Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Wadis. Estas canles secas ou estacionais son típicos de todas as rexións cálidas e semiáridas ou desérticas do mundo. Wadi é un termo árabe para referirse a un val ou río seco polo cal só discorre auga na tempada de choivas. Así pois, un wadi equivale ao que en España coñécese como rambla.

E imos coa pregunta para hoxe e última da serie!

13. Hai desertos fríos?

- Si

- Non

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e es.wikipedia.org       Imaxe: astromía.com

A IMPORTANCIA DE COIDAR DOS ECOSISTEMAS

 

Seguro que moitos de vós coñecedes Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2.

Imos recuperar algunhas partes dos seus programas polo seu interese. Neste caso A importancia de coidar dos ecosistemas polo biólogo Ricardo Moure.

Descoidar a contorna animal ou vexetal non só afecta os animais e as plantas, senón tamén aos humanos. Para explicar esta relación, Ricardo abordou  o concepto de “One Health” (unha saúde), e a súa relación con epidemias como a gran gripe de 1918 ou a gripe aviaria. O biólogo deu resposta a unha pregunta moi habitual, sobre todo cando viaxamos a outra cidade: podemos beber a auga da billa con tranquilidade? 

Moi interesante!

#DígochoEu: Aprende os principais topónimos de Portugal en galego

 

A gran maioría dos nomes de lugar portugueses son idénticos en galego, pero neste episodio imos falar das excepcións máis salientables.

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Entre o norte de China e o sur de Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. A súa superficie estimase en 1.300.000 km². Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.

E imos coa pregunta para hoxe!

12. Como se chaman os torrentes que se forman  nos desertos?

- Audis

- Wadis

- Talweg

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e es.wikipedia.org       Imaxe: eltiempo.com

O RETO DE SER RACIONAL

 

Confía nos datos e na razón para explicar o mundo. “Contamos cuns avances científicos e tecnolóxicos extraordinarios e os niveis de benestar tamén melloraron moitísimo: a esperanza de vida aumentou, a pobreza está a diminuír e hai menos vítimas de guerra”, asegura Steven Pinker.

Considerado un dos pensadores máis destacados do noso tempo, Steven Pinker é psicólogo cognitivo, lingüista e un popular escritor especializado en linguaxe, a mente e o comportamento humano. Estudou na Universidade McGill e doctorouse en Harvard. Durante o últimas tres décadas impartiu clases en Stanford, o MIT e actualmente é titular do ‘Johnstone Family Professorship’ no Departamento de Psicoloxía da Universidade de Harvard.

O seu pensamento e algunha das súas interpretacións intelectuais -ás veces ao contraxeito sobre o estado do mundo- son obxecto de controversia. Acaba de publicar ‘Racionalidade: que é, por que escasea e como promovela’, un libro no que asegura que o uso da razón “conduce a mellores opcións nas nosas vidas, na esfera pública, e é o motor fundamental da xustiza social e o progreso moral. Steven Pinker é autor de moitas outras obras de gran valor académico como ‘O instinto da linguaxe’, ‘A táboa rasa’, ‘Os anxos que levamos dentro’ ou ‘En defensa da Ilustración’. En 2006 este científico cognitivo foi nomeado Humanista do Ano e, ademais, foi elixido entre os ‘100 Pensadores Globais’ de Foreign Policy así como nomeado unha das persoas máis influentes do mundo actual pola revista Time.

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é O 17 de xuño. O 19 de decembro de 1994 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas na Resolución 49/1151​ decide proclamar o 17 de xuño Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca, que se celebrará a partir de 1995 para alertar e sensibilizar sobre iste reto para o desenvolvemento humano.

E imos coa pregunta para hoxe!

11. Esta imaxe corresponde ao deserto do Gobi. Pero onde se atopa?

- Boa parte de Botswana, e partes de Zimbabue, Namibia e Suráfrica

- Entre o norte de China e sur de Mongolia

- Leste de Siria e Xordania e oeste de Iraq

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e es.wikipedia.org       Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende en medio minuto a non meter a zoca co b e v en galego

 

Moito nos trabucamos en galego ao escribir certas palabras con b ou v así que aquí vai un capítulo sobre ortografía para que quede ben clariño, da man de Esther Estévez!

 #DígochoEu 

O CEO DO MES: NOVEMBRO 2021

O CEO DO MES: NOVEMBRO 2021

Radiante das Leónidas / Imaxe: elmundo.es/ciencia

4 de novembro: Lúa Nova

11 de novembro: Cuarto Crecente

19 de novembro: Lúa Chea. Eclipse parcial de Lúa.

27 de novembro: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Leónidas: do 6 ao 30de novembro, con máximo o día 17. O seu radiante é a constelación de Leo e o corpo proxenitor o cometa 55P/Tempel-Tuttle.