Blogia

vgomez

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 39)

 

Esther Estévez segue coa fonética! As palabras acabadas en -eso son máis arrevesadas así que é máis difícil facermos regras, pero velaquí vai unha explicación!

#DígochoEu

OS OCÉANOS E O CLIMA

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso Os océanos e o clima polo meteórologo José Miguel Viñas.

Os océanos son os grandes moduladores do clima do planeta. José Miguel explica a relación entre o clima e o fondo mariño, e como a absorción de parte das nosas emisións de C02 tradúcese na acidificación das augas, con consecuencias como o blanquexamento dos corais. O meteorólogo aborda diferentes técnicas paleoclimáticas que arroxan información sobre os cambios climáticos do pasado, como o estudo dos sedimentos mariños a través da proporción de isótopos dos foraminíferos ou o estudo de corais de gran antigüidade.

Moi interesante!

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXXXV

Algúns ósos do corpo humano!

SOPA DE LETRAS LXXXV

PARIETAL      OCCIPITAL       TEMPORAL

FRONTAL       MAXILARES      ÚMERO

CÚBITO          RADIO              CARPO

ISQUIÓN       METACARPO     FALANXES

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'enjuagar'?, 'peluquería'?

 

No #DígochoEu seguimos respondendo as dúbidas dos nosos seguidores de TikTok. Como se di ’enjuagar’ en galego? E ’peluquería’?

CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).

A contestación correcta á pregunta de onte é XV. Renacemento é o nome dado no século XIX a un amplo movemento cultural que se produciu en Europa Occidental durante os séculos XV e XVI. Xorde en Italia en torno ao 1400. Marca o salto da época Medieval á Idade Moderna e trae consigo unha gran transformación cultural, non só das artes, senón tamén das ciencias, das letras e das formas de pensamento. Caracterízase polo rexeitamento de moitos dos principios do coñecemento medieval e pola admiración de antigüidade grecorromana. Pretende recuperar o saber clásico, no que busca unha nova escala de valores para o individuo. Fronte á sociedade medieval, na que todo viraba ao redor da idea de Deus, durante o Renacemento, o home pasa a ser o centro do universo. Emprega a razón como fonte do coñecemento e busca a verdade a través da reflexión persoal e da investigación.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Quen pintou As Meninas ?

- Caravaggio

- Kandinsky

- Velázquez

- Giotto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buhosdeatenas.blogspot.com e es.wikipedia.org      Imaxe: muyinteresante.es

LATIN GRAMMY AWARDS: MELLOR CANCIÓN DO ANO

 

"Patria y vida", un tema que se converteu nun emblema das protestas contra o Goberno cubano, conquistou o Latin Grammy á canción do ano na cerimonia celebrada nesta madrugada nas Vegas (EE.UU.).

Yotuel, Gente de Zona, Descemer Bueno, Maykel Castillo "O Osorbo" e o Funky son os intérpretes desta canción.

Os premios Grammy Latinos (Latin Grammy Awards) son galardóns outorgados pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación. Similares ao Premio Grammy, os Latin Grammy recoñecen a excelencia artística e técnica da música gravada, mediante votacións entre pares, para producións musicais cantadas en español, portugués ou en linguas, dialectos ou expresións idiomáticas recoñecidas en Iberoamérica.

Un tema reivindicativo e potente. Parabéns!

#DígochoEu: Non fagas *pinitos en galego

 

Non fagas *pinitos en galego e colabora con Unicef!

#DígochoEu