Blogia

vgomez

COMEZA A PRIMAVERA

Hoxe, domingo, 20 de marzo, ás 16:33 horas, comeza a primavera. Durará 92 días, ata o 21 de xuño, as 11:14 horas, momento que entrará o verán.

O equinoccio, que ten lugar dúas veces ao ano (marzo e setembro) marca o inicio da nova estación. Cando sucede o equinoccio o día e a noite teñen a mesma duración. É dicir, ás 16:33 horas do 20 de hoxe, os dous polos da Terra estarán á mesma distancia do Sol. Nese día, só unha metade exacta da Terra estará iluminada e en todos os puntos do noso planeta, salvo nas rexións polares, a noite durará o mesmo que o día: 12 horas.

Esperemos unha boa estación e con máis auga, aínda que esta aburra pronto, que boa falta fai!

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Fado. Este estilo musical portugués é xeralmente cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos bairros típicos. Documentalmente compróbase a existencia do fado desde 1838, aínda que hai quen identifica a súa orixe cos cantos das xentes do mar, inspirados na soidade, a nostalxia e os abalos dos barcos sobre a auga. A pesar dos numerosos investigadores —Gonçalo Sampaio,  Mascarenhas  Barreto, Pinto de Carvalho ou  Rodney  Gallop— o misterio das súas orixes aínda non se desvelaron. Crese que naceu nos barrios ao redor do porto de Lisboa, entre clases pobres, mariñeiros, obreiros,  rufiáns,  chamiceiras, xente bohemia de Alfama, Bairro Alto e outros.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal destes famosos escritores NON é portugués?

- Paulo Cohelo

- Fernándo Pessoa

- Alexandre O’Neill

- José Saramago

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org

SOLUCION SOPA DE LETRAS XCIII

SOLUCION SOPA DE LETRAS XCIII

Algunhas aves do territorio galego!

SOPA DE LETRAS XCIII

SOPA DE LETRAS XCIII

 

PAPALLÁS          CALANDRA         

LIÑACEIRO        BIRRIO              

PICA                   ESCRIBENTE

XÍLGARO            VERDEROLO       

PÍLLARA             CARRIZO           

CUCO                  POMBO

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é A Portuguesa. Naceu como unha canción de cariz patriótico en resposta ao ultimato británico para que as tropas portuguesas abandonasen as súas posicións en África en 1890. A letra é de Henrique Lopes de Mendonça e a música de Alfredo Keil. A Portuguesa foi designada como un dos símbolos nacionais de Portugal na Constitución de 1976. 

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se chama o estilo de musical popular de Portugal máis coñecido?

- Cantiga

- Saudade

- Fado

- Morna

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *pretencioso

 

En galego, unha persoa fachendosa de máis non é unha persoa *pretenciosa. Esther Estévez danos a alternativa!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mondego. Trátase do río máis longo que percorre exclusivamente terras de Portugal. Nace a 1.425 m de altitude na serra da Estrela, concello de Gouveia. Percorre 234 km ata desembocar no océano Atlántico na localidade de Figueira da Foz e abarca unha conca hidrográfica dun 6.644 km². Na súa cabeceira é coñecido como Mondeguinho. Os romanos xa o chamaban o río de Munda, que significa transparencia, claridade ou pureza. Os principais afluentes son, desde a cabeceira ata a súa desembocadura, os seguintes: o Dão (dereita), o Alva (esquerda), o Ceira (esquerda), e unha vez pasado Coimbra, o Arunca (esquerda) e o Pranto (esquerda).

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Como se chama o himno de Portugal?

- Uma casa portuguesa

- Portugalia

- A Portuguesa

- Grândola, Vila Morena

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org          Imaxe: turismoenportugal.org

#DígochoEu: Como é? 'Miña' ou 'de min'?

 

Un seguidor do #DígochoEu preguntounos se sería correcto usar ’miña’ en lugar de ’de min’.

Velaquí a explicación!