Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas *confitería

 

En galego non podes comprar pasteis nunha *confitería!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ASIA? V

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é China. Segundo os datos de 2021 de WPR, China é o país máis poboado de Asia e do mundo con 1.439.783.686 habitantes. Séguenlle India con 1.380.417.754 e Indonesia con 273.525.568 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a illa máis grande de Asia?

- Taiwán

- Sri Lanka

- Xava

- Borneo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: libretilla.com e es.wikipedia.org     Imaxe: hablemosdeislas.com

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller conmemórase anualmente tal día coma hoxe, o 25 de novembro, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, en conmemoración da data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), na República Dominicana.​ En 1999, a xornada de reivindicación foi asumida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134, o 17 de decembro de 1999, entendendo por violencia contra a muller "todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada", e convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra as mulleres.​

 A violencia contra as mulleres converteuse nun problema estrutural. Diríxese cara ás mulleres co obxectivo de manter ou incrementar a súa subordinación ao xénero masculino.​ A súa orixe atópase na falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres en diferentes ámbitos e na discriminación persistente cara ás mulleres. Trátase dun problema social presente tanto no ámbito doméstico como no público, en diferentes vertentes: física, sexual, psicolóxica, económica, cultural e outras, e afecta as mulleres desde o nacemento ata a idade avanzada. Non está confinada a unha cultura, rexión ou país específico, nin tampouco a grupos específicos de mulleres na sociedade.

Todos podemos colaborar para erradicala!

Denuncia!

LENDAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO (2ª PARTE)

LENDAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO (2ª PARTE)

Lenda da galiña que cantou despois de asada, en Santo Domingo da Calzada / F. C.

A Rioxa: Náxera e Santo Domingo da Calzada

Dous son os lugares e lendas craves que o viaxeiro peregrino atopará na Rioxa. O primeiro, a cidade de Náxera e o Real Mosteiro de Santa María, en cuxo interior se garda e venera a Virxe Negra da Xerra ou Azucenas, na mesma cova na que segundo a lenda foi achada polo rei García Sánchez III cando observou unhas luces nos ceos mentres cazaba que lle levaron á gruta en cuxo interior estaba a talla virginal cunha xerra con azucenas, unha vela e unha campá. O segundo, Santo Domingo da Calzada, a Compostela rioxana. Berce do santo e construtor, o eremita Domingo García, en cuxa catedral se acha un galiñeiro, cun galo e unha galiña, que rememoran o milagre da Galiña que cantou despois de asada. Tivo como protagonista ao peregrino alemán chamado Hugonell, quen tras facer noite nunha pousada, foi acusado de roubo por unha resentida tabernera, sendo apresado e executado na forca. Tras a súa morte, apareceuse aos seus pais reclamando xustiza. Os proxenitores acudiron ao comendador para contar os feitos, o cal, tras escoitar o relato, afirmou que o seu fillo era culpable e estaba tan morto como o galo que tiña na mesa, momento no que ave cobrou vida, cacarexou e saíu voando.

Castela e León: Burgos, Carrión dos Condes, León e Ponferrada


Castelo de Ponferrada / F. C.

Nas tres provincias que percorre o roteiro xacobeo por terras castelás sáennos ao paso moitas lendas, pero estas son claves. En Burgos, na capital, a do Santo Cristo, o Señor de Burgos, que se garda e venera na Catedral de Santa María, a Notre Dáme española. É unha talla articulada, confeccionada con pel de búfalo e pelo humano, que segundo a lenda foi descuberta por comerciante flotando nas augas do océano nun arcón de madeira e logo regalada aos monxes agostiños. En Palencia, en Carrión dos Condes, a da Monxa de Carrión ou Dama Marrón, Sor Luisa da Ascensión, que din que tiña o don da bilocación e predición do futuro, abadesa do Mosteiro de Santa Clara. E no Mosteiro de San Zoilo, a da Tea da Condesa, tear-reliquia musulmán que envolvería os restos do santo e que foi arrebatado a Abderramán. En León, na Catedral de Santa María, a lenda do secreto da pedra filosofal, descuberto polo alquimista Nicolas Flamel. Segundo dise, deixouno escondido nas vidreiras do templo. E finalmente Ponferrada, a que fóra Encomenda da Orde do Amorne, cuxo Castelo dos Templarios está vinculado á Virxe Negra da Encina, achada mentres os cabaleiros cortaban árbores para a reconstrución da fortaleza.

Galicia: Cebreiro, Compostela e Fisterra

No Cebreiro gárdanse un cáliz e unha patena na Igrexa de Santa María, protagonistas dun milagre eucarístico no século XIV, reflectido no escudo de Galicia. Segundo a lenda ocorreu unha noite de tormenta en plena misa. O sacerdote pensou que ningún fiel acudiría á liturxia, momento no que chegou un veciño. Durante a eucaristía as sacras formas quedaron pegadas á patena como mostra celestial diante da falta de fe do relixioso. Na catedral de Santiago, onde está a tumba do apóstolo, o viaxeiro atopará na base do Pórtico da Gloria, entrada principal ata hai uns anos, unha tumba, a do arcebispo Pedro Muñiz. Alcumado o Arcebispo Nigromante, non só consagrou o templo senón que, ademais, segundo a lenda, tiña a capacidade de aparecer e desaparecer, polo que chegou a ser xulgado pola Inquisición.

Daro de Fisterra / F. C

Xa en Fisterra, meta do Camiño de Santiago, todo é lenda. Na igrexa de Santa María o viaxeiro-peregrino achará o Cristo da Barba Dourada -talla articulada, realizada con pel de búfalo e pelo humano, que segundo a lenda chegou flotando polas augas nun arcón- e no cabo, no Km 0, o antigo Fin do Mundo, contemplará as augas oceánicas onde os celtas situaban o máis aló, os gregos afirman que estaba o Xardín das Hespérides e os romanos construíron o Ara Solis, o Templo do Sol.

Fin!

FONTE: Fran Contreras/abc.es

CANTO SABES SOBRE ASIA? IV

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Mar Morto (3). É un lago endorreico salgado situado nunha profunda depresión a 435 metros baixo o nivel do mar, entre Israel, a parte cisxordana de Palestina e Xordania, na rexión de Oriente Próximo. Ocupa a parte máis profunda dunha depresión tectónica atravesada polo río Xordán, que tamén inclúe o lago de Tiberíades máis ao norte. Ten uns 80 km de longo e un ancho máximo dun 16 km; a súa superficie é aproximadamente de 810 km².

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o país asiático máis poboado?

- India

- China

- Indonesia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org       Imaxe:hrw.org/es

#DígochoEu: #CiberEsther (Ciberengado de menores)

 

Sabes o que é o grooming? En galego chámase ciberengado de menores. Presta moita atención ao seu significado e a como podes protexerte del.

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ASIA? III

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Everest. É o máis alto cumio de Asia e do mundo, dentro da cadea do Himalaia, con 8.848 m. Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é o punto de altitude mínima de Asia?

1. Colombo

2. Tokio

3. Mar Morto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org      Imaxe: es.m.wikipedia.org

#DígochoEu: Como é? Qatar ou Catar?

 

Xa está en marcha o Mundial de fútbol. Pero como se escribe o nome do país que o organiza? Qatar ou Catar?

#DígochoEu