Blogia

vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: SABER MÁIS QUE LEPE

A expresión sabes mais que Lepe diríxese a alguén que é moi perspicaz e astuto, non necesariamente sabio e intelixente, e en ton irónico, a quen se pasa de listillo. Pero, a pesar de que o pobo de Lepe atesoure grandes doses de astucia e esforzo colectivo, a orixe da expresión que nos ocupa, neste caso, non se refire á localidade onubense, senón á intelixencia e a sabedoría dun andaluz que levou a Lepe como apelido, aínda que non era de alí.

A primeira teoría deste dito popular está asocioada a Don Pedro de Lepe e Dorantes, un escritor e prelado nado en Sanlúcar de Barrameda en 1641. Consagrado bispo de Calahorra e A Calzada en 1687, Lepe distinguiuse pola súa gran sabedoría, que foi acrecentándose cos anos, segundo expresa, entre outros, frei Luís Álvarez.

Os seus coñecementos nos distintos campos do saber fixéronlle merecedor de ser incluído no Catálogo de Autoridades da Lingua, da Real Academia Española, do ano 1732. Entre os seus escritos destacan as Cartas pastorais, recompiladas e publicadas en 1720 por Herrera e Graguero, así como un Catecismo católico que foi moi difundido e utilizado nos tempos posteriores e que contén a explicación dos principais misterios da nosa santa católica fe e as demais cousas que debe o cristián saber para a súa salvación. Morreu en Arnedillo (A Rioxa) no ano 1700.

Continuará...

FONTE: hispanoteca.eu e fraseomania.blogspot.com            Imaxes: siluetassanluquenas.blogspot.com

SOBRE A GRAVIDADE VII

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos de que a gravidade é a forza máis debil, hoxe tócalle a…

7. A ausencia de gravidade no organismo

 

Talvez un dos aspectos máis rechamantes da ingravidez, a partir da experiencia dos astronautas, sexa a percepción polo propio corpo dos cambios fisiolóxicos que obrigan ao organismo para realizar adaptacións sorprendentes para conservar a súa identidade.

Sangue, hormonas, receptores de varios tipos, músculos, osamenta e moitos outros dos nosos perpiaños entran nun baile maldito ao que hai que poñer freo para non sucumbir. E así, cando a masa de sangue que en posición vertical sometida á gravidade tende a acumularse nas rexións inferiores do corpo, vese liberada da atracción terrestre, é desprazada cara ás zonas superiores, producíndose unha redistribución que explica a hinchazón da cara. As pernas, polo efecto contrario, adelgazan. Os expertos, irreverentes, falan de "patas de pito". O fluxo do sangue cara á parte superior do corpo afecta o corazón, que non está habituado a esa sobrecarga. Os receptores de volume deste órgano, entre outros, dan un sinal de alarma. O cerebro é informado e pon en marcha a inhibición dunha hormona de nome elocuente: antidiurética. A súa diminución no sangue xunto á posta en escena doutra diminución hormonal que afecta á perda de sal polo ril, explica as perdas de peso ao pouco tempo de iniciado o voo, como resultado dunha gran excreción de ouriños. Ao quinto día, aproximadamente, o corpo, falto agora de líquido pola perda de ouriños, inviste os mecanismos.

O peso e os volumes do astronauta volven á normalidade. Ademais o corpo cambia tambien na súa talla. Os astronautas fanse máis esveltos mentres exercen de tales e só volven ao seu tamaño cando regresan á Terra. Estes cambios non parecen entrañar perigos que comprometan a saúde. Algo menos estudado é o problema que supón a deterioración dos ósos durante o voo. Sábese que existe unha perda de masa ósea, especialmente no talón, co consecuente aumento de calcio no sangue, onde este é recollido. Ese calcio en exceso debe ser eliminado polos riles, co perigo de formación de cálculos. Polo momento non se teñen as claves para comprender esta deterioración.

Moitos outros sistemas corporais despístanse en ausencia de gravidade. Os receptores que nos axudan a manter o equilibrio, situados no oido interno, reciben sinais ás que non están afeitos. Por fortuna, os efectos desaparecen moi pronto. Ao regresar á Terra, os seus corpos e mentes necesitan tempo para recuperarse. A presión arterial ten que volver a un patrón terrestre. O organismo ten que volver axustarse básicamente.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e Elena Escudero/elpais.com    Imaxe: es.wikipedia.org

SOBRE A GRAVIDADE VI

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos do gravitón, hoxe tócalle a…

6. É a forza máis débil

Aínda que poida parecer estraño, a gravidade é en realidade a forza máis débil que coñecemos actualmente. Só atrae e non ten unha versión negativa que separe os obxectos. Si que é o suficientemente poderosa para manter unidas ás galaxias pero, á vez, é moi débil en comparación con outras forzas. A forza eléctrica entre un electrón e un protón dentro dun átomo é ao redor dun trillón de veces máis forte que a atracción gravitacional entre eles. Por iso un imán da túa neveira é máis forte que a gravidade terrestre.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

#DígochoEu: Non digas *mediciña

 

En galego os médicos non estudan nin practican a *mediciña!

#DígochoEu

CANDO A ANTÁRTICA ERA UN GRAN BOSQUE A 30ºC E CON DINOSAUROS NAS SÚAS AUGAS

CANDO A ANTÁRTICA ERA UN GRAN BOSQUE A 30ºC E CON DINOSAUROS NAS SÚAS AUGAS

A Antártica non sempre foi unha paraxe abatida, cheo de xeo e sen vexetación. Aínda que pareza difícil de crer, o continente do Polo sur foi unha vez un frondoso bosque cheo de árbores, un lugar verde. De feito, hai 145 millóns de anos, a Antártica excedía de especies de dinosauros xigantescos. Algúns deles superaban os 17 metros de longo.

Durante o período Cretácico, os ecosistemas da Terra tia pouco que ver coa forma en que son actualmente. Segundo un estudo publicado en Nature, hai 90 millóns de anos a Antártica estaba recuberta dunha xungla tupida e chea de vida.

Os investigadores aseguran que este xurdimento de vida debeuse, en gran medida, a que a Terra era moito máis quente que na actualidade. Iso debeuse en gran medida, como ocorre coa actual crise climática, por mor dun exceso de dióxido de carbono na atmosfera, que facía que o ambiente fose moito máis cálido nos polos terrestres.

Durante 80 millóns de anos, aproximadamente, o Polo sur da Terra estivo completamente libre de xeo. No período Cretácico, os niveis elevados de CO2 no planeta permitiron que a Antártica excedese en dinosauros, aves e plantas prehistóricas.

 


Entre 145 a 66 millóns de anos no pasado, explica BBC Earth, “había bosques en ambos os polos”. Isto sábese a partir dos fósiles de árbores antigas, cunchas e réptiles de sangue frío, que lanzan luz sobre as condicións climáticas polares naquel pasado remoto. Tanto en terra firme como baixo o mar, parece ser que este foi un espazo propicio para que a vida proliferase.

De acordo con Brian Huber, palentólogo do Museo Smithsonian de Historia Natural, a partir do sedimento austral podemos saber como foi a evolución do clima na rexión.

Os foraminíferos proporcionan algúns dos mellores rexistros, porque tes aos que viven no fondo vivindo nos sedimentos e rexistrando as temperaturas do fondo do océano”, explica o especialista, “e logo tes aos planctónicos que viven nos cincuenta metros superiores do océano rexistrando as temperaturas atmosféricas”.

Naquel entón, estima Huber, o círculo polar Antártico alcanzou temperaturas superiores aos 30ºC, suficientes para manter a vida no inverno do sur. Isto propiciou que diversas especies de réptiles e mamíferos prehistóricos dominasen a rexión máis austral do planeta.

É posible que, mesmo, os exemplares máis grandes de elasmosaurios vivisen aí durante o período Cretácico. Herbívoros e expertos nadadores, foron algúns dos animais máis longos que pisaron a Terra en toda a súa historia natural.

Estas altas temperaturas ocorreron a mediados do Cretácico, nun período coñecido como o "Invernadoiro do Cretácico", un efecto invernadoiro causado polo aumento de dióxido de carbono na atmosfera. Pero, que sucedeu no Cretácico para crear un mundo onde había árbores e dinosauros vagando pola Antártida?

Huber explícao: "O que sabemos sobre o Cretácico medio en particular é que tivemos máis fontes volcánicas de CO2". Huber e os seus colegas aínda están a investigar se o "invernadoiro" ocorreu como resultado dunha gran cantidade de vulcanismo que emitiu gran cantidade de CO2, o cal creou á súa vez unha capa de efecto invernadoiro que quentou a Terra.

O que sucede agora no planeta polas emisións causadas polo home parécese bastante ao que ocorreu entón, pois ten un lugar un proceso de quecemento similar. Por tanto, é posible volver ver unha Antártica libre de xeo e chea de frondosos bosques?

Vemos realmente unha taxa e unha magnitude de cambio sen precedentes en comparación cos eventos xeolóxicos do pasado. Estamos a liberar centos de miles de millóns de toneladas de CO2 á atmosfera en cuestión de décadas. Os volcáns non poden producir esa cantidade de CO2 en tan pouco tempo, mesmo se son volcáns enormes”, di Huber.

FONTE: J. L. Ferrer/elperiodico.com         Imaxes: EPI_RC_ES  e DEPOSITPHOTOS

LENDA: ILLA COELLEIRA

Nunca oíches as campás da illa Coelleira? Pois pon atención, sobre todo nas noites sen lúa, cando o vento galga as ondas e a néboa enchoupa os montes. Contan que, unha noite escura, o rei enviou uns guerreiros para exterminar os cabaleiros da Orde do Temple e degolaron todos os cabaleiros e monxes que descansaban no cenobio da illa Coelleira.

Cando deron por rematada a matanza, escoitaron as campás da torre. Alí atoparon un raparigo louro, de ollos azuis que, axeonllándose perante eles e mirando ao ceo, clamou, desesperado: “Aquí me tedes, son o último templario da miña Orde!” e, segundos despois, foi degolado.

Durante moitos anos, nas noites tenebrosas, o tanguemento das campás estarreceu toda a bisbarra. Ata que morreu en Viveiro un nobre pertencente á familia baixo cuxa domina- ción se argallou a arrepiante matanza e, arrepentido pola súa crueldade, deixou dito no seu testamento: “Mando que se digan trinta e seis misas polo descanso das almas dos templarios que fixen matar por orde do rei en San Miguel da Coelleira”.

As almas dos templarios repousaron en paz, mais non as campás, que aínda arreguizan na escuridade das noites de lúa negra e vento.

FONTE: syngenta.es/almanaque-agricola-2022

SOBRE A GRAVIDADE V

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol ".

Se onte falamos da gravidade no Sistema Solar, hoxe tócalle a…

5. Gravitón

Un gravitón é unha partícula elemental hipotética que transmitiría a interacción gravitatoria na maioría de modelos de gravidade cuántica. A partícula sen masa que “transportaría” a gravidade. Foi teorizada en 1930 por un grupo de científicos (Dmitri Ivanovich Blokhintsev e FM Gal’perinen), despois de varias complicacións coa creación dunha teoría do todo. Sabíase que a luz era un fotón; a carga negativa, un electrón; a masa, un bosón; pero dá igual o que tentasen, a gravidade non conectaba correctamente coas teorías. Para solucionar isto, tentaron asimilala a unha partícula. Aínda así, as súas matemáticas esborralábanse. Por esa razón ideouse a teoría de cordas, para poder facer cálculos precisos. De acordo coas propiedades do campo gravitatorio, o gravitón debe ser un bosón de espín par (2 neste caso), xa que está asociado a un campo clásico tensorial de segunda orde. En canto á masa do gravitón as medicións experimentais dan unha cota superior da orde de mg = 1,6 × 10−69 kg,​ aínda que podería ser exactamente cero.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Galego básico: sabores

 

Sabes falar dos sabores en galego? Velaquí tes os máis básicos!

 #DígochoEu