Blogia

vgomez

O CEO DO MES: ABRIL 2021

Superlúa. Esta fase ocorrerá ás 03:33 UTC (tempo universal) do día 27. É a primeira das tres  superlunas que nos depara iste 2021. A Luna estará preto da súa aproximación máis próxima á Terra e pode parecer un pouco máis grande e brillante do habitual.

4 de abril: Cuarto Minguante

12 de abril: Lúa Nova

19 de abril: Cuarto Crecente

27 de abril: Lúa Chea. Superlúa rosa, chamada así pola coincidencia co nacemento das flores silvestres.

Chuvia de meteoros: Líridas: do 16 ao 26, con máximo na noite do 22 ao 23. O corpo proxenitor o cometa C/1861 G1 (Thatcher), estando o seu radiante preto da estrela Vega na constelación de Lyra.

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIV

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Panxea. Iste foi o nome dado por Alfred Wegener ao supercontinente rodeado polo mar Pantalasa, que existiu durante o período mesozoico, antes de que o proceso de placas tectónicas separase os continentes.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Esta rocha que ves é granito. Pera como a clasificarías?

- Sedimentaria

- Ígnea

- Metamórfica

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org       Imaxe: ecured.cu

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (Capítulo 19)

 

Imos cun novo capítulo de fonética! E moito ollo, porque hoxe imos descubrir un pequeno furadiño que ten a norma.

#DígochoEu

QUE É A HAPPYCRACIA?



"Creo que a felicidade existe como un negocio. Nas últimas décadas foi unha das industrias que máis fortemente medrou e que máis beneficios deu, porque capitaliza o malestar e nútrese tamén del. Un pódese preguntar como é que, a estas alturas, non sexamos todos e todas xa moi felices. A resposta é obvia: nin existen tales claves para ser máis felices, nin por tanto descubriunas ninguén".

Con esta formulación crítica sobre discurso da felicidade, Edgar Cabanas abre o debate entre a procura do benestar individualista e consumista, e un concepto colectivo e solidario de alegría común. "En canto convertemos a felicidade nunha elección, automaticamente o sufrimento tamén se converte nunha elección. E, entón, se sofres é porque dalgunha forma queres. A mensaxe ’Se queres, podes’ só engade sufrimento e culpa", sinala.

Edgar Cabanas é doutor en Psicoloxía, investigador na Universidade Camilo José Cela e no Centro de Historia das Emocións do Instituto Max Planck para o Desenvolvemento Humano en Berlín e co-fundador da rede internacional de investigadores Popular Psychology, Self-Help Culture and the Happiness Industry.

Publicou artigos científicos nas revistas Theory & PsychologyCulture & PsychologyPsicothema, e é co-editor da serie Therapeutic Cultures na editorial Routledge, e coautor dos libros ’A vida real en tempos de felicidade’ e ’Happycracia: Como a ciencia e a industria da felicidade controla as nosas vidas’.

#DígochoEu:​ Non digas *andraxosa

 

Hai unha chea de palabras para referirse a unha persoa que vai con farrapos, pero *andraxosa é incorrecta! 

#DígochoEu

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIII

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Escala de Richter. Esta escala  sismológica, tamén coñecida como escala de magnitude local (ML), é unha escala  logarítmica arbitraria que asigna un número para cuantificar a enerxía que libera un terremoto, denominada así en honra do sismólogo estadounidense Charles Francis Richter (1900-1985). As outras dúas escalas propostas na pregunta miden a intensidade.


E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é o nome que os científicos lle dan a unha masa de terra única na Terra de hai 300 millóns de anos?

- Atlantis

- Panxea

- Super-Arctica

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e play.howstuffworks.com      Imaxe: wikipedia.org

QUE É O E-DIÉSEL?

 

O e-diésel é un combustible que baséase en auga e CO2 para producir un hidrocarburo. A produción deste diésel sintético é posible mediante a obtención do CO2 da atmosfera, que en combinación co hidróxeno da auga permite crear un gasóleo sintético mediante un proceso de electrólise.

Non debe confundirse o ’e’ do e-diésel coa habitualmente utilizada nos biocarburantes. Neste caso trátase dun combustible sintético.

No vídeo superior tes toda a información sobre esta alternativa ecolóxica aos combustibles fósiles actuais.

FONTE: Enrique Pérez/xataka.com

#DígochoEu: Non digas *barrendeiro

 

*Barrendeiro é unha tradución literal do castelán e é incorrecta. Esther Estévez Casado cóntanos a forma de dicilo en galego!

#DígochoEu