Blogia

vgomez

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXX

VERTICAIS: 1. Oruña 2. Nalón 4. Chihuahua 5. Hanoi 8. Raia 10. Zas.

HORIZONTAIS: 3. Laurencio 6. Espingarda 7. Abruñeiro 9. Yangtzé.

Máis cultura xeral XX!

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XX

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

20. A planta con flor máis antiga do mundo



Montsecchia Vidalii é o exemplo máis antigo dunha planta con flor. Medrou en pantanos hai 130 millóns de anos, dispersándose abundantemente en lagos de auga doce no que hoxe son rexións montañosas de España. O fósil superou en cinco millóns de anos a outra planta acuática, Archaefructus sinensis, que vivía no que hoxe é China, pois os seus restos están datados na idade Barremiense do Cretácico inferior.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

#DígochoEu:​ Aprende a formar o masculino dende o feminino

 

Por que partimos sempre do masculino? No capítulo de hoxe dámoslle a volta ao conto e aprendemos a formar o masculino dende o feminino!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO LXX

VERTICAIS: 1. Apelido da escritora galega (Vigo, 1976) autora da novela O souto dos catro ventos 2. Río máis largo e caudaloso de Asturias 4. Deserto máis extenso de América do Norte 5. Capital de Vietnam 8. Peixe da familia dos raíidos, de corpo plano con forma de rombo, do que existen distintas especies 10. Un zaseiro é un habitante do concello corunés de...

HORIZONTAIS: 3. Elemento sintético radiactivo da táboa periódica dos elementos cuxo símbolo é Lr 6. Arma antiga semellante a unha escopeta co canón moi longo e a culata decorada 7. Arbusto da familia das rosáceas, de ramas e talos espiñentos, follas ovadas alternas, flores brancas e pequenas, con froito en drupa arredondada de cor negra azulada e sabor áspero e de nome científico Prunus spinosa 9. Río máis longo da China.

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XIX

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

19. O maior dinosauro da historia

Os fósiles descubertos no centro-norte da provincia de Chubut (Patagonia arxentina) do Patagotitan mayorum, que viviu a mediados do período Cretácico, hai aproximadamente 101 millóns de anos, no que é hoxe é o sur de América do Sur, móstrannos ao maior dinosauro da historia. O tamaño dos  fémures atopados indican que un adulto podía chegar a medir máis de 35 metros desde a cabeza á cola. Podería alcanzar case as 70 toneladas de peso, coma se unísemos o peso de 11 elefantes africanos. Sen dúbida, o animal terrestre máis grande da historia do planeta Terra.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es         Imaxes: muyinteresante.es e pinterest.es

NECESITAMOS QUE A SOCIEDADE RESPECTE AOS DOCENTES



O consumo, a política, a sexualidade ou a educación: o desexo de agradar aos demais -ou segundo Gilles Lipovetsky "a sedución"- invadiu todos os ámbitos da vida social. Esa é a tese que defende o filósofo e sociólogo francés no seu último traballo ’Gustar e emocionar’. Recoñecido internacionalmente como un dos pensadores máis orixinais e importantes do cambio de século, Lipovetsky publicou a súa obra principal en 1983: ‘A era do baleiro: ensaio sobre o individualismo contemporáneo’, onde reflexiona sobre o efémero e o superficial.

Leva trinta anos observando e analizando o mundo presente. O ensaísta por excelencia da posmodernidade -que el prefire tratar de ’hipermoderna’- examina o consumismo, a educación e a cultura como mercadorías, os fenómenos de masas, a moda, o ecoloxismo ou os mass media. E faino de maneira clara, con perspectiva histórica e afastándose da óptica filosófica convencional. “Son un sociólogo na filosofía ou un filósofo na socioloxía”,  fuxe de etiquetas Lipovetsky. Entre os seus nutritivos libros, traducidos a máis de vinte idiomas, atópanse os superventas: ‘O imperio do efémero’, ‘Da lixeireza’, ‘A terceira muller’ ou ‘A estetización do mundo’.

Lipovetsky actualmente é profesor de Filosofía na Universidade de Grenoble. Foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honra -máxima distinción de Francia- e é doutor ‘honoris causa’ en media ducia de universidades de varios países. Reclama para os seus colegas docentes máis formación e medios: “Os estados deben tomar a formación dos profesores como un investimento, non como un gasto”, asegura. Cre na educación como resposta. “O noso destino depende do compromiso da humanidade coa escola”, sentenza.

#DígochoEu​: Non digas que *suben as temperaturas

 

O verbo subir é algo complicado, pero hai que facer un esforciño por conxugalo ben. Esther Estévez Casado explícanos como neste episodio!

#DígochoEu

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XVIII

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

18. Nyasasaurus


Nyasasaurio, o dinosauro máis antigo coñecido. Os fósiles do dinosauro, achados na década de 1930 en Tanzania, do tamaño dun can labrador, cunha cola de metro e medio, pertencen a un réptil que viviu no Triásico medio, entre 10 e 15 millóns de anos antes que o eoraptor e o herrerasaurio, os dinosauros máis primitivos de finais do período Triásico (hai entre 230 e 225 millóns de anos). Crese que medía de 2 a 3 metros de longo, e pesaba entre 20 e 60 quilos.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es