Blogia

vgomez

UNHA ESTRELA QUE XIRA SOBRE SI MESMA CADA 25 SEGUNDOS

Como media, o Sol vira sobre si mesmo unha vez cada 27 días, mentres que a Terra faio cada 24 horas. Pero a uns 2.000 anos luz de distancia hai unha anana branca, unha ’estrela vampiro’ que absorbe material dunha estrela compañeira, que bateu todas as marcas coñecidas ao virar sobre si mesma unha vez cada 25 segundos. O cal é moitísimo menos que as varias horas ou días que normalmente tarda unha anana branca ’corrente’ en efectuar unha rotación completa. Trátase, por tanto, da rotación estelar máis rápida xamais observada até agora. Sen contar, por suposto, obxectos tan estraños como as estrelas de neutróns ou os buracos negros. O achado publicouse no servidor da Universidade de Cornell arXiv.

Unha anana branca é o que queda dunha estrela de menos de dez masas solares cando esgota o seu combustible nuclear e expulsa violentamente as súas capas externas ao espazo. Trátase, de feito, dunha das etapas da evolución estelar. Unha que, por certo, atravesará a inmensa maioría das estrelas que coñecemos, incluído o Sol. Non en balde, as ananas brancas son, xunto ás ananas vermellas, as estrelas máis abundantes de todo o Universo.

O seu nome é LAMOST J0240 + 1952, forma parte dun sistema binario (dúas estrelas que se orbitan mutuamente) e atópase na constelación de Aries. Ten aproximadamente o mesmo tamaño da Terra, aínda que moitísimo máis densa, o que implica que é case tan masiva como o Sol. A súa forza gravitatoria é tan grande que si deixásemos caer sobre ela unha pedra desde uns poucos metros de altura, estrelaríase contra a superficie a varios miles de km por hora.

A ’culpa’ desta rotación tan rápida tena a súa compañeira, unha anana vermella moito maior que vira ao seu ao redor e que está a ser ’vampirizada’ pola súa pequena irmá. A forte gravidade da anana branca, en efecto, está a absorber material da outra estrela, e o gas ’roubado’ que cae sobre ela estaa facendo virar cada vez máis rápido, dunha forma análoga a como a auga que cae fai virar a roda dun muíño.

O achado tivo lugar durante a noite do pasado 7 de agosto. Foi entón cando a astrónoma Ingrid Pelisoli, da Universidade de Warwick, detectou xunto aos seus colegas un escintileo de luz que se repetía cada 24,93 segundos, revelando a rapidísima rotación da anana branca. 5 segundos menos, por certo, que a anterior marca de rotación estelar.

FONTE: José M. Nieves/abc.es/ciencia

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 36)

 

Esther Estévez continúa coa fonética no #DígochoEu! Neste episodio falamos sobre as palabras que levan un f polo medio.

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? X

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un cambio das condicións do chan que converte un sitio fértil en ermo. Segundo o Dicionario da Real Academia (RAE), desertificar é “Transformar en deserto amplas extensións de terras fértiles”. Deste xeito, a desertificación consiste nunha degradación das condicións de fertilidade do chan por unha mala xestión do mesmo. Detrás de esta degradación de los suelos se encuentran, principalmente, la actividad humana y los cambios climáticos. Por certo, segundo a RAE, desertizar e desertificar son sinónimos, de forma que se pode usar indistintamente desertización ou desertificación para cualificar este fenómeno. Pola contra a RAG só admite o termo desertización.

E imos coa pregunta para hoxe!

10. En que data se celebra o Día Mundial da Desertificación e a Sequía da ONU?

- O 17 de maio

- O 17 de xuño

- O 17 de xullo

- O 17 de decembro

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com     Imaxe: es.wikipedia.org   

COP26, A ÚLTIMA OPORTUNIDADE

Desde hoxe, 31 de outubro, ata o 12 de novembro, delegacións de case 200 países reuniranse en Escocia, en concreto en Glasgow, para tomar accións que freen a emerxencia climática. Pola pandemia do virus Covid-19, este cume organizado pola axencia da ONU para o Medio Ambiente, tivo que ser aprazada un ano e programada de novo para este 2021.

A COP26 (Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático) consta de varias partes. Iniciarase co encontro dos mandatarios do mundo, e na súa segunda semana concentrarase na negociación dos compromisos que se adquirirán individual e globalmente.

O que se espera para esta edición é que todos os países, incluída China, súmense á meta de reducir os gases de efecto invernadoiro para 2030 e o cero emisións de carbono netas –’Net Zero’– para 2050 (é o caso de Arabia Saudita, que asegura que fará o propio en 2060).

Tamén se esperan compromisos sobre a eliminación do carbón como fonte de enerxía, incentivar o uso de automóbiles eléctricos e fondos para a protección dos ecosistemas e a biodiversidade.

A esta cita prevese que asistan 25.000 persoas de todos os recunchos do planeta, sendo un dos eventos máis masivos en plena epidemia global, aínda que non exento de críticas pola súa pouca representación en relación ao xénero e ás nacións do sur.

Veremos a que compromisos chegan!

FONTE: france24.com/es      Imaxe: ukcop26.org

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sonora. Politicamente divídese entre os Estados Unidos de América e México, e cobre grandes partes de Arizona e California, así como do estado mexicano de Sonora, o cal lle dá nome. É un dos desertos máis calorosos e grandes do mundo, pois cobre unha área de 311.000 km². O deserto de Sonora, ao noroeste de México, chega ata o océano Pacífico.

E imos coa pregunta para hoxe!

9. Que significa desertificación?

- Un cambio das condicións do clima que converte un sitio húmido en seco

- Un cambio das condicións do chan que converte un sitio fértil en ermo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e gl.wikipedia.org       Imaxe: chintpowerlatinoamerica.com

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXXVII

VERTICAIS: 1. Colmeiro 2. Marín 3. Capricornio 6. Urraca 8. Babeco.

HORIZONTAIS: 4. Azor 5. Mustallar 7. Tremedeira 9. Nairobi 10. Pancha.

Máis cultura xeral!

CAMBIO DE HORA: INVERNO 2021

Horario de inverno / Imaxe: diariodesevilla.es

Na próxima madrugada, do sabado día 30 ao domingo 31 de outubro, débense axustar os reloxos para adaptarse ao horario de inverno, atrasando os reloxos unha hora. Por tanto, ás 03:00 horas da madrugada serán as 02:00 horas. É dicir, que se gañará unha hora de soño.

Nesta nova etapa do ano, haberá menos luz, anoitecerá antes e os días serán máis curtos. O obxectivo deste atraso de hora, que vén aplicándose desde mediados dos 70, é o de reducir o consumo de enerxía e equiparar o comezo da xornada laboral coas horas de luz natural.

ENCRUCILLADO LXXXVII

VERTICAIS: 1. Pintor pontevedres onde a temática da súa obra céntrase na paisaxe e na cultura popular galega, con obras como A sega da herba, Pescadores, A Primavera... 2. Concello situado beira meridional da ría de Pontevedra, na comarca do Morrazo, famoso pola súa Escola Naval 3. Décimo signo astrolóxico do zodíaco, que teñen os nacidos entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro 6. Raíña de Galicia, León, Castela e Toledo, filla de Afonso VI e Constanza de Borgoña, desde o 30 de xuño de 1.109, ata o 8 de marzo de 1.126 8. Persoa que ten ou manifesta no seu comportamento pouca ou ningunha intelixencia.

HORIZONTAIS: 4. Ave de rapina diúrna da orde dos accipitriformes, de cor parda cincenta nas partes superiores e branca con riscos nas inferiores, con uñas e peteiro curvos e fortes, que, unha vez domesticada, era utilizada para cazar na Idade Media e de nome científico Accipiter gentilis 5. Pico situado na Serra dos Ancares (o punto a máis altitude da provincia de Lugo), cunha altitude de 1,935 metros e que serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo 7.  Especie do xénero de herbas anuais da familia das poáceas, nativa das zonas tépedas do hemisferio norte, coñecida tamén como lágrimas de San Pedro e de nome científico Briza maxima 9. Capital e a maior cidade de Kenya 10. Illa que é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo (Lugo), fronte á Punta da Cruz, de 1,1 hectáreas e unida a terra por unha ponte refeita con formigón armado no ano 1.983.