Blogia

vgomez

HUMOR REAL: INCENDIOS

Esta viñeta, do xornal El País, do xenial El Roto (Andrés Rábago García-Madrid, 1947) do pasado día 14, é unha denuncia clara do tratamento dos nosos montes. Montes case abandonados, sen limpar e que son, xunto coa epoca calurosa, os mistos ideales para os incendios.

Unha politica que non entendo: máis de 7.000 persoas contratadas para los incendios en Galicia para o verán. E o resto do ano? Non sería mellor telos contratados durante todo o ano para limpar e previr e non só para o verán para apagar.

Bueno, así fan todos os anos e pasa o que pasa. É o que hai!

#DígochoEu: Non digas *menestra

 

 E logo como se chama ese guiso variado de verduras en galego?

 #DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CVI

VERTICAIS: 1. Arzúa 3. Estripeiro 4. Siro 7. Agulla 8. Acrónimo.

HORIZONTAIS: 2. Alqueva 5. Tiflis 6. Nicaragua 9. Choupa 10. Leria.

Máis cultura xeral!

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA XI

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Imos co apartado dos réptiles, nos que hai tres especies ameazadas. Dúas delas son tartarugas, das que falaremos hoxe.

Sapoconcho común / Dudva/Wikimedia Commons e Tartaruga de coiro / Bernard Dupont/Wikimedia Commons

21. Sapoconcho común (Emys orbicularis)

Malia que a Xunta a inclúe ao sapoconcho común (Emys orbiculari)s como especie en perigo de extinción, o catálogo de Patrimonio Natural recoñece que a súa presenza en Galicia é “moi rara”, confirmándose en espazos moi concretos e illados do sur de Pontevedra e Ourense. O seu número en Galicia, polo tanto, é moi reducido e descoñécese a cifra total de exemplares que pode haber na comunidade.

Esta especie ocupa masas de auga doce con pouca corrente e con abundante vexetación nas ribeiras. Porén, a alteración deste hábitat, así como a captura de exemplares, son as súas principais amezadas. De igual modo, hai dúas especies introducidas que tamén contribúen a poñer en perigo ao sapoconcho común: o sapoconcho de Florida (Trachemys scripta elegans) e a perca americana (Micropterus salmoides).

22. Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea)

A outra especie ameazada é a tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) que, a diferenza da anterior, ten unha presenza regular nas costas galegas. De feito, é un dos sapoconchos mariños máis frecuentes nestas zonas. Agora ben, o seu estado de conservación está moi comprometido por dúas razóns principais: as capturas accidentais debidas á pesca e a contaminación mariña. Esta última, segundo indican dende Patrimonio Natural, está protagonizada pola inxestión de plásticos, que se adoitan confundir con medusas e provocan a morte da tartaruga.

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

FAUNA EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN GALICIA X

En Galicia, segundo o catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, hai máis dunha vintena de especies en perigo de extinción. Remato co apartado adicado aos artrópodos, cos dous últimos dos catro en perigo.

Gomphus graslini (Gomphus graslini) /Adolfo Cordero Rivera/Ministerio para la Transición Ecológica e Macromia splendens (Macromia splendens) / Adolfo Cordero Rivera/Ministerio para la Transición Ecológica

19. Gomphus graslini (Gomphus graslini)

En Galicia só consta unha poboación desta libélula na provincia de Ourense, sen que se saiba o número de individuos que a compoñen. Segundo Patrimonio Natural, adoita estar asoaciada a augas máis lentas en leitos con marxes sombreadas pola vexetación. As ameazas ao seu hábitat tamén son os seus principais perigos: a contaminación das augas e a variación do réxime hídrico dos ríos.

20. Macromia splendens (Macromia splendens)

De igual modo que a anterior, esta libélula tamén é considerada unha especie rara en Galicia e conta con poboacións illadas. Só se ten constancia de nove en todo o territorio galego, asociadas tamén a tramos lentos con vexetación acuática de ríos anchos e relativamente profundos. Debido á dificultade para detectar individuos adultos, non se coñece con exactitude cantos exemplares conforman cada poboación. De igual modo que a anterior, as alteracións do seu hábitat son as principais ameazas.

Continuará!

FONTE: gciencia.com/medioambiental

#DígochoEu: Non digas *majo

 

Nin *majo nin *maxo nin *majete. Esher Estévez danos a alternativa!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CVI

VERTICAIS: 1. Concello galego situado na parte suroriental da provincia da Coruña, autodenomino "terra do queixo" 3. Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras 4. Nome do pintor, debuxante e caricaturista galego (Ferrol, 1943) que no ano 2020 recibiu o premio de periodismo José Luis Alvite 7. Parte da res vacúa que está entre o lombo e o pescozo 8. Vocábulo formado pola unión de fragmentos breves de dúas ou máis palabras, sexan estes iniciais ou non.

HORIZONTAIS: 2. Encoro con presa de arco situado sobre o río Guadiana, no Alentexo (Portugal), preto da fronteira con España, sendo o maior encoro de Europa Occidental, pois hai varios máis grandes en Rusia e Ucraína 5. Capital e maior cidadde de Xeorxia (país situado no límite entre Asia e Europa, localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética) 6. País situado en Centramérica, cuxa capital é Managua, aínda que anteriormente era León 9. Molusco da clase dos cefalópodos de aparencia semellante á da lura, pero coa cabeza máis voluminosa e de nome científico Illex coindetti 10. Conversa amigable sobre cousas sen importancia.

#DígochoEu: Non digas *esqueje

 

Como se di ’esqueje’ dunha planta en galego? Toma nota do que di Esther Estévez!

#DígochoEu