Blogia

vgomez

#DígochoEu: Ciberseguridade e palabras con ciber-

 

En galego temos unha chea de palabras que empezan por ‘ciber’. A máis importante é a ciberseguridade. Dende aquí queremos aprender todo sobre este tema para que non nos engane ningún lampantín. Acompáñanos nestas leccións contra os ciberdelitos!  

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXV

VERTICAIS: 1. Home 3. Romaní 4. Meteoro 5. Hubble 7. Ola 10. ADIF.

HORIZONTAIS: 2. Borneo 6. Nenúfar 8. Celme 9. Esva.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXV

ENCRUCILLADO CXV

VERTICAIS: 1. Nome do cabo, a punta máis occidental da Península do Morrazo, localizado entre as rías de Pontevedra e Vigo, parte territorial do Concello de Cangas 3. Apelido do músico galego (Noia, 1957), membro durante 22 anos do grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu 4. Fenómeno que se produce na atmosfera, como a chuvia, o vento, a sarabia etc. 5. Telescopio robótico conxunto da NASA e a ESA localizado na beira externa da atmosfera, en órbita circular ao redor da Terra, a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min 7. Medida de capacidade para líquidos que leva polo xeral 16 litros 10. Administrador de Indraestruturas Ferroviarias.

HORIZONTAIS: 2. Illa máis grande de Asia 6. Planta acuática da familia das ninfeáceas da que existen diversas especies, de follas grandes, arredondadas ou con forma de corazón, que flotan na superficie da auga, e flores con moitos pétalos de cor branca, amarela ou rosa 8. A esencia, o que ten máis substancia dunha cousa 9. Río costeiro que discorre polo noroccidente de Asturias, que nace na Serra de Tineo e desemboca no mar Cantábrico, na praia da Cova. despois de percorre 40 km.

#DígochoEu: Como se di 'te la estás jugando'?

 

Hai expresións en castelán que en galego non se poden traducir literalmente!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? VII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lago Superior. É o maior dos cinco Grandes Lagos de Norteamérica, e o maior lago de auga doce do mundo por superficie. Localízase entre o Canadá (provincia de Ontario) e os Estados Unidos (estados de Míchigan, Minnesota, e Wisconsin. Cunha área de 82,000 km², o Lago Superior é, ironicamente, o menos densamente habitado dos Cinco Lagos. Cidades importantes no litoral do Lago Superior son Sault Saint Marie e Thunder Bay, en Ontario, e Duluth, en Minnesota.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. En que país está o deserto de Atacama?

- Bolivia

- Chile

- Arxentina

- Perú

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org         

SAQUEMOS A BAILAR O FUTURO!

 

A cadea de supermercados Gadis non fallou á súa cita e na antesala do Badal acaba de lanzar unha nova entrega de Vivamos como Galegos!, a número 16 da saga. Saquemos a bailar o futuro! é título do novo anuncio creado pola axencia coruñesa BAP&Conde e protagonizado por unha moza ilustradora e un emigrante que volve a Galicia despois de media vida fóra.

Baixo esta premisa, o encontro fortuíto nun tren de dúas persoas que xeracións completamente diferentes, Gadis rende homenaxe aos miles de emigrantes galegos que lle fixeron fronte á adversidade con valentía.

A campaña tamén fai unha chiscadela á mocidade de hoxe, a quen, a pesar das actuais circunstancias e a vivir nun mundo «que anda triste», atrévense «a sacar a bailar ou futuro» como os emigrantes do século pasado.

Emotivo!

A TERRA ACADA O CÓDIGO VERMELLO

Estamos en alerta vermella climática. Os niveis de CO2 son os máis altos rexistrados, alcanzando as 418 partes por millón, segundo o último informe New World Scientists’ Warning of a Climate Emergency 2022 que evidencia que o cambio climático ha empuxado ao noso planeta a “código vermello”.

Así, segundo un novo informe dun equipo internacional de científicos dirixido pola Universidade Estatal de Oregón (OSU), os signos vitais do noso planeta alcanzaron o "código vermello" e "a humanidade enfróntase inequivocamente a unha emerxencia climática".

Os investigadores expoñen que 16 dos 35 signos vitais planetarios que utilizan para rastrexar o cambio climático atópanse actualmente en extremos récord, incluídas as ondas de calor, o aumento da perda global da cuberta forestal debido aos incendios forestais, unha maior prevalencia de enfermidades infecciosas transmitidas por mosquitos e os niveis de dióxido de carbono atmosférico (que agora alcanzaron 418 partes por millón, o máis alto xamais rexistrado).

Mire todas estas ondas de calor, incendios, inundacións e tormentas masivas. O espectro do cambio climático está á porta e golpea con forza. Como podemos ver polos aumentos repentinos anuais nos desastres climáticos, agora estamos no medio dunha gran crise climática, e o peor está por vir se seguimos facendo as cousas como as estivemos facendo", din os autores da Universidade Estatal de Oregón que publican o seu estudo na revista BioScience.

"O cambio climático non é un problema illado", dixo o coautor do traballo Saleemul Huq da Universidade Independente de Bangladesh. "Para evitar máis sufrimento humano incalculable, debemos protexer a natureza, eliminar a maioría das emisións de combustibles fósiles e apoiar adaptacións climáticas socialmente xustas cun enfoque nas áreas de baixos ingresos que son máis vulnerables".

Desde que en 1992, case 2.000 científicos asinasen a versión orixinal de ’Advertencia para a humanidade dos científicos do mundo’, como así se titula o informe, as emisións globais de gases de efecto invernadoiro, lonxe de descender, aumentaron nun 40%.

"A medida que as temperaturas da Terra aumentan, a frecuencia ou a magnitude dalgúns tipos de desastres climáticos en realidade poden estar a aumentar", expón Thomas Newsome da Universidade de Sídney, e coautor do informe sobre emerxencia climática. "Instamos os nosos colegas científicos de todo o mundo para falar sobre o cambio climático".

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

#DígochoEu Como se di 'huesudo'?

 

Como se di ’huesudo’ en galego? ’Osudo’? Pero manteríase o acento de óso? Cantas preguntas! Velaquí as respostas que nos dá Esther Estévez!

#DígochoEu