#DígochoEu: Moito ollo cos tantos!
’Tanto’ é unha palabra correcta en galego, pero non debes usala en deportes. Moita atención á explicación de Esther Estévez!
’Tanto’ é unha palabra correcta en galego, pero non debes usala en deportes. Moita atención á explicación de Esther Estévez!

Parte da consulta na Guía de nomes galegos de Nuria / RAG
A Real Academia Galega (RAG) acaba de poñer a nosa disposición a Guía de nomes galegos, un recurso en liña, onde se recollén máis de 1.500 antropónimos que forman parte da tradición galega, moitos deles dende a Idade Media.
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Podes consultar a orixe do teu nome premendo AQUÍ.
FONTE: academia.gal
“Non hai pensamento sen tempo para pensar”, reivindica Remedios Zafra rescatando as palabras do sociólogo francés Pierre Bourdieu. O oficio desta ensaísta e científica é pensar. Pero etiquetar o seu traballo sería tan reduccionista como desacertado.
Científica titular no Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas de España (CSIC), as súas liñas de investigación oriéntanse ao estudo crítico da cultura contemporánea, o feminismo, as políticas da identidade nas redes e as transformacións do traballo creativo na cultura rede. “Hai dous cambios que, a finais do século XX, cambian a forma de entendernos e de relacionarnos como humanos: o feminismo e internet”, asegura.
Remedios Zafra é doutora pola Universidade de Sevilla e licenciada en Arte, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, posúe estudos de doutoramento en Filosofía Política e un Máster Internacional en Creatividade. Durante 20 anos foi profesora en varias universidades españolas e está acreditada como Catedrática en Arte e Humanidades. “A educación pública é a que garante que as persoas, independentemente de onde vingamos ou de como nacemos ou de cales son os nosos contextos, teñamos oportunidades”, defende a pensadora.
Na súa obra, Zafra analiza a cultura presente e como a Rede modifica as nosas relacións coa contorna, a sociedade, o pensamento, o modo de habitar e o propio corpo. É autora de ‘O entusiasmo. Precariedade e traballo creativo na era dixital’ - Premio Anagrama de Ensaio e Premio Estado Crítico -, ’Ollos e capital’, ‘Un cuarto propio conectado’ e, a súa última obra, ‘Fráxiles. Cartas sobre a ansiedade e a esperanza na nova cultura’.
En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Remato esta serie co único mamífero que hai en Galicia en perigo de extinción, seguindo o catálogo de Patrimonio Natural da Xunta.

Oso / Magnus Johansson/Wikimedia Commons
24. Oso (Ursus arctos)
O oso (Ursus arctos) distribúese exclusivamente nas serras orientais. De cando en cando, os exemplares que habitan na cordilleira Cantábrica (o seu principal núcleo poboacional) visitan estas cordilleiras galegas. E malia que a comunidade conta cun Plan de Recuperación do Oso dende 1992, a situación desta especie é moi preocupante. As súas principais ameazas son a morte directa, ben polo furtivismo ou o veleno, e a alteración do seu hábitat, afectado principalmente polos lumes que asolan a zona e pola construción de novas infraestruturas.
Fin!
FONTE: gciencia.com/medioambiental
En portugués hai expresións que non concordan co significado que temos no galego! Atención as estas expresións "vaime dar no cu" e "doute un bico".
#DígochoEu

O Coco de Mar (Lodoicea Maldivica) das illas Seychelles ten as sementes máis grandes do planeta, pois poden alcanzar cada unha un peso de ata 22 kg. Prodúcense dentro dunha gran froita leñosa que tarda seis anos en desenvolverse.
o Coco de Mar ten un tronco único, podendo chegar a medir 30 m de altura. As súas follas son costapalmeadas; pouco recortadas, de gran tamaño. Inflorescencia dioica: as inflorescencias masculinas son cilíndricas, sen ramificar e de forma fálica. No caso das femininas, as inflorescencias son ramificadas e cubertas de escamas. O froito é un gran coco ou noz de cor verde, que pode chegar a pesar ata 25 kg . Baixo a súa casca fibrosa, ten tres sementes que poden pesar ata 20 kg (semente máis grande do mundo). A forma da semente lembra o traseiro humano.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org
En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Remato co apartado dos réptiles, coa terceira especia ameazada.

Un exemplar de engonzo ibérico / Nano Sánchez/Wikimedia Commons
23. Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai)
O terceiro réptil é o esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai) que, como xa parece indicar o seu nome, é endémico da península. Porén, a súa presenza en Galicia é máis ben escasa e só se rexistran poboacións desta especie en zonas dispersas da costa atlántica, do interior da provincia de Ourense e nas illas Cíes e Ons. Malia que dende a Xunta aseguran que “se observou un importante retroceso” das súas poboacións, non se sabe o número de exemplares que pode haber en Galicia. De momento, as poboacións residentes nas illas son as que están en perigo de extinción. As do resto do territorio, de momento, só figuran como vulnerables.
Continuará!
FONTE: gciencia.com/medioambiental
Con esta calor todos queremos refrescarnos na praia ou na piscina. Es dos que fai *aguadillas? Pois toma nota de como se di...
#DígochoEu