#DígochoEu: Non confundas Xocas con Chocas
Non nos chegaba con "Tanchungueiras" que agora temos "El Chokas"! Veña, vamos ver a diferenza entre Xocas e chocas!
Non nos chegaba con "Tanchungueiras" que agora temos "El Chokas"! Veña, vamos ver a diferenza entre Xocas e chocas!
O informe climatolóxico do inverno 2021-2022 elaborado por MeteoGalicia, que inclúe os meses de decembro, xaneiro e febreiro, indica que a estación foi moi cálida, cunha anomalía positiva na temperatura media de +1,15ºC. En canto ás precipitacións, este inverno ten unha porcentaxe dun 37% inferior á media do período 1981-2010, o que fai que poida considerarse seco.

Porcentaxe de precipitación acumulada no inverno 2021-2022. Mapa de anomalías de precipitación en forma de porcentaxe respecto aos valores normais (1981-2010), sendo 100% a porcentaxe que representa a normalidade.
Referente ás precipitacións, estas no mes de decembro foron normais. Non ocorreu o mesmo en xaneiro, na que a porcentaxe de precipitación foi un 64% inferior ao habitual, considerándose un mes moi seco, cun número medio de días de chuvia maior ou igual a 1 L/m2 de 6,1. O inverno rematou cun febreiro no que novamente as choivas foron en xeral moi escasas, cunha porcentaxe de precipitación dun 67% inferior ao normal, menos incluso que no precedente no ano 2012.

Mapa de desviacións de temperatura media respecto ao valor de referencia no período 1981-2010. Foi un inverno cunha anomalía media de +1,6ºC.
A explicación a que os meses de xaneiro e febreiro tan pouco húmedos atopámola no predominio de situacións anticiclónicas frecuentes e duradeiras, que provocan tempo estable e ausencia de precipitacións, algo inusual para este período.
Respecto ás temperaturas, o inverno comezou cun mes de decembro no que as máximas e as mínimas foron elevadas, cunha temperatura media de 10,8ºC, o que representou unha anomalía de +2,1ºC, dando como resultado un mes moi cálido para este período. Xaneiro, en cambio, presentou un gran contraste entre as temperaturas máximas, extremadamente cálidas debido ao forte predominio anticiclónico, e as mínimas, que foron moi frías debido a que esta estabilidade deixaba noites despexadas con fortes xeadas en puntos do interior. Pese a iso, o mes considerouse cálido.
O inverno rematou cun mes de febreiro no que o predominio anticiclónico tamén foi o habitual. As temperaturas mínimas acadaron valores normais para esa época do ano, e mesmo foron frías nalgunhas localidades do interior. Non obstante, as máximas foron en xeral elevadas. No conxunto da comunidade a temperatura media acadou un valor de 9,7ºC, o que representa unha anomalía de +0.9º C, e por tanto, pode considerarse un mes cálido.
FONTE: Xiana Meda/gciencia.com/medioambiental

O Principado de Sealand / Wikimedia Commons
Seguramente pensas que Cidade do Vaticano é o país máis pequeno do mundo, pois verás como estás equivocado. Sealand, oficialmente Principado de Sealand, unha plataforma mariña de 550 m2, que non adoita exceder os 5 habitantes de poboación, situada a 10 quilómetros da costa de Suffolk, Reino Unido, é considerada internacionalmente como micronación e a súa forma de goberno é a monarquía parlamentaria hereditaria.
A súa historia comeza en 1942, cando a Royal Navy (Mariña Real británica) construíu a plataforma mariña Roughs Tower como parte das Fortalezas Mariñas Maunsell para defender o país dos Nazis. O forte está composto por unha plataforma flotante equipada cunha superestrutura de dúas torres unidas por unha cuberta sobre a cal poderían agregarse outras estruturas. Durante a Segunda Guerra Mundial, a plataforma deu acubillo a unhas 300 persoas e posuía armamento para protexer a costa inglesa. Ao finalizar o conflito, a plataforma foi finalmente abandonada en 1956.

Sealand vista desde o aire / Wikimedia Commons
En 1967, un grupo de hippies establecéronse na plataforma para emitir un programa pirata de Rock, pero poucos meses despois decatáronse que había outra frecuencia que lles estaba facendo sombra, era a emisora pirata de Paddy Roy Bates.
Roy Bates estaba a transmitir desde outra plataforma das Fortalezas Mariñas Maunsell, a Knock John, que estaba máis preto da costa, a uns 4,5 quilómetros, dentro das augas territoriais británicas e na que xa o multaron.
Foi o 2 de setembro de 1967 cando Roy Bates e o seu fillo Michael aterran na plataforma e expulsan pola forza aos catro hippies que habitaban a fortaleza. Días despois, cando a muller de Roy, Joan, instalouse e tras consultalo cun avogado, que interpretou moi libremente o dereito internacional en base á localización da fortaleza en augas internacionais, Roy Bates autoproclamoi o principado e acuñou para si mesmo o apelativo da súa Alteza Real Príncipe Roy de Sealand.
En 1968, un ano despois de que nacese como nación Sealand, Roy e o seu fillo víronse sumidos nun conflito con Inglaterra. Michael disparou un tiro de advertencia a un barco da Royal Navy achegouse a Sealand para expulsalos. Pai e fillo foron levados ata os tribunais, que absolveunos por atoparse fóra da xurisdición inglesa. Outro episodio remarcable de Sealand foi cando anos despois, un grupo de contrabandistas querían utilizar a plataforma e prometeron darlle parte dos beneficios a Roy Bates se este accedía. Pero este non aceptou, xa que non quería danar a Reino Unido. Co tempo, familiares e coñecidos da nobreza de Sealand acudiron á plataforma e o 2 de setembro de 1975, Roy Bates proclama a Constitución do Principado de Sealand, crea a súa propia bandeira, un himno nacional, selos e nos anos posteriores moeda e pasaporte sealendeses.

Pero a tranquilidade duroulle pouco a Bates e os seus. En agosto de 1978, un grupo de comerciantes de diamantes convidan a Roy e a Joan a Austria para propoñerlles uns suculentos negocios. Ambos marcharon e deixaron a Michael coidando Sealand.
A mesma noite de chegar a Austria, Joan trata de contactar co seu fillo, pero foi en balde. A nai comeza a preocuparse e logra contactar cuns pescadores e a garda costeira, que lles comentan que non saben nada de Michael, pero que viran preto de Sealand un helicóptero. Todo era bastante inusual. Días despois, Michael consegue poñerse en contacto con eles e as noticias son arrepiantes. O helicóptero que avistaran os pescadores e a garda costeira chegara a Sealand dicindo a Michael que tiña unha mensaxe de Roy. Este dálles permiso para aterrar, pero non había mensaxe, os homes que se baixaron da aeronave, entre os que estaba o primeiro ministro de Sealand, Alexander G. Achenbach, tomaron o país pola forza. Posteriormente, secuestran e encerran nunha cela a Michael durante tres días sen comida ata finalmente meterlle nun barco e mandarlle a Holanda sen documentación.
Pero Roy ‘Indiana Jones’ Bates non é un home que se deixe amedrentar e chama ás armas aos seus aliados, entre os que se atopa un piloto de helicóptero que traballara en películas de James Bond. Segundo conta a lenda, Michael baixa do helicóptero cunha corda mentres coa outra dispara un tiro de advertencia aos usurpadores. Os intrusos réndense facilmente e os sealandeses tómanlles como prisioneiros de guerra. A maioría dos participantes na invasión foron repatriados ao cesamento da batalla, pero Gernot Pütz, un avogado alemán posuidor dun pasaporte de Sealand, foi acusado de traizón contra o país e sería mantido cativo a menos que pagase 75.000 de marcos alemáns.
Os gobernos dos Países Baixos e de Alemaña solicitaron ao Goberno británico a súa liberación; con todo, este desfíxose de toda responsabilidade citando a decisión da corte de 1968, que absolveu a ambos polo altercado do barco inglés. Alemaña enviou un diplomático da súa embaixada en Londres a Sealand para negociar a liberación de Pütz. Despois de varias semanas, Roy cedeu e afirmou que a visita do diplomático constituía recoñecemento de facto de Alemaña a Sealand. Despois da súa repatriación, Achenbach estableceu en Alemaña un goberno no exilio en oposición a Roy Bates.
Despois duns primeiros anos revoltos, o presente do país móvese en augas tranquilas. Na actualidade, a soberanía e lexitimidade de Sealand non son recoñecidos como un estado tradicional, pero como afirmou o Príncipe Michael de Sealand tras a morte do seu pai Paddy Roy Bates no 2012, manterá a “liñaxe” e legado: “co meu novo neto, o príncipe Freddy, temos unha cuarta xeración de sealandeses e o seu futuro está asegurado”.
FONTE: Eduardo G. Martínez/idealista.com e es.wikipedia.org
Os fentos son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores.

O fento común en Galicia ten un nome científico: Pteridium aquilinum… Pero, nomes comúns ten a esgalla!
Queres coñecer máis cousas dos fentos?
No vídeo superior tes a información!
FONTE: gciencia.com/dicionario-ciencia Imaxe: disfrutarconelhuertoyeljardin.blogspot.com
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ponte Vasco da Gama. É unha ponte pénsil de tirantes sobre o río Texo, na área da Grande Lisboa, ligando o Montixo e Alcochete a Sacavém, moi próximo do Parque das Nacións, onde se realizou a Expo 98. Inaugurada a 4 de abril de 1998, ten 17,2 km de lonxitude, dos cales 10 están sobre as augas do esteiro do Texo. O van (lonxitude do taboleiro) do taboleiro central é de 420 metros. Foi construída a fin de buscar unha alternativa á ponte 25 de Abril para o tránsito que circula entre o norte e o sur do país na zona da capital portuguesa. O nome da ponte conmemora os 500 anos da chegada de Vasco da Gama á India, en 1498.
E imos coa pregunta de hoxe!

15. Quen foi o primeiro Rei de Portugal?
- Dionisio I
- Pedro I
- Sancho I
- Alfonso I
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e ileon.eldiario.es/historia

Imaxe tomada polo rover Zhurong das súas pegadas / CNSA
O 14 de maio de 2021, China conseguiu aterrar o seu primeiro rover sobre Marte. Concretamente, o vehículo bautizado como Zhurong pousouse sobre Utopía Planitia, unha enorme chaira volcánica no hemisferio norte cunha idade estimada de máis de 3.000 millóns de anos. Desde entón, o rover percorreu 450 metros nos que os seus instrumentos foron tomando datos para analizar o terreo sobre o que estaba a rodar e determinar o mellor traxecto. Agora, os seus responsables fixeron públicos os resultados preliminares dos primeiros dos datos, onde se identificaron miles de cráteres, estruturas pouco comúns aquí, na Terra, ou unha paisaxe moldeada polo vento e, posiblemente, tamén pola auga. Os resultados acaban de publicarse na revista Nature Geoscience.
O equipo, liderado Liang Ding, do Instituto de Tecnoloxía de Harbin en China, estudou toda a información solicitada nos primeiros 60 días no Planeta Vermello de Zhurong. A través da análise das interaccións entre as rodas do rover e o terreo que pisaba, incluídas as imaxes das pegadas das rodas tomadas pola cámara para evitar riscos, os autores puideron descifrar as propiedades mecánicas dos chans marcianos no sitio de aterraxe. Tamén se identificaron accidentes xeográficos compatibles coa erosión polo vento, como cristas e ondulaciones, ademais de cráteres desgastados e texturas rochosas compatibles coa acción da auga.
"A topografía local é plana e suave, o que facilita a exploración de longa distancia do rover Zhurong a máis obxectivos xeolóxicos de interese durante o período prolongado da misión", sinalan os autores, que indican que a maior parte do camiño percorrido polo rover estivo libre de grandes cantos rodados, aínda que si que tivo que lidar con moitas pequenas pedras, "a maioría de gran fino e con pouca redondez". Algunhas rochas con superficies picadas mostran unha morfoloxía similar ás rochas ígneas observadas en misións anteriores (por exemplo, polo módulo de aterraxe Viking 1 e o rover Spirit), que se supón que se formaron a través de procesos de disolución relacionados coa salmoira en ambientes fríos (as salmoiras son mesturas de auga e sales que son máis resistentes á ebulición, conxelación e evaporación que a auga pura. Atopalos ten implicacións sobre onde os científicos buscarán vida pasada ou presente en Marte e onde os humanos que eventualmente viaxen ao planeta poderían buscar auga).
A tecnoloxía humana pisou por primeira vez Utopia Planitia coa sonda Viking 2, da NASA, en 1976. Por aquel entón, os científicos determinaron que aquel terreo estaba formado por fragmentos de lava basáltica. "Con todo, as rochas do lugar de aterraxe aquí obviamente non ven como un terreo de lava basáltica que asociamos coa codia en Utopia Planitia", explica a NewScientist John Bridges da Universidade de Leicester, Reino Unido. "Zhurong suxire unha evolución xeolóxica máis complicada do que mostrou a Viking 2". As novas probas aproban que non é un gran bloque basáltico, senón que apuntan cara a un Marte sedimentario, o que podería achegar moita información sobre a historia da superficie do planeta.
Doutra banda, algunhas teorías apuntan a que Utopia Planitia podería albergar algunha vez un océano de auga líquida. E Zhurong atopou evidencias deste posible mecanismo de erosión nas rochas, aínda que os autores indican que terán que seguir solicitándose aínda máis datos.
Algo que chamou a atención dos autores é a observación dunhas ’"megaondulacións" que teñen curiosas formas: cristas con forma de gaivota, de media lúa ou case rectas. Ademais, estas estruturas son máis brillantes desde o espazo. "Estas formacións xeralmente están orientados en dirección nordés-suroeste, e algúns mostran superficies cubertas de po que suxiren que estas ondas poden estar inactivas", afirman.

Megaondulacións da superficie de Utopia Planitia; arriba, en forma de ’gaivota’; no medio, de media lúa; abaixo, case rectas / lian Dign et al
Ademais, atoparon decenas de pequenos cráteres (a sonda Mars Reconnaissance Orbiter ten localizados uns 2.000 rodeando ao sitio de aterraxe do Zhurong) que na súa gran maioría (o 79%) "teñen menos de dez metros de diámetro e están e están suxeitos á erosión e meteorización a longo prazo". "A variedade de texturas rochosas na área, incluíndo a superficie picada, as estruturas estratificadas e escamosas, ou a morfoloxía dos ventifactos, indican procesos de alteración da superficie, como a erosión eólica e os procesos de meteorización química relacionados coa auga. Todas estas características xeolóxicas xustifican unha maior investigación", sinalan os investigadores.
FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia
Todos coñecemos á maruxiña (Coccinella septempunctata): Insecto coleóptero da familia dos coccinélidos, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntiños negros.

Larva e adulto de Coccinella septempunctata / Imaxe: gl.wikipedia.org
Os adultos poden ter unha lonxitude corporal de 7,6 a 10,0 mm. Os seus puntos distintivos e chamativas cores parece que a fan pouco atractiva para os seus predadores. A especie pode segregar un fluído polas articulacións das patas que lle dá mal sabor. Unha maruxiña que se sente ameazada pode facerse a morta e segregar a substancia desagradable para protexerse.
C. septempunctata ten unha ampla distribución ecolóxica; xeralmente vive de comer pulgóns. Entre outros biótopos atópase en prados, campos, estepas da zona ponto-caucásica, parques, xardíns, bosques de folla ancha do occidente europeo e bosques mixtos. Tanto os adultos como as larvas son predadores voraces de pulgóns e, debido a isto, foi repetidametne introducida noutras zonas, como en América do Norte, como axente para o control biolóxico de pragas.
Pero a maruxiña, no noso idioma, ten moitas variantes. Queres sabelas? Pois no vídeo superior Déborah Bukusic dínolas!
FONTE: gciencia.com/dicionario-ciencia e gl.wikipedia.org
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE PORTUGAL, onde poñemos a proba os teus coñecementos sobre o país veciño e os seus habitantes.
A contestación correcta á pregunta de onte é Paulo Coehlo. Paulo Coelho de Souza (Río de Janeiro, 24 de agosto de 1947) é un novelista, dramaturgo e letrista brasileiro despois de varios anos dedicado á poesia. É un dos escritores e novelistas máis lidos do mundo con máis de 320 millóns de libros vendidos en máis de 170 países (224 territorios), traducidos a 83 linguas.
O resto son todos portugueses: Fernando Pessoa (Lisboa, 13 de xuño de 1888 - 30 de novembro de 1935), especialmente recoñecido polos seus heterónimos: Alberto Caeiro, Alexander Search, Álvaro de Campos, Bernardo Soares e Ricardo Reis. A súa extensa obra viuse crebada coa súa prematura morte aos 47 anos de idade. Alexandre Manuel Vahia de Castro O’Neill de Bulhões (Lisboa, 19 de decembro de 1924 -21 de agosto de 1986), poeta do movemento surrealista portugués. Era descendente de irlandeses. José de Sousa Saramago (Azinhaga, 16 de noviembre de 1922-Tías, 18 de junio de 2010). En 1998 se le otorgó el Premio Nobel de Literatura.
E imos coa pregunta de hoxe!

14. Esta é unha das moitas pontes que ten Portugal. Saberías dicir comoi se chama?
- Ponte Luis I
- Ponte vasco da Gama
- Ponte 25 de Abril
- Ponte da Arrábida
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal flooxernow.com e es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org