SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXII

VERTICAIS: 1. Pillabán 2. Abrótea 3. Betanzos 5. Álava 6. Monrovia 7. Porco.
HORIZONTAIS: 4. Chumaceira 8. Coimbra 9. DART 10. Orinoco.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Pillabán 2. Abrótea 3. Betanzos 5. Álava 6. Monrovia 7. Porco.
HORIZONTAIS: 4. Chumaceira 8. Coimbra 9. DART 10. Orinoco.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Rapaz moi esperto e amigo de facer trasnadas 2. Planta silvestre da familia das liliáceas, de follas basais, estreitas e longas, talo ergueito e liso rematado nun conxunto de flores abrancazadas en forma de acio e froito en cápsula, que ten por nome científico Asphodelus albus 3. Concello coruñes no que se atopa oparque enciclopédico público ideado por Juan García Naveira, chamado O Pasatempo 5. Provincia na que se atopa un concello co nome igual ao noso (A Guarda/ La Guardia), pero toso xunto 6. Capital de Liberia 7. Nome do peixe da familia dos Balistidae, orde dos Tetraodontiformes que vive en fondos de area con pedras e algas, a partir da beiramar e ata os 100 metros de profundidade, de nome científico Balistes carolinensis e cuxo nome ten que ver cos sons que emite.
HORIZONTAIS: 4. Cada unha das pezas de madeira que van unidas por debaixo ás chedas do carro, e nas que encaixa o eixe 8. Localidade portuguesa, que dá nome a universidade máis antiga de Portugal, fundada en 1290, que tamén o é das máis antigas de Europa 9. Nome da sonda que recentemente chocou co asteroide Dimorfo, coa intención de poder desvialo da súa traxectoria 10. Nome dun dos ríos máis longos de Suramérica, que nace en Parima-Venezuela, preto da fronteira co Brasil, fai un grande arco primeiro cara ao noroeste, despois cara ao oeste, e logo cara ao norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara ao océano Atlántico, percorrendo un total de 2.140 quilómetros, formando un inmenso delta na súa desembocadura.
Como se chaman as ’almohadillas’ dos gatos e cal é o son que adoitan facer estes animais? Esther Estévez contesta a estas dúas dúbidas!
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 750 millóns de habitantes. Segundo a ONU: 747 millós, segundo Wikipedia: 743 millóns.
E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o país máis grande de Europa?
- Francia
- Casaquistán
- Rusia
- Turquía
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: okdiario.com

O premio Nobel da Paz 2022 foi outorgado ao bielorruso Ales Bialiatski (Vyartsilya, Rusia, 1962), á organización de dereitos humanos rusa Memorial e ao Centro para as Liberdades Civís de Ucraína.
“Este premio non vai dirixido contra Vladimir Putin, nin polos seus aniversarios nin en ningún outro sentido, excepto polo feito de que o seu goberno, como o goberno de Bielorrusia, representan un goberno autoritario que reprime aos activistas polos Dereitos Humanos”, declarou a presidenta do comité Nobel noruegués, Berit Reiss-Andersen.
“Os galardoados representan á sociedade civil nos seus países de orixe. Levan moitos anos promovendo o dereito para criticar ao poder e a protexer os dereitos fundamentais dos cidadáns”, precisou.
Segundo o Comité Noruegués do Nobel, Ales Bialiatski foi un dos iniciadores do movemento democrático que xurdiu en Bielorrusia a mediados da década de 1980. “Dedicou a súa vida para promover a democracia e o desenvolvemento pacífico no seu país natal”, afirmou.
Parabéns!
FONTE: infobae.com Imaxe: es.wikipedia.org
A serpe cabeza de cobre (Agkistrodon contortrix) é un réptil venenoso da familia Viperidae que habita en Estados Unidos e México. Se os cabeiros desta serpe son perigosos imaxinar un espécime co dobre de cabeiros é aterrador.
Esta criatura con dúas cabezas que pode provocar pesadelos apareceu nun xardín en Woodbridge, Virginia (EEUU). Os donos da casa fixeron fotos e vídeo e a asociación de expertos en vida silvestre Virginia Wildlife Management and Control colgárono na súa conta de Facebook, e rapidamente converteuse nunha sensación das redes sociais.
Non é a primeira vez que vemos serpes con dúas cabezas pero o achado é único no mundo da herpetoloxía porque estas raras serpes de cando en cando atópanse na natureza. Aquelas que conseguen sobrevivir fano se son criadas en cativerio.
O herpetólogo J.D. Kleopfer asegura que “este é un animal extraordinario”. El leva tres décadas estudando serpes e, como moitos outros expertos en serpes, non vira nada igual na súa carreira.
Despois de estudar o exemplar, os expertos calcularon que media uns 20 centímetros de longo e que tiña unhas dúas ou tres semanas de vida.
”O feito de ser un exemplar novo converteuno nun achado aínda máis raro”, asegura Kleopfer. “Uns días máis na natureza e probablemente sería comido por outro depredador”.

A seroe cabeza de cobre de dúas cabezas atopada en Virxinia-EEUU /
Os expertos diecen que as serpes de dúas cabezas son xemelgas unidas, como ocorre cos siameses humanos. A mutación ocorre cando un embrión comeza a dividirse en xemelgos idénticos, pero detense.
Na súa publicación de Facebook, Kleopfer dixo que a cabeza esquerda ten o esófago máis dominante e que a cabeza dereita ten unha gorxa máis desenvolvida para comer. “O lado esquerdo é máis activo e receptivo ao estímulo”.
Despois de facer radiografías, os expertos descubriron que a serpe de dúas cabezas ten outras características únicas. A serpe ten dúas cabezas, pero un corazón e un conxunto de pulmóns. Ambas as cabezas parecen ter veleno, segundo Kleopfer.
”De acordo con a anatomía da serpe, sería mellor inxerir comida pola cabeza dereita pero pode ser un desafío xa que a cabeza esquerda parece máis dominante”, dixeron expertos no Wildlife Center of Virginia nun comunicado de prensa.
Kleopfer dixo que os funcionarios esperan que a estraña serpe eventualmente sexa doada a un zoolóxico. Pero a súa primeira preocupación é lograr que coma ben e medre, o que podería levar dous ou tres meses. Un sinal de que está a crecer san, dixo, será ver que se desfai da súa pel un par de veces.
Os expertos aseguran que as serpes de dúas cabezas a miúdo pelexasen por que cabeza trágase a presa. Comer pode levar tempo e iso deixa á serpe vulnerable aos depredadores.
FONTE: lavanguardia.com/natural
Con tan só 18 anos, Michael Sandel retou a Ronald Reagan a un debate no seu instituto. Reagan aceptou. Desde entón o empeño de Sandel polo diálogo público levouno a encher estadios, organizar debates globais en liña ou impartir o curso máis popular da historia de Harvard: Xustiza.
Sandel está considerado o filósofo contemporáneo máis popular do mundo. Profesor na Universidade de Harvard e Premio Princesa de Asturias das Ciencias Sociais 2018, o seu traballo bebe do método socrático para fomentar a educación cívica e conectar a filosofía coa nosa vida cotiá. “A filosofía pertence á cidade, onde os cidadáns reúnense e debaten grandes cuestións sobre como debemos organizar as nosas vidas xuntos, sobre xustiza, sobre como lidar coa desigualdade ou sobre que obrigacións temos uns con outros como cidadáns”, asegura.
No seu último traballo, ‘A tiranía do mérito’, Sandel reflexiona sobre como recuperar o ben común nas sociedades occidentais, afectadas, di, de dous males relacionados: “a desigualdade económica e a polarización política”.
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é 4º. Europa ten 10.530.751 km². Por diante están Asia con 44.541.138 km², América con 42.549.000 km², África con 30.221.535 km², e por detrás temoa a Oceanía con 8.542.449 km².
E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a poboación de Europa?
- Aproximadamente 43 millóns de habitantes
- Aproximadamente 750 millóns de habitantes
- Aproximadamente 1.000 millóns de habitantes
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: publico.es