Blogia

vgomez

MONGOLARACHE JURASSICA: A ARAÑA XIGANTE DO XURÁSICO

Describiuse orixinalmente, en 2011, como unha especie do xénero Nephila, coñecidas como arañas de seda de ouro pola cor dos seus fíos. Son as arañas tecedoras máis grandes da actualidade cunha envergadura contando as súas patas que pode alcanzar os 15 centímetros e adoitan habitar as rexións tropicais e subtropicais, onde son capaces de producir unha tea de araña de ata 1,5 metros de diámetro. Con todo, a comparativa con outro fósil achado posteriormente, fixo que os investigadores decidisen cambiar o xénero da araña fosilizada.

O fósil holotipo é o dunha femia adulta conservada case por completo de maneira comprimida en rochas sedimentarias froito da cinza expulsada por unha actividade volcánica.

Viviu hai 165 millóns de anos, é dicir a mediados do Xurásico, polo que conviviu cos dinosauros. Con esta cronoloxía, tamén é o fósil de araña máis antigo coñecido. O seu corpo mide uns 24,6 milímetros e as súas patas dianteiras alcanzan os 56,5 milímetros de lonxitude. Un estudo de 2013 analizou o fósil dun macho da mesma especie, foi entón cando xurdiron as dúbidas acerca da correcta clasificación da araña entre os xéneros Mongolarachne e Nephila. Este segundo fósil tiña un corpo de 16,54 milímetros e patas de ata 58,2 milímetros.

É unha sorte que os investigadores puidesen facerse con dous fósiles tan extraordinariamente ben conservados de arañas xa extintas, debido a que os seus delicados corpos adoitan descompoñerse antes de fosilizar:

Non só ves os pelos nas pernas, senón pequenas cousas como os tricobotrios, que son moi, moi finos. Úsanse para detectar vibracións do aire. Hai un grupo moi distinto deles e teñen un tamaño moi distinto”. Así o expresaba o profesor Paul A. Selden, do Instituto Paleontolóxico e Departamento de Xeoloxía da Universidade de Kansas, que encabeza os estudos acerca desta especie de araña que tivo que ser cambiada de xénero.

O fósil da femia atopouse en 2005 na Formación Jiulongshan, no condado de Ningcheng, ao noroeste de China. Foi visto por agricultores da zona interior de Mongolia, que puxeron sobre aviso aos expertos.

Con todo, non foi ata 2011 cando se publicou na revista Biology Letters os resultados da investigación, debido á gran dificultade que supuxo analizar e clasificar o fósil da araña. Foi entón cando lle viron un maior parecido ao grupo de arañas Nephila, polo que nomearon á nova especie como Nephila jurassica dado o período ao que pertence o fósil.

Dous anos despois da publicación, en 2013, os investigadores acharon outro fósil da mesma especie, esta vez un macho. O novo achado permitiu entón comparar o fósil da femia con outro da súa mesma especie, o cal axuda moito aos especialistas. Aínda que, as evidencias observadas no segundo fósil só fixeron complicar a vida ao equipo de investigación.

O macho presenta un tamaño moi similar ao da femia, unha característica que non coincide coas arañas actuais do xénero Nephila, as cales teñen un dimorfismo sexual notable xa que as arañas femias son diferentes e bastante máis grandes que os machos:O macho non pode acomodarse en Nephilidae debido á súa morfoloxía pedipalpo, polo que se erixe o novo xénero Mongolarachne e a familia Mongolarachnidae para a especie”.

A historia da paleontoloxía está chea de exemplos similares a iste, no que as interpretacións orixinais son modificadas ou totalmente anuladas polo descubrimento de novos materiais que proporcionan datos e evidencias imposibles de coñecer con anterioridade. En concreto, o dimorfismo sexual xa lla xogou aos investigadores encargados de clasificar aos moas xigantes de Nova Zelandia. O tamaño das femias era tan superior ao dos machos que, nun principio, tomáronse por especies distintas que hoxe día téñense pola mesma. Normalmente pasan anos para que a ciencia atopa nova información que permita cambiar e mellorar este tipo de clasificacións, pero no caso destas arañas prehistóricas, foi curioso vivir o cambio de xénero grazas ao achado de restos fósiles acontecidos na mesma década.

A nova clasificación, propón estas rañas fosilizadas como un xénero máis próximo a Deinopis, coñecida como as arañas cara de ogro. Estes animais teñen unha dieta carnívora e cazan cun método curioso. No canto de tecer unha tea na que caen as súas presas, estas envólvense a tea de araña ao redor das súas propias patas para lanzarse a cazar e despregan o seu pegañento fío para atrapar ao voo ás súas presas.

Non podemos descartar en absoluto (de feito sería o idóneo) que novos materiais fósiles atopados acheguen máis información e a descrición destas arañas do xurásico volva cambiar. Que dúbida cabe: a paciencia é a nai da ciencia.

FONTE: Fran Navarro/muyinteresante.es/ciencia

A MOREA DE PALABRAS EN GALEGO PARA DESIGNAR A CHUVIA

Existe a crenza de que os esquimós inuit teñen centos de palabras distintas para designar a neve. Pero é falso. A falacia foi propalada polo antropólogo estadounidense Franz Boas en 1911. En realidade, as linguas inuit son polisintéticas, co que crean longas palabras que funcionan como frases completas. E por iso só teñen dúas raíces léxicas ou ‘palabras’ para a neve: ‘ganik‘, para os copos no aire; e ‘aput‘, para a que se acumula no chan. Que logo, cando se escoitan, parezan longas palabras só responde a que lle suman afixos que en galego serían adxectivos ou preposicións como ‘branca neve’, ‘neve a derreter’ ou ‘neve en po’.

Así que non é certa a lenda dos esquimós e a palabra neve. Pero si é verdade que os galegos temos máis de cen palabras para designar a chuvia, das que 61 a denominan directamente.

Para resumir aquí están 61 palabras galegas distintas para denominar a chuvia. E outras dezaseis máis relacionadas co mesmo concepto:

Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…

Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…

Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…

Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…

Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…

E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…

Para que despois digan do noso idioma!

FONTE: gciencia.com/tolociencia

SOBRE A GRAVIDADE X

Remato coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos da gravidade cuántica, hoxe tócalle a…

10. A canto debemos viaxar para escapar da atracción gravitatoria da Terra?

A velocidade de escape é aquela que necesita calquera corpo, incluída a luz, para escapar da atracción gravitacional da Terra, ou calquera outro obxecto de gran masa; e desprazarse no espazo seguindo unha traxectoria parabólica e conseguir chegar a unha hipotética distancia infinita con velocidade cero. A velocidade de escape na superficie da Terra é de 40.320 km/h (11,2 km/s), o que equivale a 1,12·10⁴ m·s⁻¹. A velocidades inferiores o vehículo espacial converteríase nun satélite artificial en órbita elíptica arredor do obxecto que o atraia. Para calcular a velocidade de escape, úsase a seguinte expresión:

na cal: Ve = Velocidade de escape. G = Constante da gravitación universal (6,672 × 10-11 N m2/kg2). M = Masa do corpo celeste (planeta, satélite ou estrela) e R = raio do corpo celeste.

A velocidade de escape desde a superficie da Lúa é de 2,38 km/s, desde a superficie de Marte 5,03 km/s, e desde a superficie do Sol 617,7 km/s.

FIN

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gl.wikipedia.org    Imaxe: elfisicoloco.blogspot.com

E SE OS MORCEGOS FORAN INOCENTES? UN NOVO ESTUDO PON EN DÚBIDA A ORIXE DA COVID-19

Os estudos coñecidos ata o de agora só puideron demostrar similutudE xenética entre coronavirus en morcegos e o SARS-CoV-2  /  Rudmer Zwerver/iStockphoto

Diversos estudos indicaron durante os dous últimos anos que o coronavirus SARS-CoV-2, causante da Covid-19, ten a súa orixe máis probable en poboacións de morcegos do sueste de Asia.

Os indicios máis importantes achegados na maioría destes estudos son a presenza nalgúns destes quirópteros de coronavirus xeneticamente moi similares ao SARS-CoV-2 que infecta aos humanos.

Dous investigadores da Universidade de Tel Aviv (Israel), a doutora en medicina veterinaria Maya Weinberg e o neurobiólogo e profesor de zooloxía Yossi Yovel, revisaron boa parte destes estudos científicos e chegan á conclusión de que non existen evidencias suficientes para considerar demostrado que a orixe directa do SARS-CoV-2 sexan os morcegos.

Weinberg e Yovel indican que, como moito, pódese manter a hipótese de que os morcegos foron nalgún momento un paso intermedio na evolución deste coronavirus antes de atacar aos humanos. Máis aínda, en defensa dos mamíferos voadores, os autores desta revisión de estudos lembran que os morcegos "exhiben unha resposta inmunitaria equilibrada contra os virus que evolucionaron durante millóns de anos".

Os resultados deste novo estudo de interpretación ou metaanálisis de investigacións previas foron publicados na revista iScience cun titular provocativo: "Revisando o paradigma: Son os morcegos realmente reservorios de patógenos ou posúen un sistema inmunolóxico eficiente?".

A Universidade de Tel Aviv resumiu as conclusións do artigo dos seus dous investigadores lembrando en primeiro lugar que "os morcegos teñen un sistema inmunolóxico altamente efectivo que lles permite lidar con relativa facilidade con virus considerados letais para outros mamíferos".

A doutora Weinberg lembra que,"en xeral, concíbese erroneamente aos morcegos como reservorios de moitas enfermidades contaxiosas, só por ser positivos serológicamente positivos". Noutras palabras, considérase culpables aos morcegos porque se detectan anticorpos neles, o que pode significar simplemente que estes animais  sobreviviron á enfermidade e desenvolto unha resposta inmune.

En moitos casos, lembra Weinberg, púidose comprobar que os morcegos venceron por completo a estes virus e,  por tanto, xa non son os seus portadores. Por outra banda, en ocasións, os morcegos poden ser portadores dun virus similar a un patóxeno humano sen que iso signifique que sexan reservorios do axente que causa a enfermidade en humanos.

"Para examinar a situación xeral, realizamos un metanálisis da literatura e verificamos os achados de máis de 100 virus para os cales os morcegos se consideran reservorios potenciais, como o ébola, o SARS e o COVID", explica Maya Weinberg en declaracións difundidas pola súa universidade. "Atopamos que nun número considerable de casos (48%) esta afirmación baseouse na incidencia de anticorpos ou probas de PCR, en lugar do illamento real de virus idénticos. Ademais, moitos dos achados informados non son convincentes", indica a primeira asinante do novo artigo.

O mero illamento dun virus non é suficiente para ver a un animal como reservorio, xa que se require un número mínimo de casos índice nos que se ille o virus para ser considerado un animal reservorio, así como a existencia dun reservorio establecido e unha vía de transmisión. Ademais, a detección mesma dun virus particular nos morcegos non garante necesariamente unha maior infección, e deben existir outras condicións biolóxicas, ecolóxicas e antropoxénicas para que tal evento ocorra", puntualiza.

Os fimantes deste metaanálisis consideran que "estase acumulando evidencia do feito de que os morcegos son capaces de facer fronte a diferentes virus, incluídos os letais, mellor que os humanos e a maioría dos demais mamíferos. Despois de máis de 100 anos de atención aos virus que portaban os morcegos, parece que o sistema inmunitario dos morcegos caracterízase por unha resposta restrinxida durante os procesos inflamatorios".

A doutora Weinberg conclúe que "o exhaustivo estudo que realizamos expón serias dúbidas sobre a posibilidade de que os morcegos sexan a orixe do brote de Covid-19". "Os achados dan lugar á perspectiva oposta, segundo a cal debemos estudar en profundidade as capacidades inmunolóxicas antivirais dos morcegos, e así obter medios novos e efectivos para facer fronte á loita da humanidade contra as enfermidades contaxiosas, o envellecemento e o cancro", propón esta doutora en medicina veterinaria da Universidade de Tel Aviv.

FONTE: Joaquim Elcacho/lavanguardia.com/natural

#DígochoEu: Como se di 'estropajo'?

 

Como se di ’estropajo’ en galego? Toma nota de todas as opcións que hai!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CX

VERTICAIS: 1. Nipón 2. Gorbachov 4. Polaris 6. Doa 8. Artemis.

HORIZONTAIS: 3. Dniéper 5. Noruega 7. Cazón 9. Cerquiño 10. Sucre.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CX

VERTICAIS: 1. Persoa natural ou habitante do Xapó. 2. Apelido do dirixente ruso e Premio Nobel da Paz, falecido o pasado 30 de agosto 4. Estrela máis brillante da constelación da Osa Menor 6. Boliña pequena de vidro ou outro material, cun buraquiño polo que se enfía con outras pezas iguais formando colares, adornos etc. 8. Mome do programa espacial que ten por finalidade a volta a Lúa e que a primeira misión deste programa foi aprazada, despois de dous intentos, ata finais deste mes.

HORIZONTAIS: 3. Río que discorre por Rusia central, Belarús e Ucraína e desmboca no mar Negro, despois de percorrer 2.287 km. 5. Oslo é a capital de... 7. Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo alongado de cor acastañada, coas aletas dorsal e caudal coma as das quenllas e o fociño arredondado, que vive tanto nas augas profundas coma nas superficiais e de nome científico Galeorhinus galeus 9. Especie de carballo monoico, máis miúdo, rustico e frugal có carballo común, coñecido tamén como rebolo 10. Capital de Bolivia.

SOBRE A GRAVIDADE IX

Continuo coas reflexións sobre a gravidade, que a NASA define como "a forza pola que un planeta ou outro corpo atrae obxectos cara ao seu centro. A forza de gravidade mantén a todos os planetas en órbita ao redor do Sol".

Se onte falamos de que os obxectos moi masivos poden crear ondas, hoxe tócalle a…

9. Gravidade cuántica

 

A gravidade é moi débil, pero canto máis xuntos están dous obxectos, máis forte vólvese. En última instancia, alcanza a forza das outras forzas a unha distancia moi pequena coñecida como lonxitude de Planck, moitas veces máis pequena que o núcleo dun átomo. Aí é onde os efectos da gravidade cuántica serán o suficientemente fortes como para medilos, pero é demasiado pequeno para que calquera experimento próbeo. Por agora serve de base teórica como obxecto de establecer a que se coñece como teoría do campo unificado.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es     Imaxe: naukas.com