Blogia

vgomez

PROBAS DA AUGA PASADA EN MARTE

Imaxe tomada polo rover Zhurong das súas pegadas / CNSA

O 14 de maio de 2021, China conseguiu aterrar o seu primeiro rover sobre Marte. Concretamente, o vehículo bautizado como Zhurong pousouse sobre Utopía Planitia, unha enorme chaira volcánica no hemisferio norte cunha idade estimada de máis de 3.000 millóns de anos. Desde entón, o rover percorreu 450 metros nos que os seus instrumentos foron tomando datos para analizar o terreo sobre o que estaba a rodar e determinar o mellor traxecto. Agora, os seus responsables fixeron públicos os resultados preliminares dos primeiros dos datos, onde se identificaron miles de cráteres, estruturas pouco comúns aquí, na Terra, ou unha paisaxe moldeada polo vento e, posiblemente, tamén pola auga. Os resultados acaban de publicarse na revista Nature Geoscience.

O equipo, liderado Liang Ding, do Instituto de Tecnoloxía de Harbin en China, estudou toda a información solicitada nos primeiros 60 días no Planeta Vermello de Zhurong. A través da análise das interaccións entre as rodas do rover e o terreo que pisaba, incluídas as imaxes das pegadas das rodas tomadas pola cámara para evitar riscos, os autores puideron descifrar as propiedades mecánicas dos chans marcianos no sitio de aterraxe. Tamén se identificaron accidentes xeográficos compatibles coa erosión polo vento, como cristas e  ondulaciones, ademais de cráteres desgastados e texturas rochosas compatibles coa acción da auga.

"A topografía local é plana e suave, o que facilita a exploración de longa distancia do rover Zhurong a máis obxectivos xeolóxicos de interese durante o período prolongado da misión", sinalan os autores, que indican que a maior parte do camiño percorrido polo rover estivo libre de grandes cantos rodados, aínda que si que tivo que lidar con moitas pequenas pedras, "a maioría de gran fino e con pouca redondez". Algunhas rochas con superficies picadas mostran unha morfoloxía similar ás rochas ígneas observadas en misións anteriores (por exemplo, polo módulo de aterraxe Viking 1 e o rover Spirit), que se supón que se formaron a través de procesos de disolución relacionados coa salmoira en ambientes fríos (as salmoiras son mesturas de auga e sales que son máis resistentes á ebulición, conxelación e evaporación que a auga pura. Atopalos ten implicacións sobre onde os científicos buscarán vida pasada ou presente en Marte e onde os humanos que eventualmente viaxen ao planeta poderían buscar auga).

A tecnoloxía humana pisou por primeira vez Utopia Planitia coa sonda Viking 2, da NASA, en 1976. Por aquel entón, os científicos determinaron que aquel terreo estaba formado por fragmentos de lava basáltica. "Con todo, as rochas do lugar de aterraxe aquí obviamente non ven como un terreo de lava basáltica que asociamos coa codia en Utopia Planitia", explica a NewScientist John Bridges da Universidade de Leicester, Reino Unido. "Zhurong suxire unha evolución xeolóxica máis complicada do que mostrou a Viking 2". As novas probas aproban que non é un gran bloque basáltico, senón que apuntan cara a un Marte sedimentario, o que podería achegar moita información sobre a historia da superficie do planeta.

Doutra banda, algunhas teorías apuntan a que Utopia Planitia podería albergar algunha vez un océano de auga líquida. E Zhurong atopou evidencias deste posible mecanismo de erosión nas rochas, aínda que os autores indican que terán que seguir solicitándose aínda máis datos.

Algo que chamou a atención dos autores é a observación dunhas ’"megaondulacións" que teñen curiosas formas: cristas con forma de gaivota, de media lúa ou case rectas. Ademais, estas estruturas son máis brillantes desde o espazo. "Estas formacións xeralmente están orientados en dirección nordés-suroeste, e algúns mostran superficies cubertas de po que suxiren que estas ondas poden estar inactivas", afirman.

Megaondulacións da superficie de Utopia Planitia; arriba, en forma de ’gaivota’; no medio, de media lúa; abaixo, case rectas / lian Dign et al

Ademais, atoparon decenas de pequenos cráteres (a sonda Mars Reconnaissance Orbiter ten localizados uns 2.000 rodeando ao sitio de aterraxe do Zhurong) que na súa gran maioría (o 79%) "teñen menos de dez metros de diámetro e están e están suxeitos á erosión e meteorización a longo prazo". "A variedade de texturas rochosas na área, incluíndo a superficie picada, as estruturas estratificadas e escamosas, ou a morfoloxía dos ventifactos, indican procesos de alteración da superficie, como a erosión eólica e os procesos de meteorización química relacionados coa auga. Todas estas características xeolóxicas xustifican unha maior investigación", sinalan os investigadores.

FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia

MARUXIÑA

 

Todos coñecemos á maruxiña (Coccinella septempunctata): Insecto coleóptero da familia dos coccinélidos, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntiños negros.

Larva e adulto de Coccinella septempunctata / Imaxe: gl.wikipedia.org

Os adultos poden ter unha lonxitude corporal de 7,6 a 10,0 mm. Os seus puntos distintivos e chamativas cores parece que a fan pouco atractiva para os seus predadores. A especie pode segregar un fluído polas articulacións das patas que lle dá mal sabor. Unha maruxiña que se sente ameazada pode facerse a morta e segregar a substancia desagradable para protexerse.

C. septempunctata ten unha ampla distribución ecolóxica; xeralmente vive de comer pulgóns. Entre outros biótopos atópase en prados, campos, estepas da zona ponto-caucásica, parques, xardíns, bosques de folla ancha do occidente europeo e bosques mixtos. Tanto os adultos como as larvas son predadores voraces de pulgóns e, debido a isto, foi repetidametne introducida noutras zonas, como en América do Norte, como axente para o control biolóxico de pragas.

Pero a maruxiña, no noso idioma, ten moitas variantes. Queres sabelas? Pois no vídeo superior Déborah Bukusic dínolas!

FONTE: gciencia.com/dicionario-ciencia e gl.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XIV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte é Paulo Coehlo. Paulo Coelho de Souza (Río de Janeiro, 24 de agosto de 1947) é un novelista, dramaturgo e  letrista brasileiro despois de varios anos dedicado á poesia. É un dos escritores e novelistas máis lidos do mundo con máis de 320 millóns de libros vendidos en máis de 170 países (224 territorios), traducidos a 83 linguas.

O resto son todos portugueses: Fernando Pessoa (Lisboa, 13 de xuño de 1888 - 30 de novembro de 1935), especialmente recoñecido polos seus heterónimos: Alberto Caeiro, Alexander  Search, Álvaro de Campos, Bernardo Soares e Ricardo Reis. A súa extensa obra viuse crebada coa súa prematura morte aos 47 anos de idade. Alexandre Manuel Vahia de Castro O’Neill de Bulhões (Lisboa, 19 de decembro de 1924 -21 de agosto de 1986), poeta do movemento surrealista portugués. Era descendente de irlandeses. José de Sousa Saramago (Azinhaga, 16 de noviembre de 1922-Tías, 18 de junio de 2010). En 1998 se le otorgó el Premio Nobel de Literatura.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Esta é unha das moitas pontes que ten Portugal. Saberías dicir comoi se chama?

- Ponte Luis I

- Ponte vasco da Gama

- Ponte 25 de Abril

- Ponte da Arrábida

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org            Imaxe: es.wikipedia.org  

OS POLBOS USAN CADA VEZ MÁIS O LIXO COMO REFUXIO

 

Os refugallos volvéronse tan omnipresentes no océano que cada vez é máis doado para os polbos refuxiarse no lixo que en cunchas mariñas ou corais. Precisamente, unha revisión sistemática de fotografías e vídeos submariños de todo mundo contabilizou 24 especies de cefalópodos que viven no lixo mariño.

Os investigadores deste estudo sinalan que, en áreas onde os turistas humanos recolectaron demasiadas cunchas mariñas, cefalópodos de todas as idades foron obrigados a adaptarse ou a perecer. Por este motivo, durante anos, buzos e científicos observaron polbos que poñen os seus ovos en plástico ou en ferramentas de pesca abandonadas. Algunhas inclusive recorreron a botellas de vidro, vasillas de cerámica, tubos de metal, latas oxidadas ou vasos de plástico para poñer un teito sobre as súas cabezas.

Con todo, os investigadores mostran a súa preocupación polo que podería suceder se estas criaturas se volvesen demasiado dependentes do lixo como refuxio sinalando que calquera efecto aparentemente positivo, tamén podería ter varias consecuencias prexudiciais e indirectas.

En total, os autores da revisión puideron recoller 261 imaxes e vídeos submariños de polbos interactuando con refugallos, a maioría deles a través das redes sociais co permiso dos autores orixinais, mais tamén achegados por científicos e institucións de investigación mariña.

Grazas a isto, os autores atoparon que inclusive os polbos de augas profundas no Mediterráneo están facendo uso do lixo que afunde, sendo o primeiro rexistro atopado por investigadores. Outra das conclusións é que estas interaccións entre polbos e lixo aumentaron nos últimos anos, o que podería deberse a que estas fotografías submariñas son máis doadas de tomar ca nunca, mais tamén podería ser un sinal de que o problema de contaminación das augas está empeorando.

Por outra banda, cinco das imaxes analizadas mostran polbos competindo entre eles por un refuxio artificial, o que fai pensar aos autores do estudo no problema que supón a escaseza de cunchas nas que poderían agocharse e a abundancia de refugallos que cumpren esta función.

A pesar de que as hipóteses iniciais dos investigadores apuntaban cara ao plástico, algo máis do 40% das interaccións dos polbos foron con botellas de vidro, utilizadas principalmente como refuxio. En comparación, só o 24% destas interaccións foron con plástico, que ademais era utilizado para sentar enriba ou enterrar debaixo, non para agocharse neles.

Os autores concluíron que a textura do vidro pode ser máis similar que a do plástico á textura interna das cunchas mariñas. Ademais, afúndese con maior facilidade, o que o faría máis atractivo para as criaturas do fondo mariño, e os colos das botellas dificultarían o acceso de depredadores.

Entre as fotografías recollidas tamén destacan outro tipo de residuos, como unha batería moi degradada á que se aferraba un polbo, supoñendo un grave risco pola natureza contaminante do obxecto mais tamén polos bordos afiados que poderían causar danos físicos á criatura.

Despois de revisar todas as imaxes, os autores sinalan que algunhas especies recentemente descritas como o polbo pigmeo no Brasil (Paroctopus cthulu) só foron observadas refuxiadas no lixo, posto que non existe ningún rexistro oficial que mostre a estas criaturas utilizando cunchas ou outros elementos naturais.

O fogar principal deste polbo do Brasil son as latas de cervexa que os barcos turísticos desbotan regularmente pola borda. Inclusive cando os buzos desta rexión limpan o lixo mariño, non son poucas as ocasións nas que non se dan de conta das criaturas que se agochan nos refugallos que están recollendo.

Outra das especies nas que fai fincapé esta revisión era o polbo de coco (Amphioctopus marginatus), sendo a que máis interactuaba cos refugallos. Esta especie caracterízase por cubrir a súa cabeza e corpo cunha coiraza de coco, o que permite que as súas patas se deslicen polo fondo mariño para buscar alimento. Isto é coñecido como camiñar sobre zancos e os autores puideron identificar ata nove fotografías nas que os polbos facían precisamente iso con lixo humano.

FONTE: Laura Veiga/gciencia.com/medioambiental

CANTO SABES SOBRE PORTUGAL? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.

A contestación correcta á pregunta de onte, que era moi fácil, é Fado. Este estilo musical portugués é xeralmente cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos bairros típicos. Documentalmente compróbase a existencia do fado desde 1838, aínda que hai quen identifica a súa orixe cos cantos das xentes do mar, inspirados na soidade, a nostalxia e os abalos dos barcos sobre a auga. A pesar dos numerosos investigadores —Gonçalo Sampaio,  Mascarenhas  Barreto, Pinto de Carvalho ou  Rodney  Gallop— o misterio das súas orixes aínda non se desvelaron. Crese que naceu nos barrios ao redor do porto de Lisboa, entre clases pobres, mariñeiros, obreiros,  rufiáns,  chamiceiras, xente bohemia de Alfama, Bairro Alto e outros.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal destes famosos escritores NON é portugués?

- Paulo Cohelo

- Fernándo Pessoa

- Alexandre O’Neill

- José Saramago

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org

COMEZA A PRIMAVERA

Hoxe, domingo, 20 de marzo, ás 16:33 horas, comeza a primavera. Durará 92 días, ata o 21 de xuño, as 11:14 horas, momento que entrará o verán.

O equinoccio, que ten lugar dúas veces ao ano (marzo e setembro) marca o inicio da nova estación. Cando sucede o equinoccio o día e a noite teñen a mesma duración. É dicir, ás 16:33 horas do 20 de hoxe, os dous polos da Terra estarán á mesma distancia do Sol. Nese día, só unha metade exacta da Terra estará iluminada e en todos os puntos do noso planeta, salvo nas rexións polares, a noite durará o mesmo que o día: 12 horas.

Esperemos unha boa estación e con máis auga, aínda que esta aburra pronto, que boa falta fai!

SOLUCION SOPA DE LETRAS XCIII

SOLUCION SOPA DE LETRAS XCIII

Algunhas aves do territorio galego!

SOPA DE LETRAS XCIII

SOPA DE LETRAS XCIII

 

PAPALLÁS          CALANDRA         

LIÑACEIRO        BIRRIO              

PICA                   ESCRIBENTE

XÍLGARO            VERDEROLO       

PÍLLARA             CARRIZO           

CUCO                  POMBO