Blogia

vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XII

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é FósilIncluso as criaturas de corpo suave ou as follas poden crear fósiles, en determinadas circunstancias. A totalidade dos fósiles dispoñibles para estudar chámase "Rexistro Fósil" e fálanos sobre o pasado da Terra.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se mide a magnitude dun terremoto?

- Coa escala de Richter

- Coa escala de Mercalli

- Coa escala Medvédev-Sponheuer-Kárník

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e es.educaplay.com       Imaxe: hwlibre.com

#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 15)

 

O #DígochoEu recibe un premio da CTNL e para celebralo deixámosche un feixe de vídeos virais do TikTok.

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XI

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Alfred WegenerAlfred Lothar Wegener (1880-1930) foi un xeofísico meteorólogo alemán. Morreu conxelado en Groenlandia no ano 1930, nunha expedición onde buscaba probas que apoiasen a súa hipótese. 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Unha impresión de materia viva nunha rocha chámase...

- Fósil

- Pegada

- Litografía

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, wikipedia.org e play.howstuffworks.com        Imaxe: pixabay.com

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXI

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXI

 

VERTICAIS: 1. Fouce 2. Treviño 5. Islamabad 6. Cerdeña.

HORIZONTAIS: 3. Bubela 4. Ligustro 7. Cartaxena 8. Shinano 9. Reigosa 10. Lura.

Cultura xeral XXI!

ENCRUCILLADO LXXI

ENCRUCILLADO LXXI

 

VERTICAIS: 1. Instrumento de labranza de folla curva, grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña, que se utiliza para rozar 2. Enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Áraba (País Vasco) cuxas terras a rodean completamente 5. Capital de Paquistán 6. Unha das vinte rexións que conforman a República Italiana, situada na Italia insular, cuxa capital e cidade máis poboada é Cagliari.

HORIZONTAIS: 3. Paxaro da familia dos upúpidos, de peteiro longo e curvado, ás arredondadas e plumaxe de cor castaña rosada, coa parte inferior do lombo e o rabo raiados de branco e negro e notable crista eréctil coa punta das plumas negra, con nome científico Upupa epops 4. Arbusto da familia das oleáceas, de follas opostas, flores brancas pequenas moi olorosas, dispostas en panícula, froito en baga e nome científico Ligustrum vulgare 7. Cidade, sede do parlamento autonómico da Rexión de Murcia, a Asemblea Rexional de Murcia, órgano lexislativo da comunidade autónoma 8. Río máis longo de Xapón, con 367 quilómetros de lonxitude 9. Apelido do escritor lucense, autor da novela Crime en Compostela (1984), gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega 10. Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con oito brazos con función prénsil e dous tentáculos con función táctil e copuladora moito máis longos ca os brazos, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma, cuxo nome científico é  Loligo vulgaris.

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? X

Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. Unha estalagmita é un tipo de espeleotema (depósito de minerais que se forman por precipitación química) que se forma no solo dunha cova nunha zona calcaria debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato cálcico. A formación correspondente no teito da cova coñécese como estalactita. Se ambas as formacións, enfrontadas, crecen o suficiente como para encontrarse, o resultado denomínase columna ou piar.   

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Quen foi o propuxo da teoría da deriva continental?

- Charles Lyell

- Alfred Wegener

- Georges Cuvier

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org     Imaxe: blinklearning.com

#DígochoEu​: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (Capítulo 18)

 

Unha nova entrega para distinguir vogais abertas e pechadas da man de Esther Estévez Casado.

#DígochoEu 

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE VERÁN

Esta noite do sábado 27 ao domingo 28, os reloxos deberán adiantarse unha hora para entrar no horario de verán. Como manda a tradición, esa noite durmiremos unha hora menos.

Cando as agullas do reloxo marquen as dúas da madrugada, teranse que avanzar ata as tres. A modificación horaria de primavera aplícase en todos os países da Unión Europea (UE), coa intención de axustar a xornada laboral ás horas de luz natural. A partir do domingo amencerá e anoitecerá máis tarde, ata outono.