Blogia

vgomez

XEROGLÍFICO III

A solución a o último xeroglífico: MUÍÑO DE CAFE

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

ABUR 2021! RESUMO DAS NOTICIAS DO ANO

 

Os 365 días de 2021 deron para moito, como calquera ano. Pero este estivo marcado por dúas cousas: vimos fenómenos que moitos non viviran xamais e sumamos un ano máis de pandemia de coronavirus, cheo de altibaixos. Si queres repasar e lembrar algúns dos momentos máis importantes do ano, as imaxes máis impactantes, os asuntos que marcaron o ano ou os que nos deixaron, aquí res este vídeo que recolle todo.

Esperemos que o 2022 traia mellores noticias!

#DígochoEu Non digas *pepitas

 

Despedimos e empezamos o ano con xeito! Non vos vaides atragoar coas *pepitas das uvas!

#DígochoEu

FELIZ 2022

 

Remata o ano 2021 e que deus vaia con el, pois non só a pandemia, senón desgrazas familares empañaron iste ano, no meu caso!

Pero a vida segue e pido para todos vós e para min e as nosas familas un 2022 con alegrías e de mellor sorte! E que isto do coronavirus remate e volvamos a una nova normalidade que tanto necesitamos.

Unha aperta para tod@s!

VÍCTOR

AS MELLORES FOTOGRAFÍAS CIENTÍFICAS DE 2021

 

FOTCIENCIA é unha iniciativa organizada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), coa colaboración da Fundación Jesús Serra, cuxo obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas que son expostas xunto cunha descrición ou comentario escrito do feito científico que ilustran. É, tamén, obxectivo desta iniciativa promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.

Aquí tes a fotografía seleccionada na categoría de MICRO.

Título: O bosque de parasois    Autor: Enrique Rodríguez Cañas   Coautoría: Victoria Fernández Fernández

Equipo fotográfico: Microscopio Electrónico de Varrido Sigma 300 VP Zeiss  Magnificación: 165x, Anchura imaxe: 692.4 µm

O envés da folla de oliveira está cuberto por un denso conxunto de parasois que en realidade son pelos multicelulares. Do mesmo xeito que as antucas que usamos na praia, estas estruturas protexen a superficie da folla da radiación solar. É posible que tamén limiten a perda de auga cando se abren os estomas, que son os poros micrométricos que podemos observar na superficie cando algún dos pelos cae e queda unha calva como as que vense na imaxe en cor verde. Esta folla pertence a unha oliveira (Olea europaea) variedade Arbequina. A oliveira é unha especie arborea moi adaptada ao clima mediterráneo e resistente á escaseza de auga. As follas desa especie mostran trazos de adaptación ás esixentes condicións que se dan na época estival, como a presenza destes pelos protectores.

O resto de fotografía seleccionadas no vídeo superior ou premendo AQUÍ.

FONTE: fotciencia.es

AS MELLORES CANCIÓNS DO 2021

 

As 100 Mellores Cancións do 2021.  As Cancións máis sonadas e votadas durante iste ano que hoxe remata.

XEROGLÍFICO II

A solución a o último xeroglífico: É UNHA AVE RAPAZ (R+PAZ)

E imos coa proposta de hoxe! Tamén sinxelo!

O próximo día a solución e un novo xeroglífico!

FONTE: Adaptación propia, cocolisto.com e epasatiempos.es

#DígochoEu: Os TikToks máis vistos de 2021

 

Este ano, que hoxe remata, no TikTok do #DígochoEu viralizáronse unha chea de vídeos, pero sabes cales foron os cinco máis vistos? Aquí están!