#DígochoEu: Non digas *sudadera
Se en galego é incorrecto *sudar, tamén o é *sudadera. Daquela, como lle chamamos a esa peza de roupa ideal para facer deporte?
Se en galego é incorrecto *sudar, tamén o é *sudadera. Daquela, como lle chamamos a esa peza de roupa ideal para facer deporte?

Annie Ernaux (Lillebonne-Sena Marítimo-Francia, 1940) gañou o Premio Nobel de Literatura 2022. O xurado destacou "a coraxe e a agudeza clínica coa que descobre as raíces, os estrañamentos e as restricións colectivas da memoria persoal". Annie Ernaux reivindica a dimensión política da intimidade.
As súas obras máis destacadas son: Memoria de moza, Os anos, A muller xeada, Pura paixón e O acontecemento.
Parabéns!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: cadenaser.com

En 2019, varias institucións uníronse para promover traballos de campo no Parque Provincial dos Dinosauros de Alberta, en Canadá. A Universidade de Reading (Inglaterra), a Universidade de Nova Inglaterra (Australia) e o Museo Royal Tyrrell (Canadá) planificaron estas exploracións para que fosen levadas a cabo por estudantes de paleontoloxía. A pandemia provocada pola COVID-19 atrasou un pouco o asunto, pero en 2021 despregouse sobre o terreo o primeiro grupo de estudantes. Un dos compoñentes detectou que parte dun fósil sobresaía dunha ladeira rochosa. Para sorpresa de todos os presentes, non só atoparan ósos fosilizados, senón que conservaban impresións da pel, un achado excepcional posto que menos do un por certo dos fósiles achados manteñen rastros da súa pel.
Tras unha observación máis minuciosa, os investigadores Brian Pickles e Caleb Brown afirmaron que estaban diante dos restos fósiles dun hadrosaurio, a familia de ornitópodos coñecidos como “dinosauros de pico de pato”. En concreto, da formación rochosa afloran partes da cola e dunha pata, nas que se poden observar os restos de pel fosilizada.
Os hadrosaurios eran herbívoros do Cretácico tardío que se expandiron por gran parte do mundo, nos actuais continentes de Asia, Europa, Sudamérica, Antártida e, por suposto, América do Norte, como segue testemuñando este novo espécime. O fósil descuberto está datado con 75 millóns de anos aproximadamente. A pesar de que temos un rico rexistro fósil dos dinosauros pico de pato, este novo achado é especial por varias razóns.
Segundo a posición da cola e a pata traseira do hadrosaurio, enténdese que o resto do corpo está orientado cara ao interior do outeiro, polo que os paleontólogos teñen depositadas moitas esperanzas neste fósil, que podería conservar o esqueleto completo baixo a rocha aínda por escavar.
As altas expectativas non son infundadas, pois se foi capaz de conservar incluso a pel, un elemento rarísimo nos fósiles dada a súa condición de materia branda e susceptible de descompoñerse por completo, é lóxico pensar que os ósos puideran fosilizarse na súa totalidade. Sobre todo, confían en poder extraer da rocha o cranio do fósil, un elemento indispensable para detectar a especie concreta de hadrosaurio á que pertencen os restos.
Doutra banda, o tamaño da cola e a pata indican que están diante dun espécime de tamaño menor, polo que podería tratarse dun individuo novo. Esta particularidade xunto co excepcional nivel de conservación, poden brindar unha información única acerca dos hadrosaurios, a súa fisonomía e o desenvolvemento do crecemento nestes animais extintos.
O Parque Provincial de Dinosauros destaca como un dos xacementos paleontolóxicos máis ricos do mundo. Situado na provincia canadense de Alberta, conta con máis de setenta quilómetros cadrados nos que se atoparon máis de corenta especies de dinosauros que viviron durante o Cretácico superior, hai entre 77 e 75 millóns de anos.
Máis de cen anos pasaron desde que se iniciaron as primeiras expedicións en busca de fósiles nesta zona. A UNESCO declarou o lugar como Patrimonio da Humanidade en 1979 e, desde mediados dos oitenta, todos os fósiles descubertos van parar ao Museo Royal Tyrrell, construído a cen quilómetros do xacemento para conservar, estudar e expoñer os restos.
Estes outeiros canadenses non deixan de regalar novas sorpresas como este novo hadrosaurio. Segundo os expertos, o nivel de conservación excepcional deste fósil puido deberse a que o dinosauro fose enterrado en menos de dous días despois da súa morte.
Con todo, esta rapidez de enterramento hai 75 millóns de anos contrasta co longo traballo que teñen por diante os expertos. Os traballos de recuperación do fósil comezaron, cubrindo con xeso e madeira os restos expostos para protexelos da intemperie. Os expertos prognostican meses ou mesmo anos de paciente traballo para extraer o fósil completo, pois van comezar a escavar desde a parte superior do outeiro na que se atopa o fósil. Estaremos atentos ao que estean por sacar de entre esas rochas.
FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es/ciencia
Buscamos unha canción para que poida a cantar Esther. Vale calquera estilo... Só ten que estar escrita en lingua galega e ser orixinal Hai 1.500 euros en xogo! Consulta as bases en https://digochoeu.gal.
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Europa, no que poño a proba os teus coñecementos sobre o noso continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é 50. Deles 43 con todo o territorio en Europa (Albania, Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Belarús, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Cidade do Vaticano, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Malta, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Noruega. Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, San Marino, Serbia, Suecia, Suiza, e Ucraína) e 7 euroasiáticos (Armenia, Acerbaixán, Chipre, Xeorxia, Casaquistán, Rusia e Turquía)
E imos coa pregunta de hoxe!

2. Que lugar ocupa Europa en extensión co resto de continentes?
- 1º
- 2º
- 3º
- 4º
- 5º
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org e saberpractico.com Imaxe:sites.google.com

Carolyn Bertozzi, Morten Meldal e Barry Sharpless, gañadores do Premio Nobel de Química de 2022
Os investigadores Carolyn Bertozzi, Morten Meldal e Barry Sharpless gañaron o Premio Nobel de Química de 2022 por “o desenvolvemento da química click [un concepto para xerar substancias de maneira rápida a partir de pequenas unidades] e a química bioortogonal [reaccións dentro das propias células, evitando a interferencia con reacciónelas bioquímicas naturais]”, dúas “enxeñosas ferramentas para construír moléculas”, segundo anunciou este mércores a Real Academia das Ciencias de Suecia nun acto en Estocolmo.
Carolyn Bertozzi (Boston-Estados Unidos,1966) investiga na Universidade de Stanford.
Morten Meldal (Dinamarca, 1954) é profesor da Universidade de Copenhague.
Barry Sharpless (Filadelfia-Estados Unidos, 1941) desenvolveu a súa carreira no Instituto de Investigación Scripps, na Jolla (EE UU).
Parabéns!
FONTE: Manuel Asende/elpais.con e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e americanpeptidesociety.org
Europa é un dos continentes que forman o supercontinente euroasiático. Nós, somos europeos! Pero canto sabes sobre Europa?
Pois ben, dende hoxe poñerei a proba os teus coñecementos sobre iste tema. Comezamos!

1. Cantos países conforman Europa?
- 27
- 35
- 50
- 64
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e saberespractico.com

Mapa do potencial de raón en España / Consello de Seguridade Nuclear
O radón é un gas radioactivo froito da desintegración do radio e uranio presente en toda a cortiza terrestre, pero especialmente en zonas graníticas como Galicia. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. Co obxectivo de analizar máis polo miúdo a situación, este martes celebrouse en Santiago de Compostela o I Simposio Nacional de Radón Laboral. Durante o congreso, os expertos informaron de que o 70% da superficie de Galicia supera os 300 becquerelios por metro cúbico, limiar máximo permitido na lexislación laboral para evitar os efectos canceríxenos deste gas.
Ao evento, organizado polo equipo do investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alberto Ruano, asistiron diversos profesionais do sector. No congreso debulláronse diferentes aspectos deste problema de saúde pública e as súas posibles solucións orientadas nesta ocasión ao ámbito laboral. Segundo a Directiva Europea 2013759/Euratom, o volume máximo por metro cúbico de gas radón no lugar de traballo non debe superar os 300 becquerelios. Con todo, a transposición desta norma ao ordenamento xurídico español tardou case 9 anos e entrará en vigor nun par de meses.
Ante ese baleiro, o grupo de investigación que lidera Ruano, a través do Laboratorio Radón de Galicia, levou a cabo un estudo no que se recollen medicións de máis de 3.000 postos de traballo en España e cuxas conclusións serán publicadas proximamente. Non hai que esquecer que segundo a OMS, a inhalación de gas radon é culpable de entre un 3% e un 14% dos cancros de pulmón. De feito, o propio Ruano nun artigo que el mesmo asinaba para The Conversation afirmaba o seguinte: “É sorprendente o pouco coñecemento que existe acerca deste gas por parte da poboación española. Como sorprende tamén a inacción da maior parte de administracións públicas deste país”.
FONTE: gciencia.com