba a reclamar a toga púrpura nin a dignidade imperial, xa que enviou as insignias imperiais a Constantinopla. Aquilo foi a xustificación lexítima que tiveron os emperadores de Bizancio para a reconquista do Imperio de Occidente.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Antes del imperio romano e os seus emperadores, cal foi a forma de gobernó de Roma?

- Monarquía

- República

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  historiaclasica.com  Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: #DígochoWHAT: The Galician alphabet / O alfabeto galego

 

Hoxe ímoslle ensinar a Christina o alfabeto galego, pero hai algunhas letras que presentan certas dificultades... 

#DígochoEu

A POTABILIZACIÓN DA AUGA

 

Continúo cos novos episodios de Órbita Layka, programa de divulgación científica divertido e sorprendente, cheo de curiosidades e de sentido do humor, presentado polo matemático e profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Eduardo Sáenz de Cabezón Irigaray.

Que solucións pode achegar a ciencia ante a falta e desigual distribución da auga potable? Na sección de química, Deborah García mostra algunhas das técnicas que se están levando a cabo para potabilizar a auga en países onde a maioría da poboación non ten acceso a este recurso de maneira potable.

Xenial!

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? VI

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Augusto. Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, naceu en Roma, 23 de setembro de 63 a. C. e morreu en Nola, 19 de agosto de 14 d. C. Foi o primeiro emperador romano. Gobernou desde o ano 27 a. C. ata a súa morte no 14 d. C., tras un prolongado reinado de catro décadas.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal foi o último emperador romano?

- Linicio

- Joviano

- Olibrio

- Rómulo Augústulo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxe: fuenterrebollo.com