Blogia

vgomez

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CX

VERTICAIS: 1. Nipón 2. Gorbachov 4. Polaris 6. Doa 8. Artemis.

HORIZONTAIS: 3. Dniéper 5. Noruega 7. Cazón 9. Cerquiño 10. Sucre.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CX

VERTICAIS: 1. Persoa natural ou habitante do Xapó. 2. Apelido do dirixente ruso e Premio Nobel da Paz, falecido o pasado 30 de agosto 4. Estrela máis brillante da constelación da Osa Menor 6. Boliña pequena de vidro ou outro material, cun buraquiño polo que se enfía con outras pezas iguais formando colares, adornos etc. 8. Mome do programa espacial que ten por finalidade a volta a Lúa e que a primeira misión deste programa foi aprazada, despois de dous intentos, ata finais deste mes.

HORIZONTAIS: 3. Río que discorre por Rusia central, Belarús e Ucraína e desmboca no mar Negro, despois de percorrer 2.287 km. 5. Oslo é a capital de... 7. Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo alongado de cor acastañada, coas aletas dorsal e caudal coma as das quenllas e o fociño arredondado, que vive tanto nas augas profundas coma nas superficiais e de nome científico Galeorhinus galeus 9. Especie de carballo monoico, máis miúdo, rustico e frugal có carballo común, coñecido tamén como rebolo 10. Capital de Bolivia.

SOBRE A GRAVIDADE IX

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos de que os obxectos moi masivos poden crear ondas, hoxe tócalle a…

9. Gravidade cuántica

 

A gravidade é moi débil, pero canto máis xuntos están dous obxectos, máis forte vólvese. En última instancia, alcanza a forza das outras forzas a unha distancia moi pequena coñecida como lonxitude de Planck, moitas veces máis pequena que o núcleo dun átomo. Aí é onde os efectos da gravidade cuántica serán o suficientemente fortes como para medilos, pero é demasiado pequeno para que calquera experimento próbeo. Por agora serve de base teórica como obxecto de establecer a que se coñece como teoría do campo unificado.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es     Imaxe: naukas.com

#DígochoEu: Non digas *despechada

 

Nin *despechada nin *despechá. En galego andamos doutra maneira, presta atención á explicación de Esther Estévez!

#DígochoEu

#DígochoEu: Como se di 'extrovertido'?

 

Preguntan como se di ’extrovertido’ en galego porque non aparece na RAG. Atende ben á explicación de Esther Estévez!

 #DígochoEu

A ORIXE DAS PALABRAS: SABER MÁIS QUE LEPE (SEGUNDA PARTE)

Onte comezamos a falar da expresión sabes mais que Lepe, que se refire a alguén que é moi perspicaz e astuto, non necesariamente sabio e intelixente, e en ton irónico, a quen se pasa de listillo.

Se onte citaba a primeira teoría deste dito popular, hoxe falaremos da segunda, asocioada con outro personaxe, non de tanta sona coma Don Pedro de Lepe e Dorantes, ainda que neste caso si, sendo desta localidade onubense de Lepe: Juan de Lepe. Mariño nado na devandita localidade onubense no seo dunha familia humilde a mediados do século XV, o azar fixo que Juan de Lepe chegase ata a corte do rei Enrique VII de Inglaterra, de quen foi confidente, amigo, comensal e ata bufón. Este lepeiro pasou á historia por gañarlle ao monarca unha partida de cartas a dobre man na que este se apostou as rendas reais producidas nun día e o nomeamento simbólico como Rei de Inglaterra durante 24 horas. Por esta razón Juan foi coñecido por todo o reino como Little King of England.

En 1509, á morte do rei, regresou ao seu pobo natal como home rico, vivindo alí holgadamente ata a súa morte. En 1.583 o franciscano Francisco de Gonzaga na súa obra Orixine Seraphicae Religionis describiu a lápida do sepulcro de Juan de Lepe no desaparecido convento franciscano da nosa Señora da Bela, do que Juan de Lepe foi benefactor.

FONTE: hispanoteca.eu e fraseomania.blogspot.com            Imaxe: youtube.com

SOBRE A GRAVIDADE VIII

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos da ausencia de gravidade no organismo, hoxe tócalle a…

8. Os obxectos moi masivos poden crear ondas gravitacionais

 

As teorías de Albert Einstein describen como os obxectos masivos distorsionan o espazo-tempo. A medida que estes obxectos móvense deberían crear ondas no tecido mesmo do espazo. E precisamente un equipo de científicos anunciou en 2016 poder observar unha colisión entre dous buracos negros a uns 1.800 millóns de anos luz de distancia. Esta observación era compatible coas predición da relatividade xeral feitas previamente polo físico alemán. A colisión converteu a masa de aproximadamente 3 soles en enerxía de ondas gravitacionales nunha fracción de segundo.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es     Imaxe: agenciasinc.es

#DígochoEu: Non digas *cuchitril

 

*Cuchitril é un castelanismo! Toma nota das opcións que temos para dicilo correctamente en galego.

 #DígochoEu